Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O faro de Fisterra estrea exposición

O faro de Fisterra estrea exposición
Kari Gale e a autora da mostra A Arte do Camino Kari Gale e a autora da mostra A Arte do Camino O próximo venres, 6 de maio, ás 12 horas terá lugar na sala de exposicións do faro de Fisterra a inauguración da mostra "A Arte do Camiño" de Kari Gale. Despois de dez anos, a artista deixou o mundo da empresa para tomar un ano e profundar nas dúas cousas que máis lle gustan: debuxar e viaxar. Recentemente publicou o seu primeiro libro de debuxos “A Arte do Camiño”, unha viaxe ilustrada no Camiño de Santiago, documentando cada día do mesmo e obtendo como resultado máis de corenta ilustracións en acuarela. A exposición poderase ver dende o día 5 ata o 31 de maio. E o horario é de luns a domingo, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Fonte  

Comentarios