Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Semáforo dixitaliza o solpor

Presentacion de Solpor
O Semáforo dixitaliza o solpor

Presentouse este sábado no Semáforo de Fisterra o proxecto Solpor 4.0. Un proxecto que que fai un achegamento desde a tecnoloxía, o audiovisual e a divulgación científica ao sol, e que está apoiado por O Teu Xacobeo, co obxectivo de situarse na vangarda do astroturismo.

Jorge Mira, catedrático do departamento de física aplicada da USC, Jesús Picallo, xerente do Hotel O Semáforo de Fisterra, Nava Castro, directora de Turgalicia, e Xurxo Cegarra, socio fundador de Wireless Galicia, debullaron o sentido do proxecto, que se basea na instalación dunha webcam para retransmitir en directo a maxia do solpor fisterrán e poder observar, dende calquera parte do mundo, a posta do Sol sobre o Atlántico.

Presentacion de Solpor2

”O solpor da fin da terra conta cunha xanela virtual aberta ao mundo, na que o sol eríxese coma recurso turístico e patrimonial de primeira orde”, explicaron.

Ademais, ao abeiro da 2ª edición deste programa, o proxecto Solpor 4.0 permitirá sumar un novo punto de observación no Albergue Seminario Menor en Santiago de Compostela, situado no barrio de Belvís, un dos lugares mais emblemáticos da cidade no que a posta do sol se refire.

Novas relacionadas

Comentarios