Martes. 19.11.2019
El tiempo

1ª Galicia: O Fisterra depende de si mesmo para ser campión e a Esteirana di adeus á categoría

O Fisterra mandou unha mensaxe de ánimo a Adri en Bastavales.
O Fisterra mandou unha mensaxe de ánimo a Adri en Bastavales.
1ª Galicia: O Fisterra depende de si mesmo para ser campión e a Esteirana di adeus á categoría

Custoulle abrir o marcador en Bastavales pero aparecería o de sempre, Makaay, para darlle a vitoria a un Fisterra que ten na súa man o título de liga e o ansiado ascenso a Preferente, obxectivos para os que depende de si mesmo.

Pola súa banda, a cara amarga viviuse no Xosé Luis Vara Olveira xa que despois da derrota ante todo un Flavia que sufriu e moito para levarse os tres puntos, a Esteirana di adeus a esta Primeira Galicia.

O Soneira venceu en Bertamiráns para achegarse á permanencia e o Dumbría superou claramente a un Praíña que segue en apuros na categoría.

Mentres tanto, un resacoso Baio pola Copa viuse moi superado ante un Unión que se levou os tres puntos do Platas Reinoso con total merecemento.

UD Bastavales 0 – 3 SD Fisterra

Aarón loita por un balón no Bastavales-Fisterra

SD Fisterra: Iván Bouzón, Breixo, Aarón, Makaay, Jesús (Bruno m.61), Cote (Dani Martínez m.63)(Roa m.73), Rubia, Iván González (Pablo Lestón m.61), Andrés, Capelo (Roco m.72) e Julio.

Goles: 0-1 m.73: Makaay; 0-2 m.75: Makaay; 0-3 m.87: Makaay.

Como en gran parte dos encontros disputados na tarde deste pasado domingo, o abafante calor fíxose notar e o ritmo do partido sería bastante frouxo.

Na primeira metade, os fisterráns darían aviso das súas intencións cun disparo de Makaay que sairía cruzado en exceso.

Xa na reanudación, os de Ángel López mellorarían cos trocos, aínda que a primeira ocasión clara sería para un Bastavales que viu como o pau evitaba o seu gol.

Tras isto, Makaay faría o 0-1 para darlle un pouquiño de tranquilidade a un equipo costeiro que, tan só dous minutos despois, vería a vitoria máis preto cun novo gol do killer fisterrán.

Xa co tempo tocando ao seu fin, o propio Makaay sentenciaría definitivamente o encontro co 0-3.

SD Esteirana 1 – 3 Flavia SD

SD Esteirana: MJ, Maroñas (Manu de Yi m.46), Josiño Alves, Dani Rama, Álex (Xián m.82), Adrián (Pachi m.73), Róber Pladur, Josiño Barreiro (David m.89), Codesido (Carlos m.76), Tobío e Raúl.

Goles: 0-1 m.28: Damián; 1-1 m.41: Róber Pladur (p); 1-2 m.78: Damián; 1-3 m.85: Uxío.

Logo dunha primeira parte igualada, na que a Esteirana a pesares de estar un pouco mellor co rival, vería como os padroneses se adiantarían por medio de Damián. Pero os costeiros reaccionarían e antes do tempo de lecer, Róber Pladur faría o empate dende os once metros.

Nos intres iniciais da segunda metade, a Esteirana pediría dous penaltis e Róber Pladur vería como o pau evitaba o segundo de Pladur.

Segundo ían pasando os minutos, o esforzo feito polos costeiros ía facendo mella e Álex Pérez botaríase ao Flavia ás costas para levalo cara unha vitoria que se daría grazas aos goles de Damián e Uxío, os cales sentenzan a unha Esteirana que ve como se confirma o seu descenso á Liga da Costa.

Bertamiráns FC 2 – 3 Soneira SD

Bertamirans-Soneira

Soneira SD: Javi Souto, Darío (Pose m.75), De La Sierra, Aarón, Mayor, Basti (Alemán m.63), Brais, Taibo (Samu m.80), Pichi (Fran m.90), Luis e Agra.

Goles: 0-1 m.1: Basti; 0-2 m.2: Pichi; 0-3 m.36: Agra; 1-3 m.60: Saúl; 2-3 m.64: Álex Rodríguez.

Poñíanse as cousas moi favorables para un Soneira que aos dous minutos xa gañaba por 0-2, grazas aos goles de Basti e Pichi.

Este gran comezo fixo que os vimianceses puidesen afrontar o encontro dunha maneira moito máis tranquila e máis aínda cando Agra facía o terceiro antes do descanso.

Tralo paso por vestiarios, as pantasmas da pasada xornada volverían a aparecer cos goles de Saúl e Álex Rodríguez pero desta vez, o Soneira foi quen de aguantar a vitoria e sumar tres puntos de vital importancia de cara a permanencia.

CD Baio 2 – 4 CD Unión

CD Baio: Julián, Guau, Bieito (Peke m.46), Raúl, Moreno (Damián m.57), Rubio, Josiño (MC m.50), Yago, Sergio, Isaac (Iago m.46), Álex Varela (Norberto m.46).

Goles: 1-0 m.7: Álex Varela; 1-1 m.20: Juan; 1-2 m.28: Pablo Reboiras; 1-3 m.45: Vigo (p); 1-4 m.50: Cristian; 2-4 m.81: MC.

O Unión mostrouse superior en todo momento pero serían os locais quenes se adiantarían no marcador e faríano cun libre directo de Álex Varela. Tras isto, os de Asados foron in crescendo o seu dominio e reflexaríano no marcador cos goles de Juan Pablo Reboiras e Vigo antes do paso por vestiarios.

Nada máis comezar a segunda metade, Cristian facía o 1-4 á saída dun córner. E no tramo final do encontro, MC faría o definitivo 2-4.

CF Dumbría 4 – 1 Praíña SC

11 inicial do Dumbría ante o Praíña

CF Dumbría: Jorge (Sergio m.81), Matías, Marcos Mouro, Rivi, Marcote (David m.71), Cespón, Darío, Xacobe, Yuyo (Iago m.78), Pablo Paz (Charly m.78) e Alberto.

Goles: 1-0 m.47: Marcote; 2-0 m.51: Rivi; 3-0 m.60: Marcote; 4-0 m.85: Iago; 4-1 m.89: Javi Sánchez.

Gran partido dun Dumbría que foi o claro dominador de principio a fin pero que na primeira metade non aproveitou as numerosas ocasións que tivo, coas que puido deixar o encontro visto para sentenza.

Pero logo dun fulgurante comezo de segunda metade no que verían portería Marcote por partida dobre e Rivi para poñer un claro 3-0 no luminoso.

Xa no tramo final, Iago faría o cuarto para os seus e no tempo de desconto, Javi Sánchez á saída dun córner poñería o definitivo 4-1.

Comentarios