Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Blues volve atravesar o Atlántico para atracar en Fisterra

O Blues volve atravesar o Atlántico para atracar en Fisterra
O Fisterra Blues Experiencie nunha das citas en barco do ano pasado Certo é que boa parte do pobo fisterrán combina mellor ca verbena que coa música de raíces. Non cabe dúbida. Pero son moitos tamén os que opinan que caben máis cousas que o Despacito no verán da vila do Cristo. E son moitos os que apostan polo Blues. Despois da Experiencie do ano pasado, Fisterra está preparada para dar un pequeno salto. Así, e coa axuda de novas axudas da Xunta, vai chegar o Fisterra Blues Experience 2018 para a fin de semana do venres 15, sábado 16 e domingo 17 de xuño. Unha cita completa, que achegará o son do Atlántico á fin da terra. Un evento que servirá de foco de atracción turística, no que a paisaxe, a natureza, o patrimonio e a gastronomía se unen á música. Moita música, nun cartel con artistas internacionais e galegos, alén de jam sessions por toda a vila, e actividades paralelas como obradoiros para toda a familia ou esas máxicas saídas bluseiras en barco. O director artístico volve ser o músico e profesor residente en Sardiñeiro, Javier Turnes, no marco da celebración dos seus 10 longos anos á fronte da Bakin’Blues, esa banda metade costeira metade compostelá. Se o ano pasadoparticiparon lendas vivas do blues americano como Lazy Lester, este ano a produtora promete grandes novidades. https://quepasanacosta.gal/fisterra-subiuse-a-bordo-do-blues/

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios