Venres. 26.04.2024
El tiempo

Nova xornada de voluntariado para coidar a microrreserva do Rostro

Nova xornada de voluntariado para coidar a microrreserva do Rostro
Microrreserva do Rostro-Fisterra Segue ADEGA loitando contra as especies invasoras. E faino con exposicións, con saídas escolares ambientais, e con xornadas de eliminación de invasoras para manter microrreservas, como veñen facendo na lagoa das Xalfas ou en Mar de Fóra. Precisamente, o vindeiro sábado 24 de marzo, a entidade ecoloxista volve convocar aos voluntarios da zona que queiran animarse para continuar coa loita contra as especies invasoras nas microrreservas de Fisterra. Convocan ao voluntariado ambiental a participar nesta iniciativa e a coñecer este espazo de Fisterra cun elevado valor ambiental. A actividade será na praia do Rostro e actuarase coas especies de Yucca gloriosa alí presentes. O programa provisional comenzará ás 10:30h cunha introdución á problemática ambiental das especies exóticas invasoras; haberá despois 4 horas de traballos de eliminación de flora exótica, para deixar aínda tempo para un xantar e un pequeno roteiro pola zona. A actividade é de balde pero cómpre inscribirse en 981 57 00 99 / 650 261 283 ou [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios