Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Máis de 1700 usuarios visitaron no seu 1º mes a oficina de turismo sobre o Camiño de Santiago-Fisterra-Muxía

Máis de 1700 usuarios visitaron no seu 1º mes a oficina de turismo sobre o Camiño de Santiago-Fisterra-Muxía
camino-santiago-fisterra-muxia Unha das preguntas máis frecuentes está relacionadas co grao de dificutalde das etapas do Camiño Santiago-Fisterra-Muxía Con pouco máis dun mes de funcionamento, a Oficina de Información Turística sobre o Camiño Santiago-Fisterra-Muxía; ubicada na rúa das Casas Reais de Compostela, atendeu un total de 1759 usuarios turísticos solicitando información sobre esta ruta. Australia, Alemaña, Estados Unidos, Canadá e Corea son a principais nacionalidades dos usuarios que visitaron a instalación dende o 12 de abril ata o 12 de maio. Tamén acudiron peregrinos con nacionalidade inglesa, italiana, francesa, portuguesa e española. Mais os técnicos que atenden na Oficina un auxe de outras nacionalidades como Sudáfrica, República Chega, Polonia, Rusia e Arxentina. Entre as preguntas máis frecuentes realizadas polos visitantes están as relacionadas propiamente co camiño a Fisterra e Muxía principalmente sobre o grao de difucultade das etapas, os quilómetros das mesmas e outras cuestións relacionadas co aloxamento. Fóra das preguntas relacionadas con esta ruta, os usuarios tamén se interesaron por saber a ubicación exacta da catedral de Santiago de Compostela, onde se recibe o certificado oficial, información sobre os horarios de autobuses á Costa da Morte e que ver en Compostela.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/abre-en-compostela-a-oficina-de-informacion-turistica-sobre-o-camino-santiago-fisterra-muxia/

Comentarios