Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un importante incendio arrasa, en dúas fases, o Monte Facho de Fisterra

Un importante incendio arrasa, en dúas fases, o Monte Facho de Fisterra
Ardeu o monte Facho a pasada noite do venres ao sábado. Un incendio que segundo o teniente alcalde Kuka Sar “ten que ser intencionado pois empezou non moi lonxe de San Guillerme e coa forza do vento tirou ata o Facho, cruzando a carretera para chegar ao mar”. O aviso deuse á 1:45 da madrugada do venres ao sábado, as brigadas chegaron unha hora despois e as motobombas ás 3:30. Aí seguiron ao longo do sábado os medios de extinción xunto cun helicóptero, Prto. civil e Policía Local traballando na extinción dun lume que arrasou 9 hectáreas. [video width="640" height="352" mp4="/media/quepasanacosta/files/2018/08/04/3A9137F3-6712-48AB-A892-5140986F80A8.mp4"][/video]

Reprendeu o domingo

E cando parecía que a cousa quedara estabilizara, durante a mañá do domingo, a forte caloe provocou que varios focos volveron prender ao longo do domingo, deixando unha estampa desastrosa no mítico promontorio fisterrán. Así quedou o monte Facho de Fisterra tralo incendio Así quedou o monte Facho de Fisterra tralo incendio

Comentarios