Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Concello de Fisterra organizará un Desfile Militar

O Concello de Fisterra organizará un Desfile Militar
O Concello de Fisterra está a preparar un ano máis, e xa van uns cantos dende o ano 2000, o Desfile Militar e o acto de Arriado de Bandeira. A cita será este domingo, 9 de setembro, e desenvolverase a partir das 19:00h no paseo da Ribeira. Contará coa participación da Banda de Música da Escadra de Gastadores do Tercio Norte. Segundo explican dende o Concello, trátase dun dos actos culturais máis ovacionados, e co que desfrutan centos de fisterráns e visitantes. No acto estará presente o Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol, ademáis do alcalde de Fisterra, José Manuel Traba.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios