Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha Super Festa do Longueirón de Fisterra

Unha Super Festa do Longueirón de Fisterra

O sábado, 4 de agosto de 2012, a partir das 19:00h, a praia da Ribeira, no corazón de Fisterra, acolle a XXI Festa do Longueirón de Fisterra. Esta provocadora festa gastronómica terá lugar na zona da praia da Ribeira, á beira da lonxa, onde se instalarán os postos para a degustación do produto, con arredor dos 1.000 quilos deste prezado marisco. E tamén de boa Super Bock Costa da Morte, pois a marca estará presente na cita.

O sábado día 4 e o domingo 5, os asistentes poderán visitar os postos para a degustación das racións que poderán adquirir e entre as que poderán atopar: tortilla con longueirón, empanada de trigo e millo con longueirones, salpicón de longueirón, croquetas de longueirón,longueirones á prancha,etc.

Programa

Ademais, o sábado, a partir das 18:00h amenizará o Grupo folk Peta Forte, e ás 20:00h celebrarase o tradicional XIV Festival de danza rexional. Pola noite a partir das 22:30h, Actuacións do Dúo Libertad e Disco Móvil Landy.

Para o domingo, 5 de agosto, ao longo do día actuará o grupo de folk Peta Forte, e a partir das 17:00h. haberá para os máis pequenos Pequexogo e Inchables. E pola noite, actuación do dúo "Libertad" e da discoteca móvil "Landy".

Receitas á Beira do Mar, con Raúl Góñe<(h3>

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios