Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Unha historia bonita e 5 canciños en busca dun fogar en Salvacadelos

Unha historia bonita e 5 canciños en busca dun fogar en Salvacadelos
salvacadelos 18-09-12

Rematou a temporada estival e a actividade volve, e de que xeito, a Salvacadelos. A iniciativa solidaria artellada entre a Clínica Veterinaria Argos de Cee e QPC trae estes días unha fermosa historia dende Fisterra e varios novos inquilinos que precisan unha nova familia.

Unha bonita historia en Fisterra

Nova parelliña formada en Fisterra con Salvacadelos

O mesmo día que colgamos en Facebook a foto do canciño abandonado en Fisterra, Carla púxose en contacto con nós. Estaba interesada en adoptar o canciño por que era moi parecido a o que lle morrera envenenado 3 meses atrás. Ela sempre ten a parexiña, e este can parecíalle perfecto para se o novo compañeiro do seu can.

Como ninguén reclamou o can, e o non ter microchip, Carla levouno encantada. Como se pode ver na foto, adaptouse de maravilla ó seu novo fogar.

Cadeliños que Buscan fogar

Hai tempo que buscabamos fogar para unha "Cadela maltratada en Baio". E xa ten nome, e chámase Bruma.
Gracias á axuda de Rosa Mª Santos Ramallo, está agora na protectora Apadan (en Coruña). Ten moito máis espacio e está acompañada por outros cans. Está moi contenta pero seguimos agardando que a adopten.

Esta Cachorra femia, atopada en Os Muiños (Muxía), necesita unha familia.

Fermoso Cachorriño macho de 4 meses, raza pequeno- mediano.

Cruce de Labrador, Atopárono en Fisterra, ao pobriño deixárono atado a unha pedra nas antenas do Monte Facho. É moi cariñoso e educado.

Cruce de Labrador que aparecía atado no monte en Fisterra

"Nacho" es un macho que en outubro cumplirá 2 años. É un cadelo moi activo que precisa un fogar amplo.

Nacho busca fogar con Salvacadelos

Máis cans que precisan un fogar

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios