Mércores. 24.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Dumbría freou á Esteirana no derbi costeiro

DUmbria - Esteirana
Foto de Barca Caamaño do Dumbria - Esteirana
1ª Galicia: O Dumbría freou á Esteirana no derbi costeiro

O Fisterra non cesa no seu empeño na persecución do liderado e logrou unha importante vitoria nun sempre difícil campo das Vilas ante o Unión, a cal lle serviu para subir á segunda praza da clasificación logo do pinchazo do Flavia ante o Cordeiro.

O outro equipo costeiro que logrou un triunfo foi un Dumbría que sacou petróleo do balón parado para derrotar a unha Esteirana que con este resultado volve aos postos de descenso.

Mentres tanto, o Soneira lograba un punto ante un rival da súa liga como é o Tordoia nun partido no que foi por detrás no marcador durante máis de 25 minutos a pesares de que a igualdade foi a tónica predominante.

Pola súa banda, o Baio caeu por segunda xornada consecutiva logo de ver como un efectivo Val do Ulla conquistaba o Platas Reinoso.

CD Baio 1 – 2 Val do Ulla UD

CD Baio - Val do Ulla UD

  • CD Baio: Dani Varela, Rubio, Damián, Yago, Peke, Norberto (Moreno m.70), Bieito, Álex Figueiras, Iván Rojo, Santi Díaz (Porti m.69) e Martín MC.
  • Goles: 0-1 m.74: Ismael; 1-1 m.82: Damián; 1-2 m.85: Óscar López.
  • Expulsión: O adestrador baiés Pablo Torreira no minuto 87 con cartón vermello directo.

O Baio realizou unha boa primeira parte con varias ocasións e sobre todo, con chegadas perigrosas que os branquiazuis non acabarían de materializar.

Na segunda parte, o partido foi de ida e volta e nunha desas chegadas, Ismael adiantaría ao Val do Ulla. Tras isto, o Baio tratou de empatar o encontro e lograríao por medio de Damián.

Co empate a un no marcador, o Baio quixo a vitoria pero sería o conxunto visitante quen lograría o premio do gol despois de que Óscar López superase a Dani Varela para facer o definitivo 1-2.

 

CF Dumbría 3 – 1 SD Esteirana

11 inicial do Dumbría no derbi costeira ante a Esteirana

  • CF Dumbría: Iván Baña, Canario, Matías, Marcos Mouro, Rivi, Cespón, Darío, Xacobe (Iago m.62), Yuyo (Xabi m.85), Alberto, David (Marcote m.62).
  • SD Esteirana: MJ, Samu, Josiño Alves, Álex Rama (Pachi m.90), Adrián (Eloy m.86), Róber Pladur, Pablo, Josiño Barreiro (Manu de Yi m.82), Codesido, Raúl e Dani Rama.
  • Goles: 1-0 m.1: Matías; 2-0 m.40: Rivi; 2-1 m.43: Róber Pladur (p); 3-1 m.87: Rivi.
  • Expulsión: O esteirán Josiño Alves con cartón vermello directo no minuto 87.

Dumbria e Esteirana protagonizaron un derbi no Conco

No primeiro minuto de xogo, Matías poñía por diante aos homes de Julián Ferreiro cun gol á saída dun córner.

A pesares deste temperán tanto, a igualdade sería a dinámica de todo o encontro e aínda que Pablo puido facer o empate, o partido poñeríase máis favorable para o conxunto local despois de que Rivi aproveitase un novo saque de esquina para facer o 2-0.

Xusto antes do descanso, Josiño Barreiro era obxecto dun penalti que transformaría Róber Pladur para meter aos seus de novo na loita polo encontro.

Na reanudación, nada cambiaría e as defensas impoñeríanse aos ataques pero no tramo final do partido, Rivi nun novo córner faría o definitivo 3-1 para sentenciar definitivamente este derbi costeiro, marcado pola eficacia dumbriesa a balón parado.

 

CD Unión 0 – 3 SD Fisterra

  • SD Fisterra: Iván Bouzón, Breixo (Dani Martínez m.84), Aarón, Makaay (Fabián m.83), Pablo Lestón (Adrián Castro m.73), Jesús (Bruno m.70), Cote (Roa m.60), Piti, Rubia, Andrés e Julito.
  • Goles: 0-1 m.26: Aarón; 0-2 m.51: Aarón; 0-3 m.82: Roa.

Na primeira parte, o Unión estivo mellor que o Fisterra e os de Asados terían varios achegamentos á portería aínda que ningún deles serían ocasións claras de gol.

A pesares de estar dominados, os fisterráns souberon sufrir e lograron facer un gol na súa única chegada á área rival nun córner que materializou Aarón para poñer o 0-1 que foi moi importante para chegar ao descanso con vantaxe sen ser mellor ao rival.

O paso por vestiarios veulle moi ben ao equipo de Ángel López xa que os visitantes lograron axustar as marcas e saír moito mellor ao terreo de xogo.

Aos seis minutos da reanudación, Aarón faría o segundo logo de rematar un centro de Makaay nunha boa xogada individual do killer fisterrán.

A raíz deste gol, o partido foi morrendo co paso dos minutos e o Unión tiña a posesión pero non ocasións, mentres que o Fisterra saía moi ben á contra e nunha desas accións, Roa faría o definitivo 0-3.

 

SD Tordoia 1 – 1 Soneira SD

  • Soneira SD: Javi Souto, Darío (Pose m.71), Aarón, Fran (Samuel m.71), Madiop, Basti, Sandelo, Alemán, Álex Taibo, Pichi e Luis.
  • Goles: 1-0 m.55: Dani Pena; 1-1 m.81: Alemán.
  • Expulsión: O visitante Pose con cartón vermello directo no minuto 89.

As imprecisións de ambos conxuntos marcaron o inicio dun partido no que o Soneira tivo as primeiras ocasións pero Santi evitaría que Luis, Fran e Madiop lograsen ver portería.

Tras disto, Javi Souto sería protagonista logo de facer unha gran intervención ao remate de Fariña despois de que o dianteiro tordoiense aproveitase un erro na saída de balón soneirana.

Antes do descanso, o gardameta local volvería a ter a súa dose de protagonismo cunha boa parada á saída dun córner logo dun cabezazo dun Aarón que reclamaría un posible penalti pouco despois por un agarrón cando se dispoñía a rematar.

Na segunda metade, Basti avisaría cun disparo que sacaría ben abaixo o meta local e nos mellores momentos do Soneira, o Tordoia adiantaríase cun gol de Dani Pena, lgoo de que este aproveitase o rexeite dun gran parada de Javi Souto.

Tras isto, os tordoienses trataron de defender o resultado deixando os menores ocos posibles a un Soneira que tería que agardar ata o minuto 81 para lograr o definitivo 1-1, obra do exxogador do Tordoia, Alemán, á saída dun córner.

No tramo final, houbo unha última polémica despois de que o colexiado sinalase un protestado fóra de xogo do local Martín cando este quedaba só ante Javi Souto.

Comentarios