Venres. 19.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Fisterra é o novo líder da categoría

A SD Fisterra celebra a remontada ante o Val do Ulla que lle deu o liderado
A SD Fisterra celebra a remontada ante o Val do Ulla que lle deu o liderado
1ª Galicia: O Fisterra é o novo líder da categoría

O Fisterra, logo de facer unha remontada de auténtica loucura ante o Val do Ulla, é o novo líder desta Primeira Galicia despois que o Sigüeiro non pasase do empate ante o Flavia.

Mentres tanto, no derbi costeiro da xornada, o equipo máis necesitado como é o Soneira logrou unha importantísima vitoria ante o Baio que o achega á salvación.

O Dumbría tamén logrou unha vitoria de prestixio ante o Cordeiro que lle permite asaltar a quinta praza da clasificación.

No correspondente á zona baixa, a Esteirana pagou caro a súa falta de acerto de cara a gol e non lograría pasar do empate ante o Bastavales.

SD Fisterra 3 – 2 UD Val do Ulla

SD Fisterra: Iván Bouzón, Bruno (Fabián m.55), Breixo, Aarón, Makaay, Roa (Iván González m.70), Cote, Rubén García (Adrián m.46)(Dani Martínez m.60), Roco, Capelo (Pablo Lestón m.23) e Julio.

Goles: 0-1 m.40: Isma; 0-2 m.41: Isma; 1-2 m.65: Makaay (p); 2-2 m.75: Makaay; 3-2 m.89: Cote.

Tolemia total a que se viu nun Ara Solis no que o Fisterra comezou moi forte e tivo tres ocasións moi claras para adiantarse nos primeiros minutos pero Bruno, Julio e Cote non acertarían de cara a gol.

E no tramo final desta primeira metade, Isma aproveitaría dous erros defensivos dos fisterráns para poñer o 0-2 no marcador e poñer as cousas moi costa arriba para os da fin da Terra, polo que estes chegarían ao tempo de lecer con moito nerviosismo.

Pero na reanudación, os homes de Ángel López decidiron arriscar e xogaron toda a segunda metade con só dous xogadores na defensa. E mediado este segundo tempo, un penalti que non deixaba lugar a dúbidas sobre Breixo, aproveitaríao Makaay para facer o 1-2.

A falta de quince minutos para que se cumprise o tempo regulamentario, Makaay fixo unha gran xogada individual para plantarse ante o gardameta e devolver as táboas ao marcador.

Pero o Fisterra quería máis e buscou a vitoria, a cal puido chegar con algún que outro achegamento de perigo pero non sería ata o minuto 93, cando Cote faría o definitivo 3-2 que lle permite aos fisterráns asaltar o liderado deste Grupo 2 da Primeira Galicia.

UD Bastavales 0 – 0 SD Esteirana

SD Esteirana: MJ, Simón, Josiño Alves, Maroñas (Pablo m.62), Álex, Adrián (Manu de Yi m.87), Róber Pladur, Josiño Barreiro (Dani Rama m.68), Pachi, Tobío e Raúl.

Primeira metade con moitas interrupcións nos que ambos equipos contaron cunha ocasión que se quedarían en nada.

No segundo tempo, os costeiros saíron a por todas e tiveron varias ocasións de moito perigo para poñerse por diante pero ata o pau o evitaría, polo que o encontro remataría co resultado inicial e a Esteirana sumaría un punto que lle sabe a pouco.

Soneira SD 1 – 0 CD Baio

Soneira Baio

Soneira SD: Javi Souto, Darío, De La Sierra (Agra m.67), Aarón, Mayor, Basti (Chapela m.64), Alemán, Brais (Samuel m.91), Taibo (Fran m.86), Pichi e Luis.

CD Baio: Dani Varela, Álex Figueiras, Norberto, MC, Bieito, Moreno (Josiño m.70), Iván Rojo (Rubio m.52), Peke (Santi Díaz m.46), Damián (Guau m.79), Yago e Isaac.

Gol: 1-0 m.66: Pichi.

Expulsión: O adestrador local Pedro Gómez no minuto 74.

Curto resultado o visto no Municipal logo dun partido dominado por un Soneira  que marraría moitísimas oportunidades claras de gol por medio de Pichi en varias ocasións Basti e incluso Luis.

E non sería ata o minuto 66, cando Pichi superaría a Dani Varela nun man a man para facer xustiza ao visto sobre o terreo de xogo.

Pero nos minutos finais, Javi Souto salvaría aos seus cunha gran intervención a un tiro de MC que se coaba polo ángulo da portería local.

Soneira 1-0 Baio

Cordeiro CF 0 – 1 CF Dumbría

CF Dumbría: Iván Baña, Canario, Matías, Marcos Mouro, Rivi, Marcote (Alberto m.75), Cespón, Darío, Xacobe (Xabi m.89), Yuyo (Iago m.79), Pablo Paz (David m.62).

Gol: 0-1 m.44: Cespón.

Partido moi igualado no que un solitario gol de Cespón decidiu o encontro. Na primeira parte, o Dumbría saíu moi ben e nos primeiros minutos, dominaron o partido con comodidade ata que ao fío do descanso, un golazo de Cespón de falta directa adelantaría aos dumbrieses.

Na segunda metade, o Cordeiro apretou bastante porque aínda non ten a salvación feita pero grazas a un bo Iván Baña, o Dumbría conseguiría levarse os tres puntos.

Comentarios