Luns. 28.09.2020
El tiempo

A música cobra vida no Bela Fisterra

Fernando Fraga, Oscar Ibáñez e Bieito Romero cazados por Antonio Nodar no Bela Fisterra
Fernando Fraga, Oscar Ibáñez e Bieito Romero cazados por Antonio Nodar no Bela Fisterra
A música cobra vida no Bela Fisterra

Singular o proxecto musical do Bels Fisterra. Bieito Romero, fundador da mítica banda de folk galega, Luar na Lubre (que acaba de presentar o novo disco con moita presencia da comarca) dirixe un proxecto pionero das BSO (Bandas Sonoras Orixinais) das estancias do 1° Hotel literario de Galicia.

Os clientes poderán escoitar en cada cuarto unha música seleccionada e relacionada coa temática de cada habitación. Romero escolleu temas de Shaun Davey, Clannad, Omar Faryt Tekbilek, Gwendal, The Chieftains… pero tamén dos propios Luar na Lbre, Emilio Cao, Óscar Ibáñez, Kepa Junquera ou Fernando Fraga. Fraga e Ibáñez non quixeron faltar á presentación.

Así, e grazas a un servidor dixital (NASH) poden ampliar a súa experiencia, non só escoitando a música da habitación onde se aloxen senon facelo tamén do resto.

Foto de Antonio Nodar
Pepe Formoso e Bieto Romero durante a presentación do BSO-Foto-Antonio Nodar

Novas relacionadas

comentarios