Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Casino fisterrán comeza o outono a golpe de baile, talleres e castañas

O Casino fisterrán comeza o outono a golpe de baile, talleres e castañas
Centro Cultural Casino de Fisterra escudo

Arrinca o outono e no Centro Cultural do Casino de Fisterra queren empezar con moitas cousas que facer.

As primeiras serán os talleres culturais, para os que xa está aberto o prazo de inscrición. O primeiro será o Taller de Pintura que continúa o legado do ano pasado, que se desenvolverá os luns ás 18:00h. Os martes e xoves será o día do palillo, e o mércores do bordado. Ademais, tamén hai Pilates e están pensando en abrir un taller de manualidades.

Do mesmo xeito, coro ensaia os sábados ás 19,30 da tarde.

A cita máis esperada será o sábado, día 22 de outubro, a partir das 21,30 da noite coa Ce Baile de outono no local social da Praza da Constitución, o cal estará amenizado por un coñecido grupo musical. O donativo para a actividade é de 12,00€. Cómpre inscribirse falando con Manuelita ata o día 15 de outubro.

Pero tamén queda o gran Magosto para o domingo, 30 de outubro, cunha estupenda chocolatada. E no marco do Novembro Cultural, o salón de actos do Concello acollerá o sábado 6 de novembro ás 20:00h, a presentación da Coral do Casino e actuación do Grupo de Danza Galega da entidade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios