Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Dumbría e Soneira cruzan tendencias

Volantes celebrando un dos goles-Foto-Adriana
O Volantes celebrando un dos goles ante os Rochabillies-Foto-Adriana
1ª Galicia: Dumbría e Soneira cruzan tendencias

Con series distintas rematan o ano Soneira e Dumbría, ambos na parte alta da 1ª Galicia na 16ª xornada. O Soneira levaba moitas semanas de líder pero unha serie de unha vitoria en 5 partidos o deixa na 3ª praza, a un punto do Pino, e tres por diante dun Lalín que o superaba esta semana.
Pola contra, de abaixo arriba, con 4 vitorias nos últimos 5 partidos, vén o Dumbría embalado, empatado precisamente co Lalín.
Ata este irregular Baio remata o ano con opcións de meterse na pelexa, pois a súa vitoria, da man dun Manu Santiso que remata o ano como nunca, deixa ao cadro baiés a sí 9 puntos do liderato, a pesar de estar na 8ª praza.

Mentres o Mazaricos non puido frear ao novo líder, O Pino, pero apretoulle as “canillas”. En postos de descenso volve remata o ano o Volantes, ao que lle esaparon 2 puntos nos últimos 5 minutos por non ter matado unha merecida vitoria.

 

Baio - Esclavitud (1-0)

  • Baio: Diego Mallo, Rubio, Yago, Peke, Damián, Norberto, Mario, Bieito, Braian, Porti e Manu Santiso. Tamén xogaron: Julián, Martín, Sergio, Mohedano e Carlos.
  • Gol: 1-0, m.70: Manu Santiso.

David Castreje no partido de Baio

Mal partido dos dous equipos, no que só o gol de Manu Santiso, en estado de gracia neste final de ano, salvou o choque do empate a 0. Apenas houbo ocasions na primeira parte, sendo un choque moi igualado. Na segunda, o Baio dominou a posesión, ero sen demasiada profundidade. En dous minutos decidiuse o partido: nunha área o Esclavitud pedía penalti, e na xogada seguinte na área conctraria, Manu Santiso facía o gol. Nos últimos instantes houbo que sufrir con varias ocasións dos visitantes, pero o equipo aguantou ben.

 

Mazaricos - O Pino (2-3)

11 do Mazaricos ante o PIno

  • Mazaricos: Dani Fedello, Cutu, Pereiro (Chumiku), Borja, Mario; Adrián (Joseph), Ricardo (José Angel), Barbeira, Fano, Yago Dosil, Viturro.
  • Gols: 0-1, m.23; 0-2, m.52; 0-3, m.55: de penalti; 1-3, m.70: Viturro de penalti; 2-3, m.83: Viturro.

Capis do Mazaricos e o Pino na Pena de Ouro

Demasiado replegados saíro os mazaricáns, que tiveron que meterse atrás por empezar co vento en contra a un rival que demostrou, ca súa pegada, a súa situación na táboa. Pronto convertinron do dominio territorial en ocasión os visitantes, obrigando a Dani Fedello a facer boas intervencións. Pero acabou marcando no ecuador do primeiro tempo o Pindo, obrigando aos mazaricáns a saír do seu campo, abusando aínda así do xogo directo polo forte vento. Barbeira tivo o empate.

Na segunda, co Mazaricos mellor asentado, chegaban dúas xogadas importantes. Unha mala transición defensiva habillita ao punta local para facer o segundo, e sen tempo, unhas mans, dende o chan, de Pereiro, permite que Jesús León complete o seu triplete.
Non se renderon os amarelos, que comezaron a tocar sen medo. Vitu provoca un penalti que el mesmo transforma aínda con 20 minutos por diante para crer na remontada. Arrisca Chicho, e Viturro e Barbeira (que manda ao poste unha fermosa vaselia) avisan de que o Mazaricos non estaba morto. Así fai Viturro o 2-3, deixando 10 minutos finais de infarto, no que os locais, máis con ímpetu que con fútbol, meten na súa área aos visitantes, tendo un man a man de Borja e un córner sobre o pitido final que puideron significar o empate.

 

Volantes - Riveira (2-2)

  • Voantes: Alberte, Jano, Amoedo, Jose, Godo, Kevin, Rachón, Parde, Cajulo, Rubén, Pesco. Tamén xogaron: Ángel, Abel e Xian.
  • Goles: 1-0, m.48: Rubén define no man a man; 2-0, m.55: Kevin de cabeza nun córner; 2-1, m.82; 2-2, m.88.

Volantes marcou dous goles ante os Rochabilies-Foto-Adriana

Partido que tiveron controlado os de Sil en todo momento, pese a cantidade de baixas que tiñan como Berto, Charles Óliver ou Thiago. Pero que se escapou nos últimos segundos.

Foi unha primeira parte sen moitas ocasións salvo un córner casi olímpico de Pesco e que ninguén foi quen de rematar, outra boa de Pesco que non chega a tirar nun pase atrás de Rubén e un posible penalti que o árbitro sacou fóra da área sobre Pesco.

Na segunda tan pronto entrar o Volantes marcaba dous goles seguidos: primeiro Rubén nun man a man e despois Kevin poñian o 2-0. Tuvo Pesco unha sin porteiro, e outro man a man para facer o terceiro e o cuarto. Pero non mataron o partido os laranxas e nos últimos minutos, practicamente nas dúas únicas chegadas que tiveron en todo o partido, marcaron dous goles e levaron un punto do Eleuterio Balayo, demasiado premio para o que fixeron no campo muradán.

 

Dumbría - Agolada (5-2)

  • Dumbría: Anxo (Sergio, m.71), Pablo Paz, Berto (Mario, m.64), Kanario, Mataso, Diego Cespón, Xaco (Iago, m.57), Rivi (David, m.69), Code, Yuyo e Marcote (Xabi, m.71).
  • Goles: 1-0, m.2: Rivi; 2-0, m.27: Diego Cespón marca un golazo dende 40 metros; 2-1, m.42; 3-1, m.47: Rivi; 4-1, m.61: Marcote; 5-1, m.65: Marcote; 5-2, m.80.

dumbria x15

Non sentenciou ata a volta do descanso o equipo de Pablo Conde este partido trampa. E iso que comezaba marcando nada máis comezar. A primeira media hora, sen facer un bo xogo, pero si con seriedade, o cadro local ampliaba a renda cun golazo de Cespón, pero a relaxación, permitiu que o Agolada se meteran no partido antes de ir ao descanso.

Á volta dos vestarios, aparecía de novo Rivi para poñer terra de por medio. A partir de aí, os visitantes deron un baixón e Marcote con dous goles sentenciaba o partido. De aí ao final do partido pouco que contar.

 

Lalín - Soneira (3-1)

  • Soneira: Javi Souto, Pereira, Brais Mouzo, Álex Taibo, Pichi, David Agra, Leilán, Richi, Basti, Vía Rápida Róber Pladur. Tamén: Diego Lois, Sergio, Javi e Darío.
  • Goles: 1-0, m.30; 2-0, m.65; 2-1, m.67: Basti; 3-1 m.69.

Xusta victoria dun superior Lalín. Os partido comezaba cun Soneira que intentaba levar o peso do partido pero cun Lalín que exercía unha boa presión e impedía avanzar liñas os soneiráns e apenas había ocasións de gol. O Lalín empezaba a dar sensación de perigo e nunha perda soneiráns Javi faría unha moi boa intervención pero a saída do córner un inapelable cabeza que se colaría pola escuadra faría o 1-0.

Na segunda parte a mesma tónica do partido o Lalín seguía amosándose moi sólido e non daba opcións, pero o Soneira tería dúas boas ocasións, un balón que lle queda a Pichi dentro da área pequena tras un barullo pero non consigue darlle a forza suficiente e unha internada de Pichi que é derribado dentro da área de maneira moi clara pero o árbitro non sinalaría penalti. O Lalín nunha contra faría o 2-0 por medio de Dani Mendez que non perdonaría diante de Javi. A resposta do Soneira foi inmediata e Basti tras un balón peinado por Agra faría o 2-1. Pero a esperanza duraría moi pouco xa que dous minutos despois e maneira similar o segundo tanto Dani Mendez volvese a plantar diante de Javi e faría o definitivo 3-1 co que mataría o partido.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios