Venres. 19.04.2024
El tiempo

Piden a Google que elimine os topónimos deturpados Lage, Mugía ou Puenteceso

Piden a Google que elimine os topónimos deturpados Lage, Mugía ou Puenteceso
Mugia en Google copia

Se buscas no GoogleMaps “Laxe”, o mesmo señor Google dáche a opción de pinchar en “Lage” para visitar a vila costeira. Pasa o mesmo con outros lugares como “Puenteceso”, “Mugía” ou “Finisterre”, unha circunstancia que non debe pasar desapercibida. Así o considera o BNG de Laxe, que vén de enviarlle un escrito ao propio Google para que “respecte en todas as súas empresas e servizos a toponimia oficial de Galicia que é a galega, e que vén recollida no nomenclátor que a Xunta aprobou de forma oficial”, e que polo tanto retiren aboslutamente os superados termos castelanizados.

O concelleiro Xosé Manuel Pose alude á propia Constitución, á 2Carta Europea das Linguas Minoritarias ou Rexionais”, ou a Lei de Normalización Lingüística que sinala con claridade que “Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega”.

Pose lamenta os desprezos á lingua galega, e lamenta que “En comparación co catalán ou o euskera, o galego segue sendo o idioma vernáculo do estado español máis marxinado e discriminado”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-mesa-volve-denunciar-unha-marea-de-toponimos-incorrectos-na-rotulacion-publica-de-bergantinos/

Comentarios