Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os veciños de Fisterra opóñense a que o Faro se convirta nunha instalación hostaleira

Os veciños de Fisterra opóñense a que o Faro se convirta nunha instalación hostaleira
faro-fisterra A Autoridade Portuaria manifestou a súa intención de converter os faros que quedaron fóra de uso en instalacións hosteleiras A asociación de Veciños "Costa da Morte" de Fisterra vén de presentar ante a Autoridade Portuaria un escrito no que mostra o seu rexeitamento a converter as instalacións do Faro de Fisterra nunha instalación hosteleira e, ao mesmo tempo, solicitan que este edificio emblemático da vila pase a estar xestionado polo concello co fin de prestar alí servizos de promoción e información turística. Este rexeitamento prodúcese despois de que Autoridade Portuaria manifestase a través dos medios de comunicación a súa intención de converter as instalacións dos faros que "quedaron fóra de uso específico para o servizo de sinais marítimas ao desaparecer as vivendas para o persoal e estar plenamente automatizados en instalacións hosteleiras, coa finalidade de evitar o seu deterioro". Tal e como indican dende a asociación de veciños "Costa da Morte", "o faro de Fisterra é o lugar máis emblemático da Costa da Morte e o referente turístico... polo que debe converterse no centro de recepción dos visitantes, de información sobre toda a oferta turística da Costa da Morte, dispoñer de salas de exposicións permanentes e outras de carácter temporal así como sala para conferencias". Ademais, a entidade veciñal reclama a posta en funcionamento - en ocasións puntuais - da Vaca de Fisterra. Para os representates veciñais, a única administración que pode facerse caro da prestación deste tipo de servizos é o concello de Fisterra "por ser a administración máis próxima e con plenas competencias no campo da promoción e ordenación turística".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios