Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Sen excesivos cambios

Mayor e Darío no Soneira SD - CF Dumbría. Foto: www.diariodeportivo.gal
Mayor e Darío no Soneira SD - CF Dumbría. Foto: www.diariodeportivo.gal
1ª Galicia: Sen excesivos cambios

Os derbis costeiros marcaban a xornada dos nosos nesta Primeira Galicia, na que un necesitado Soneira e un Dumbría coa permanencia xa no bote, víanse as caras nun Municipal de Vimianzo que presenciou un encontro pouco vistoso no que os dumbrieses lograrían unha vitoria que mete en máis apuros a uns vimianceses que non quedaron nada conformes coa actuación arbitral.

Pola súa banda, o Ara Solis acollía o outro derbi costeiro da fin de semana, un auténtico partidazo que non defraudarían xa que Fisterra e Baio empatarían a dous goles nun encontro de poder a poder no que se puido vivir un auténtico ambientazo.

Mentres tanto, a Esteirana vivía unha das finais que lle quedan de aquí ao final da tempada e lograríaa sacar adiante grazas a dous goles do seu killer Róber Pladur que lle daría a vitoria aos de Esteiro ante un rival directo como é o Bertamiráns.

Soneira SD 1 – 3 CF Dumbría

Chapela e Cespón no Soneira - Dumbría

  • Soneira SD: Javi Souto, Pichi, Mayor, Aarón, Alemán (Samuel m.78), Agra (De La Sierra m.69), Sandelo, Taibo (Pose m.52), Madiop, Chapela (Brais m.78), e Basti.
  • CF Dumbría: Iván Baña, David, Canario, Carreira (Marcos Mouro m.65), Matías, Iago, Cespón, Xacobe, Darío, Yuyo (Xabi m.80), Marcote (Tajes m.73).
  • Goles: 0-1 m.13: Marcote; 0-2 m.49: Yuyo; 0-3 m.64: Matías; 1-3 m.94: Aarón (p).

Soneira e Dumbría víanse as caras nun encontro de gran necesidade para os vimianceses de cara a permanencia ante un conxunto dumbriés que ten o traballo da tempada feito.

A necesidade de puntuar fixo que os locais entrasen un pouco máis enchufados ao terreo de xogo e que estivesen un pouco mellor nos minutos iniciais, nos cales habería unha xogada polémica despois de que o colexiado a instancias dun dos seus liñas, lle anulase un gol a Basti por un fóra de xogo moi protestado para sorpresa de ambos conxuntos.

E na seguinte xogada, Marcote adiantaría aos dumbrieses logo de aproveitar un erro do gardameta local.

Tras este gol inicial, o Soneira non se veu abaixo e tratou de acadar o empate pero Sandelo, Alemán e Chapela, este último en dúas ocasións, non lograrían convertir as súas oportunidades en gol.

Antes do descanso, Darío perdoaría o segundo dos nunha ocasión clarísima.

Nada máis voltar dos vestiarios, o Dumbría ampliaría a súa vantaxe logo de que un disparo de Yuyo batese nun defensa e rematase no fondo da rede.

O Soneira seguiría intentando meterse no partido, pero o longueiro evitaría o gol de Basti nunha acción, trala cal chegaría unha nova xogada polémica na que se reclamaría un posible penalti sobre Chapela, que o colexiado non sinalaría.

No minuto 64, Matías deixaría o encontro visto para sentenza cun testarazo á saída dun córner que significaría o 0-3.

O partido perdería todo o interés tras isto e no desconto deste segundo acto, Aarón aproveitaría un protestado penalti para subir ao electrónico o definitivo 1-3 que supuxo un castigo excesivo para os irmandiños.

SD Fisterra 2 – 2 CD Baio

Fisterra-Baio en Ara Solis-Foto-Santi Soneira

  • SD Fisterra: Iván Bouzón Bruno (Pablo Lestón m.55), Breixo (Cote m.55), Aarón, Makaay, Roa (Pichino m.90), Jesús, Dani Rubia, Andrés, Capelo (Dani Martínez m.90) e Julio.
  • CD Baio: Dani Varela, Álex Figueiras (Isaac m.75), Norberto, MC, Bieito, Iván Rojo, Porti (Santi Díaz m.58), Rubio, Peke, Damián e Yago.
  • Goles: 1-0 m.3: Bruno; 1-1 m.81: Iván Rojo; 1-2 m.90: MC; 2-2 m.93: Dani Martínez.

Banco do Fisterra en Ara Solis
Banco fisterrán

O encontro comezaría moi ben para os intereses dun Fisterra que se adiantaría no marcador aos tres minutos cun gol de Bruno á saída dun córner.

A raíz deste gol, os fisterráns foron superiores e tratou de facerlle dano con xogo directo, contando con varias ocasións, a máis clara logo dun erro no despexe dos baieses que a piques estivo de aproveitalo un Makaay que estrelaría o balón no longueiro da portería visitante, polo que se chegaría ao tempo de lecer coa vitoria momentánea do Fisterra por 1-0.

Na reanudación, cambiaron as tornas e foi o Baio quen se mostrou superior, co balón no seu poder e contando con algunha que outra ocasión, pero non sería ata o tramo de partido cando, Iván Rojo e MC verían portería para darlle a volta ao marcador.

Pero no tempo de desconto, un Dani Martínez recén entrado ao campo, faría o definitivo empate a dous logo dun barullo formado na área visitante, polo que habería reparto de puntos.

Fisterra-Baio-Foto-Santi Soneira

SD Esteirana 2 – 1 Bertamiráns FC

SD Esteirana: MJ, Simón, Samuel, Josiño Alves, Dani Rama, Álex Rama (Pachi m.68), Adrián (Tobío m.92), Róber Pladur, Maroñas, Josiño Barreiro (Elías m.66), Raúl (Manu de Yi m.83).

Bertamiráns FC: Alfonso, Prol, Manu Bouzas, Saúl, Juan (Dani López m.63), Meijide, Julio Díaz (Miñones m.79), Adrián Alvite (Álex Silva m.79), Borja, Cea, Álex Rodríguez (Jorge Paz m.63).

Goles: 1-0 m.17: Róber Pladur; 1-1 m.25: Borja; 2-1 m.60: Róber Pladur.

Dous goles de Róber Pladur déronlle a vitoria ante un rival directo pola permanencia como é o Bertamiráns, a unha Esteirana que dende o pitido inicial tratou de propiciar erros na saída de balón dos visitantes cunha presión abafante e así sería como Róber Pladur adiantaría aos seus.

Pouco duraría a alegría xa que Borja lograría o empate tan só oito minutos despois para facer o 1-1 co que se chegaría ao descanso.

A segunda metade comezaría igual que a primeira, e a Esteirana volvería a adiantarse logo dunha boa presión na que lanzarían unha transición rápida que materializaría Róber Pladur no 2-1 que á postre sería definitivo.

A raíz deste gol, os folgos dos homes de Geno foron a menos e o Bertamiráns tería máis posesión do balón pero non lograría materializar ningún dos achegamentos á área local cos que contou, polo que a Esteirana sumaría tres puntos vitais para os seus intereses.

Comentarios