Venres. 19.04.2024
El tiempo

Solpor edita unha credencial e un mapa do camiño de Fisterra-Muxía

Solpor edita unha credencial e un mapa do camiño de Fisterra-Muxía
Cada ano medra o numero de caminantes que realizan a prolongacion da ruta xacobea Cada ano medra o número de camiñantes que realizan a prolongación da ruta xacobea. Imaxe: Solpor A asociación de empresarios do Camiño de Santiago Fisterra-Muxía Solpor editará proximamente - coa colaboración da Deputación da Coruña - unha credencial e unha mapa propios da prolongación xacobea tal e como se acordou na última sesión da xunta directiva. O arquitecto do organismo provincial , José Manuel Yánez, encargarase de de ilustrar con pinturas a credencial recollendo enclaves como o faro de Fisterra, o santuario da Barca de Muxía ou Pontemaceira, en Negreira. En canto ao mapa, unha das súas caras levará o trazado do Camiño e a outra recompilará información sobre as empresas asociadas que, nestes momentos, supera xa os 90 socios con só dous anos de vida. Outro dos proxectos de Solpor é a creación dunha páxina web propia, en colaboración co Xacobeo,na que se incluirá, entre outros apartados, un mapa online da Ruta, información sobre os establecementos asociados, datos de utilidade e novas sobre o Camiño. Outras iniciativas Na última reunión da xunta directiva de Solpor acordouse desenvolver en breve a instalación de dous milladoiros desde os cales o camiñante ve - por primeira vez en todo o Camiño - o mar. Un destes milladoiros instalarase no alto do cruceiro da Armada, en Cee, e o outro no monte Facho - Muxía -. Consistirá nun poste de madeira duns seis metros de altura rematado cunha cruz de ferro e cunha base de pedras que medrará coas achegas dos camiñantes. Por outra banda, o concello de Mazaricos e un dos centros de ensino do municipio, colaborarán coa entidade de empresarios do Camiño Fisterra-Muxía Solpor nun proxecto piloto que consiste na prantación de árbores na contorna da senda xacobea. Por último, a patronal do Camiño Fisterra-Muxía pretende sinalizar dúas alternativas ao trazado xacobeo actual no concello de Negreira, para evitar asfalto e mellorar en seguridade vial. Novas relacionadas Fonte

Comentarios