Martes. 11.08.2020
El tiempo

Perde catro dedos nunha máquina de picar carne

Perde catro dedos nunha máquina de picar carne
Arrepiante suceso o que acontecía na tarde de onte nun supermercado da rúa Obispo Romero Lema de Baio. I é que unha muller perdeu catro dedos dunha man cando estaba a traballar cunha máquina de picar carne. A afectada foi trasladada ao CHUAC. Ata o lugar dos feitos se desprazaron os bombeiros de Santa Comba, que cando chegaron viron á muller sobre unha padiola coa man atrapada nunha máquina de picar carne. Os bombeiros procederon a xirar a máquina no sentido contrario e liberaron a man. Lume en Fisterra Os bombeiros apagaron nas últimas horas un lume xurdido nun alpendre de Fisterra. No lugar había animais, pero foron retirados a tempo e non sufriron danos.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios