Venres. 29.03.2024
El tiempo

O camiño Fisterra-Muxía contará cunha nova sinalización a partir do outono

O camiño Fisterra-Muxía contará cunha nova sinalización a partir do outono
olveiroa-camino-fisterra-muxia O proxecto de licitación comezará en breve e, segundo os prazos previstos, os traballos inciaranse no outono. Imaxe: Galissia A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo unha reunión cos alcaldes dos concellos polos que discorre o Camiño de Santiago de Compostela-Fisterra-Muxía para presentar o proxecto da nova sinalización que se colocará nesta ruta. Nava Castro, acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña - Ovidio Rodeiro -; a xerente de Turismo de Galicia - Elena Barca - e o xerente do Xacobeo - Rafael Sánchez - quixo que os rexedores dos dez concellos desta provincia atravesados polo Camiño Fisterra-Muxía fosen os primeiros en coñecer en detalle os traballos previstos, que seguen o mesmo modelo executado xa noutras das rutas xacobeas como o Camiño do Norte ou o Camiño Primitivo. Proxecto A piques de comezar o proceso de licitación, a reunión serviu para explicar as características do proxecto e as directrices que guían as decisións tomadas ao respecto. Ademais, Turismo de Galicia púxose á disposición de calquera achega dos concellos implicados en relación ás actuacións previstas. O encontro permitiu manter un diálogo con todos os representantes municipais e pór en común cuestións de interese para todos estes concellos, que puideron coñecer cales serán as obras concretas que se executen nos seus termos municipais. alcaldes-camino-fisterra-muxia Os alcaldes dos municipios polos que pasa o Camiño mantiveron onte un encontro con responsables de Turismo de Galicia Estas melloras levaranse a cabo exactamente nos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Negreira, Santa Comba, Mazaricos, Dumbría, Corcubión, Cee, Fisterra e Muxía. Segundo os prazos previstos, os traballos poderanse comezar ao inicio do próximo outono. Récord de peregrinos Por outra parte, o Camiño de Santiago segue batendo récords este ano, cun incremento do 10% respecto ao pasado ano. Así, x se entregaron máis de 125.000 compostelas na Oficina do Peregrino. Cada ano son máis os que deciden seguir a súa peregrinaxe polo Camiño de Fisterra-Muxía, que no seu derradeiro tramo dá dúas alternativas aos peregrinos: continuar ata o Cabo Fisterra ou ata o santuario da Virxe da Barca, ambos fronte ao océano Atlántico. Novas relacionadas Fonte

Comentarios