Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Outra noite de troula no Boulevard

Outra noite de troula no Boulevard
Quencendo motores para a Festa Folk na Fin do Camiño, que se celebrará este sábado 20 de agosto, temos unha cita en Fisterra hoxe venres que nos leva ata o Boulevard Lounge. A sala fisterrá acollerá na noite de hoxe a actuación de Ramón Orencio, ou o que é o mesmo, Mr. Cool. Trátase dun home polifacético, que lle dá á guitarra, á percusión ou á trompeta, ademáis da voz. Mr. Cool é un artista veterano e con moitas táboas no escenario. Ten unha dilatada carreira no mundo musical, xa que formou parte de varios proxectos e fundou bandas como Aló Danjó, Degüello, Ruso Negro, Cool Hamsters ou Lorenzzios. O artista toca diversos estilos, dende o jazz ou a bossa nova, ata certas variantes xeográficas do jazz. Orencio presentará unha proposta que nace dos seus moitos anos de aprendizaxe musical e onde recolle “o mellor de cada un dos proxectos musicais e interpretativos dos que formei parte”.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Boulevard.

Comentarios