Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xornada de eliminación de especies invasoras nas praias de Fisterra

Xornada de eliminación de especies invasoras nas praias de Fisterra
O vindeiro domingo, 21 de maio, continuarase cos traballos de erradicación de flora exótica invasora nas praias fisterrás de Rostro e Mar de Fóra. Ésta é unha actividade gratuita e aberta a toda a cidadanía. Os intersados en participar deben anotarse nos números de teléfonos 650 261 283 / 981 57 00 ou enviando un correo electrónico a [email protected]. Ésta é unha actividade que se enmarca no programa “Microreservas de Flora” posto en marcha polo concello de Fisterra despois de recibir unha axuda da dirección xeral de Conservación da Natureza – cofinanciada co FEADER – no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, centrada na creación dunha rede de microreservas de flora, como mecanismo para a conservación de hábitats prioritarios ou de interese comunitario, fomentando a participación activa da poboación local. Nas distintas actividades a realizar, participarán activamente a asociación ecoloxista ADEGA, entidade con experiencia no eido da Educación e o Voluntariado ambiental, e membros do Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela BCPV( GI-1291) “Biodiversidade e Conservación de Plantas Vasculares” liderado polo Dr. Santiago Ortiz. Novas relacionadas Fonte

Comentarios