Venres. 19.04.2024
El tiempo

"Sen Venres Santos parece que nos falta algo, pero temos que coidar o patrimonio"

"Sen Venres Santos parece que nos falta algo, pero temos que coidar o patrimonio"
Domingo de Resurreccion da Semana Santa de Fisterra-Foto-Dario Gomez O Domingo de Resurrección é un dos grandes reclamos da Semana Santa de Fisterra-Foto-Darío Gómez

Ala foi unha nova Semana Santa de Fisterra. As Festas do Cristo, as máis simbólicas da nosa comarca, chegan ao seu fin a golpe de orquestra. Esta fin de semana toca verbena e parece que o tempo está permitindo que a devoción e a troula se compatibilicen perfectamente.

Foi unha fin de semana completísima, chea de emocións e medos, pois o tempo estivo ameazante durante os 4 días de procesións. É o tempo que máis temen os cofrades, os verdadeiros protagonistas destas festas na que se involucra practicamente media Fisterra. E o tempo deixou unha sensación estrana, pois o venres as ameazas convertíronse en realidade e obrigou a suspender as dúas procesións, a do Encontro e a do Santo Enterro.

”Temos unha sensación rara, porque para nós, sen Venres Santo case non é Semana Santa. Parece que che falta algo”, cóntanos o voceiro da Xunta de Confrarías Javier Trillo. “Hai xente que está triste por non saír, pero a xente ten que entender que temos que coidar o patrimonio, as ropaxes, os tronos…. Unha molladura, por exemplo, no manto da dolorosa son 3 anos de vida, nun manto de 6 millóns de pesetas; o traxe de San Xoán podería desteñir… Xa non é polos cofrades, que nos mollamos sen problemas, é por todo o material”.

En todo caso, en xeral, a xente está contenta. “Non pasou nada grave, o resto de procesións puideron saír, as orquestras encheron o sábado e veremos estes días, e os hostaleiros encantadísimos, petados ao 100%”.

Procesión de cine

Gravando Sicixia no Venres Santo de Fisterra-Foto-Dario Gomez Gravando Sicixia no Venres Santo de Fisterra-Foto-Darío Gómez

O Xoves Santo foi fantástico, cunha útima cea das mellores do último ano, cunha marea de xente na Igrexa. Como dicimos foi o Venres o día complicado, pois houbo que suspender as dúas procesións. Non se falta de polémica, pois a xente esperaba esa saída nocturna dende hai meses e houbo unha reñida votación no seo da confraría.

O Desenclavo no Venres Santo de Fisterra-Foto-Dario Gomez O Desenclavo no Venres Santo de Fisterra-Foto-Darío Gómez

Si que se celebrou o Desenclavo nunha ateigada Igrexa, pero as procesións, que ademais foran as escollidas para a rodaxe do filme Sicixia, non puideron saír. Así que houbo que improvisar. Os cofrades do Divino Nazareno e do San Sepulcro vestíronse e acompañaron aos actores para facer unha pequena procesión. Foi a última escena rodada na zona para este filme galego.

O Desenclavo no Venres Santo de Fisterra-Foto-Dario Gomez O Desenclavo no Venres Santo de Fisterra-Foto-Dario Gomez  

Un Domingo sempre ateigado

Domingo de Resurreccion da Semana Santa de Fisterra-Foto-Dario Gomez 3 Representación do Domingo de Resurrección da Semana Santa de Fisterra-Foto-Darío Gómez

Coma sempre, a representación do Domingo de Resurrección é un dos grandes reclamos das Festas do Cristo. E coma sempre houbo moita xente. A Policía Local valora que a cifra de visitantes ronda a dos anos anteriores, unhas 15.000 persoas. “Sempre pasa igual”, cóntanos Trillo, “media hora antes da función parece que está baleiro, pero en canto empeza, comeza a chegar a xente e aquelo é tremendo. Se cadra este ano a xente tirou máis cara a parte da Igrexa por mor do vento, pero xente había moitísima. De feito, houbo un colapso tremendo na entrada da vila, non había onde aparcar e moitos visitantes tiveron que comer por outras vilas da comarca.

Xa esperan os veciños fisterráns ese último día de troula, un luns máis local, coa misa para todos os cofrades. Pero non hai parada, que esta xente xa traballa para o ano que vén.

Representación do Domingo de Resurrección da Semana Santa de Fisterra-Foto-Darío Gómez Representación do Domingo de Resurrección da Semana Santa de Fisterra-Foto-Darío Gómez Representación do Domingo de Resurrección da Semana Santa de Fisterra-Foto-Darío Gómez Representación do Domingo de Resurrección da Semana Santa de Fisterra-Foto-Darío Gómez  

Novas relacionadas

Outras citas para Semana Santa

Fonte

Comentarios