Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Camiño de Fisterra a Muxía mellora a súa sinalización

O Camiño de Fisterra a Muxía mellora a súa sinalización
obras-mellora-sinalizacion-camino-fisterra-muxia A Xunta inviste na nova sinalización preto de 760.000 euros a través dun proxecto do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional O delegado territorial da Xunta na Coruña - Ovidio Rodeiro - visitou onte as obras para a mellora, acondicionamento e sinalización do Camiño Fisterra-Muxía que se están a levar a cabo en diferentes tramos, e nas que a Xunta de Galicia inviste preto de 760.000 euros. Trátase dun proxecto cofinanciado ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Segundo sinalan dende o ente autonómico, o obxecto da actuación é describir e valorar as obras necesarias para acondicionar e mellorar o estado de conservación de varios tramos do Camiño de Fisterra-Muxía. Así mesmo, acométense unha serie de actuacións encamiñadas á mellora da sinaléctica do Camiño, coa intención de completar unha recuperación e potenciación do Camiño de Fisterra-Muxía ao seu paso polos distintos municipios como un recurso cultural, económico, turístico e de comunicación. Ovidio Rodeiro sinalou que “desde a máis remota antigüidade, todos os pobos e todos os viaxeiros que se achegaron a Compostela sentiron desexos de proseguir a ruta do sol, de chegaren á fin da terra, o último reduto de terra coñecida daquela”, polo que destacou que “o compromiso da Xunta de Galicia coa Costa da Morte “facía de este proxecto, máis que una necesidade, unha obriga” Novas relacionadas Fonte

Comentarios