Venres. 19.04.2024
El tiempo

Marta Lado e Santi Romay, na nova directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

Marta Lado e Santi Romay, na nova directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Marta Lado e Santi Romay novos directivos da AAAG Marta Lado e Santi Romay novos directivos da AAAG

Non é a primeira vez que a directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) conta con presencia costeira. Pero estas vindeiras dúas temporadas, a entidade terá dúas persoas da Costa da Morte na nova Directiva. A fisterrá Marta Lado e o malpicán Santi Romay serán vogais dunha nova directiva, escollida por votación na asemblea celebrada o pasado domingo, e que presidirá Ernesto Chao.

Xunto a eles Mabel Rivera ocupa a vicepresidencia e Iria Sobrado asume a secretaría. Ademais, Diego Freire, Nieves Rodríguez, Laura Míguez, Machi Salgado, Toni Salgado, Xavier Estévez, Lucía Sá e Martín Máez completan a lista de vogais.

Ernesto Chao pasa por ser un dos fundadores que en 1985 puxeron en marcha a AAAG, e sucede deste xeito a Vicente Mohedano na presidencia dunha Asociación que abre esta nova etapa.

Os costeiros compaxinarán as súas actividades profesionais coa participación na directiva. Así, seguimos agardando para ver á fisterrá Marta Lado na gran pantalla, na estrea de Sicixia. Pola súa parte, Santo Romay, ademais de gozar no seu Nordestazo Rock, segue con Casa Manola e intentando dar Clases de lo Social.

AAAG

Dende a súa creación, a Asociación estableceuse como unha entidade sen ánimo de lucro con personalidade xurídica que actúa como organismo autoxestor e autónomo agrupando actores, actrices, directores e directoras de Galicia. Entre os seus obxectivos fundamentais figura a promoción dun sector galego da escena e do audiovisual ben artellado, así como a defensa dos dereitos laborais do seu corpo asociativo, constituído actualmente por preto de 300 socios e socias e mais do conxunto da profesión.

Novas relacionadas

Comentarios