Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha fin de semana entre Barcas, Barquiñas e Carmes

Unha fin de semana entre Barcas, Barquiñas e Carmes
Chega a segunda fin de semana de setembro, e na Costa da Morte, lonxe de quedar na casa tapados coa mantiña, aínda continúan xurdindo máis citas festeiras para as noites de lecer. Xa vimos o cartel da Barca, pero hoxe repasamos algún cartel a maiores. Muxía Romaria da Barca de Muxia 2012 A Romaría da Virxe da Barca chega a Muxía un ano máis, baixo o sombreiro da Romaría máis popular de Galicia. Os muxiáns celebran unha Festa de Interese Turístico Nacional. Serán dez as orquestras que se pasen por Muxía esta fin de semana. Todo comezará co pregón, este venres ás 21:00h, no Cabo da Vila. Este ano a persoa que se dirixirá aos muxiáns será Jesús María Barrientos, ex alcalde de Muxía. As orquestras que virán a continuación nos amenizarán a festa o venres e o sábado ata as 09:00h da mañá. O domingo e o luns irá máis relaxada a cousa, aínda que con orquestras de primeiro nivel. Metrópolis, Triunfo, Midas, Ceniza, Samba, Asiria, Panamá, El Combo Dominicano, Palladium e Panorama se encargarán de tocar dende O Polvorete ata o Tacatá. Fisterra A vila do Cristo tamén estará de festa esta fin de semana para honrar á Virxe do Carme. As orquestras Florida, Niebla, D' Tacón e Superstar, amenizarán as veladas. Ponteceso Se por Muxía teñen Barca, en Ponteceso estarán coa Barquiña. As orquestras Alkar, Principal, Marazul, El Combo Dominicano, Samba e París de Noia amenizarán a festa entre os días 8 e 11 de setembro. Baio En Baio tamén hai festa. Estará entre outras agrupacións, o grupo Triunfo. Ademáis haberá gaiteiros a diario.

Máis información

Fonte

Comentarios