Sábado. 28.03.2020
El tiempo

A veciñanza de Fisterra volve protestar pola falta de civismo dos "donos" dos cans que non recollen os excrementos

A veciñanza de Fisterra volve protestar pola falta de civismo dos "donos" dos cans que non recollen os excrementos

Un asunto que nunca acaba o dos excrementos dos cans. Por moito que avanza a sociedade, parece que algúns dos “donos” non se decatan da importancia de recoller as defecacións dos seus pequenos para a convivencia. Desta volta é a Asociación de Veciños “Costa da Morte” a que alza a voz, poñendo o foco no Concello, ademais de pedir responsabilidade aos “propietarios”, os grandes culpables desta falta de civismo.

A Asociación nota un “incremento moi preocupante de excrementos de cans en todos os lugares públicos”, e protestan ante eses veciñ@s que “non respectan aos demais veciños e fanlles sufrir a súa desidia co aumento da suciedade, as molestias dos malos cheiros e o ter que ir pola rúa sorteando a caca dos cans para non pisalas”.

Por todo isto, pide unha nova campaña informativa sobre a normativa municipal, así como o comportamento cívico, orientada a que os donos de cans recollan as defecacións, e que apliquen a Ordenanza Municipal que sanciona con multa devandito comportamento.

comentarios