Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O posto de Traba en Agader debateuse no Parlamento Galego

Jose Manuel Traba nun pleno como alcalde de Fisterra
Jose Manuel Traba nun pleno como alcalde de Fisterra en 2015
O posto de Traba en Agader debateuse no Parlamento Galego

Hai pouco menos dun mes que o CSIF denunciaba a “fichaxe” irregular do ex alcalde de Fisterra, José Manuel Traba, como “asesor” da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –Agader-. Aquel día o propio PSOE denunciaba o caso de “nepotismo” e onte mesmo o deputado Martín Seco levaba o asunto á Comisión do Parlamento.

Seco critica que “o nomeamento vulnera a Lei de Emprego de Galicia”, porque “as entidades públicas instrumentais do sector público autonómico non poden nomear persoal eventual”. E lamentou que o PP faga do Agader un chiringuito de colocación de seus amigos” como o corrobora o listín telefónico da entidade pública. Criticou tamén as “innumerables denuncias por unha extensa lista de aberrantes ilegalidades urbanísticas”, ademais de “por ter sido imputado en operacións como a Orquesta”.

”Entendemos que emocionalmente o PP queira atoparlle unha saída laboral ao seu compañeiro”, pero

Rematou preguntando ao PP polas funcións e o soldo do ex alcalde.

A resposta do PP

Foi Vázquez Iglesias o encargado, como Secretario Xeral Técnico da Consellería de Medio Rural, de responder ás preguntas de Seco. Asegurou que “a lei se está cumplindo excrupulosamente”, xa que “o señor Traba foi nomeado polo Conselleiro de Medio Rural, polo que non dá lugar a ningunha ilegalidade”.

Apuntou que a pesar de que o seu posto de traballo está situado en Agader, as súas “funcións son de confianza e de asesoramento especial na labor política do Conselleiro que o nomeou, que non corresponden á funcións do funcionariado”.
O voceiro do PP tamén respondeu á ultima pregunta e sinalou que Traba, como persoal eventual, cobra 25.000€ brutos anuais.

A repregunta do PSOE

Seco continuou no Parlamento sinalando que xa esperaba esa estratexia do PP de dicir que as súas funcións son de “asesoramento”, pero fixo fincapé no feito de que estea situado en Agader onde os traballadores fan funcións técnicas. “Estaremos atentos a ver que pasa alí, ao mesmo tempo que esperamos que fagades públicas todas as dedicacións”.

Novas relacionadas

Comentarios