Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Mirian Velay volveu ao seu instituto a contar a súa historia de éxito en USA

Miriam Velay volveu ao Fernando Blanco a contar a sua historia en USA
Miriam Velay volveu ao Fernando Blanco a contar a súa historia en USA
Mirian Velay volveu ao seu instituto a contar a súa historia de éxito en USA

Sempre valoracións as accións formativas que se saen dos libros e que se transmiten en primeira persoa. E o novo ciclo de charlas Alén do Fernando Blanco é un perfecto exemplo. Un ciclo no que antigas alumnas e alumnos do centro regrasan ao instituto para contar a súa experiencia académica, profesional e vital.

Este pasado venres tivo lugar a terceira destas charlas, na que contamos coa presenza inestimable de Mirian Velay Lizancos, exalumna do instituto, fisterrá de nacencia e de corazón, doutora en Enxeñería Civil pola USC e profesora e investigadora na Universidade de Purdue, en Indiana, unha das universidades máis sobranceiras do mundo no eido da enxeñería. Mirian Velay dirixe un equipo de investigadores que leva o seu propio apelido e traballan no campo dos materiais, procurando elementos que poidan utilizarse nun futuro próximo en Marte. Tamén adican boa parte das súas investigación ao desenvolvemento de materiais para a construción máis eficientes e respectuosos co medio ambiente.

Mirian falou para o alumnado de bacharelato e ciclos do Fernando Blanco, a quen relatou a súa experiencia, emotiva e motivadora. Falou do esforzo e o tesón que os alumnos e alumnas deben ter para acadar os obxectivos que se propoñan, obxectivos polos que deben de loitar e non abandonar nunca, xa que se perseguen un fin poderán acadalo; iso si, con sacrificio e moito traballo. Mirian Velay lembrou as súas orixes fisterrás e mariñeiras, das que se sente moi orgullosa; como tamén se sente moi orgullosa da súa educación no ensino público, dende primaria ata universidade, no que recibiu, nas súas propias palabras, unha excelente formación.

A EPA, aberta no IES

No IES Fernando Blanco estará aberto o prazo de admisión para as ensinanzas de Educación de Persoas Adultas, EPA, para o vindeiro curso 2019-2020, dende o 3 ao 14 de xuño.

Novas realacionadas

Comentarios