Luns. 21.10.2019
El tiempo

1ª Galicia: O Fisterra volve á Preferente 31 anos despois

O Fisterra celebrando o título de liga e a súa volta a Preferente 31 anos despois.
O Fisterra celebrando o título de liga e a súa volta a Preferente 31 anos despois.
1ª Galicia: O Fisterra volve á Preferente 31 anos despois

O Fisterra xogábase o título de liga e o ascenso á Preferente na derradeira xornada da competición ligueira, oportunidade que non desaproveitarían os do Ara Solis, xa que non lle darían opción ao rival e golearían ao Lalín para acadar o obxectivo e convertir a vila da fin da Terra nunha gran festa.

Pola súa banda, o Soneira venceu pola mínima a unha Esteirana xa descendida, para sumar tres puntos que lle desen a salvación sen ter que estar pendente dos temidos arrastres.

Mentres tanto, o Baio despediu unha gran tempada neste Grupo 2 da Primeira Galicia e fíxoo cunha clara vitoria na que MC foi o protagonista facendo os catro goles do partido, os cales lle serven para acadar o pichichi da competición.

Por último, o Dumbría sacouse o mal sabor de boca da eliminación copeira cun triunfo axustado ante o Piloño, no seu último encontro da tempada.

SD Fisterra 5 – 0 CD Lalín

SD Fisterra: Iván Bouzón, Aarón (Pablo Lestón m.58), Makaay, Jesús (Dani Martínez m.65), Cote, Rubia (Piti m.5), Roco, Iván González (Bruno m.66), Andrés, Capelo (Roa m.59) e Julio.

Goles: 1-0 m.38: Makaay; 2-0 m.44: Jesús; 3-0 m.53: Makaay; 4-0 m.54: Makaay; 5-0 m.82: Makaay.

Expulsión: O visitante Penela no minuto 56.

Fisterra-Lalín

O partido estivo totalmente dominado dende o pitido inicial por un Fisterra que non quería deixar lugar a dúbidas en ningún momento e que xa comezou a xerar ocasións dende moi cedo pero o gol resistiaselle aos de Ángel López, quenes o sentía moi preto pero non sería ata o minuto 38 cando o insaciable Makaay facía o 1-0.

E xusto antes do descanso, Jesús achanzaba o terreo aínda máis para os fisterráns co segundo gol da tarde.

Na reanudación, todo foi moito máis sinxelo e Makaay seguiría co seu particular recital de goles para facer tres máis e completar o seu particular póker de dianas, o cal poñía o definitivo 5-0, resultado que lle daba o título de liga e o correspondente ascenso a Preferente, categoría a que volve, nada máis e nada menos, que despois de 31 tempadas.

SD Piloño 2 – 3 CF Dumbría

CF Dumbría: Iván Baña, Pablo Mouzo, Canario (Pablo Paz m.63), Matías, Marcos Mouro, Iago (Alberto m.74), Rivi, Marcote, David, Gusa, Yuyo (Charly m.63).

Goles: 0-1 m.2: Marcote; 1-1 m.4: Iván; 2-1 m.14: Ramón Saavedra; 2-2 m.55: Marcote; 2-3 m.59: Yuyo.

Partido no que ningún dos dous equipos se xogaba nada pero a pesares disto, foi moi disputado por ambas partes.

Adiantaríanse os costeiros e faríano cun bo gol de Marcote, pero pouco lle duraría a alegría aos de Julián Ferreiro, xa que tan só dous minutos máis tarde, Iván aproveitaría un erro defensivo dos dumbrieses para devolver as táboas ao marcador.

A reacción do Piloño non remataría aquí, xa que Ramón Saavedra daríalle a volta ao tanto inicial dos visitantes no minuto 14 co 2-1, resultado co que se chegaría ao tempo de lecer.

Na segunda metade, o Dumbría foi máis dominador e Marcote, primeiro, e logo Yuyo serían os encargados de darlle a vitoria ao conxunto costeiro, o cal se despide da tempada cun triunfo.

Soneira SD 1 – 0 SD Esteirana

Soneira-Esteirana

Soneira SD: Javi Souto, Darío (Fran m.88), De La Sierra (Chapela m.46), Aarón, Mayor, Basti (Pose m.79), Alemán, Brais, Taibo (Samu m.89), Luis e Agra.

SD Esteirana: MJ, Simón, Josiño Alves, Álex, Adrián, Carajillo (Pachi m.71), Dani Rama, Josiño Barreiro (Elías m.84), Codesido, Tobío e Raúl.

Gol: 1-0 m.56: Alemán.

Derbi costeiro moi aburrido e sen apenas ocasions de gol. Tanto foi así, que na primeira metade, unha volea de Taibo que se iría alto por pouco e un mal remate de  Raúl cando estaba só na frontal da área, foron os únicos achegamentos.

Nos primeiros minutos do segundo acto, Alemán faría o definitivo 1-0 que lle fixo sumar tres importantes puntos a un Soneira que se garantiu a súa permanencia na categoría.

Chaián CF 0 – 4 CD Baio

Chaian-Baio

Chaián CF: Peri, Botana, Rubén, Jacobo Álvarez, Adrián García, Martín, Paco, Antonio, Adrián Cabado, Dani García e Juan Carlos.

CD Baio: Julián, Álex Figueiras (Porti m.56), Norberto, MC, Bieito, Iván Rojo (Isaac m.56), Rubio, Damián (Guau m.72), Javi Suárez (Josiño m.64), Yago e Álex Varela.

Gol: 0-1 m.40: MC; 0-2 m.47: MC; 0-3 m.54: MC; 0-4 m.69: MC.

Partido controlado de principio a fin, que comezou cun susto inicial para os baieses nun remate o pau do Chaián.

A raíz disto, dominio absoluto e protagonismo especial para un MC que logrou o pichichi tras marcar os 4 goles do seu equipo, nun encontro no que co 0-2, o Chaián baixaría os brazos totalmente.

Comentarios