Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O pobo de Fisterra xa está volcado coa Semana Santa

O pobo de Fisterra xa está volcado coa Semana Santa
Domingo de Ramos ca Borriquita en Fisterra-Foto-Dario Gomez Ateigado Domingo de Ramos ca Borriquita en Fisterra-Foto-Darío Gómez

Xa está Fisterra sumerxida de cheo na Semana Santa, esas festas de Interese Turístico Galego que multiplican por 4 a poboación fisterrá. Ata 20.000 persoas espéranse, por exemplo, o Venres Santo, pero ata que cheguen os días grandes, son os veciños e membros das Confrarías (arredor de 2.000 persoas están vencelladas cos tributos) os protagonistas. "Estes días hai un pequeno parón pero só para os vistantes, nós son os días que máis traballamos", recoñece o poravos da Xunta de Confrarías Javier Trillo.

Dende o pasado venres o programa litúrxico estase a desenvolver sen demasiados percances. Comezaba con algo de chuvia o venres na Procesión das Dolores. Unha chuvia que non impedía que a Virxe saíse á rúa, pero o percorrido foi máis curto do estimado para evitar longas molladuras. Iso si, non permitiu que lucise ben o manto, pois houbo que protexelo cun plástico.
Esa chuvia, en todo caso, vale tamén para demostrar o espírito estoico desta festas. "Sempre estamos pendentes da chuvia, e por iso temos que decidir no último momento, pero por agora todos os actos previstos puideron desenvolverse".

Tamén choveu na peregrinación dende a Igrexa de Cee ata a de Fisterra, o que provocou que algunha xente non acudise. En todo caso, case 200 persoas acompañaron á procesión. "Dende Corcubión ata Talón choveunos a mareas, chegamos empapados", cóntanos Javi, dando conta da valía destes feligreses.

Non aparaceu o líquido elemento no Domingo de Ramos, para celebrar a coñecida Borriquita, que estreaba imaxe o ano pasado para representar a Procesión da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalém. Centos de veciños de toda a comarca encheron as rúas dende a Capela do Bo Suceso ata a Igrexa de Santa Marías das Areas.

A Borriquita na Semana Santa de Fisterra-Foto-Dario Gomez A Borriquita na Semana Santa de Fisterra-Foto-Darío Gómez

Pola tarde houbo festival de Danza e música galega organizado pola Xunta de Confrarías, e tamén bastante xente no peirao fisterrán.

Vindeiras citas

As procesións retómanse o mércores, co Vía Crucis a partir das 18:30h, e a xente xa ten tamén gañas de verbena, que queda para a fin de semana.

Boas previsións

Máis alá do tempo, que cada día cambia a previsión, Fisterra está pendente da hostelería. O propio Trillo sinala que "falando cos hostaleiros cóntannos que xa teñen cheo dende hai tempo para estes días, asi que hai boas previsións de visitantes".

 

Novas relacionadas

Outras citas para Semana Santa

Fonte

Comentarios