Venres. 19.04.2024
El tiempo

Outubro de actividades na CeMIT de Fisterra

Outubro de actividades na CeMIT de Fisterra
Arranca o mes de outubro con novas actividades gratuítas na CeMIT de Fisterra. Por unha banda, terá lugar un curso de “Creación de páxinas web con Wordpress”, do 2 ao 11 de outubro, de 10 a 12:30 horas. Ademais, ábrese o prazo de inscrición a actividades de iniciación á informática, manexo do smartphone, ou “Manexo do teu pc”, no que os/as asistentes aprenderán e traballarán nos seus propios ordenadores. Xunto con estas actividades tamén están contempladas unha serie de charlas a cargo do Instituto Galego de Consumo, que nos alertarán en temáticas como a luz, a auga, os talleres, ou a contratación de viaxes, entre outras; así como a continuidade do curso de Inglés. Máis información e inscricións na aula CeMIT, no teléfono 673 081 740 ou na web CeMIT https://cemit.xunta.gal/centro/34/:

Fonte

Comentarios