Martes. 19.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Soneira non cede e o Dumbría asoma a cabeza

11 do DUMBRIA CF X7
O Dumbría vaise colocando arriba
1ª Galicia: O Soneira non cede e o Dumbría asoma a cabeza

Non cede o Soneira no alto da 1ª Galicia, e tivo que remontar ante o Agolada para sumar outros 3 novos puntos. Parece que o Dumbría asume, por fin, o seu papel de aspirante, e se goleu aou Piloño quedando na 4ª praza a só 4 puntos do lider soneirán.

O Baio arrincou un puntiño ao 2º clasificado, e non acaba de encharse e por abaixo, o Mazaricos volvía caer a golpes, mentres o Volantes segue dando signos de vida, de moita vida, pero non acaba de ter sorte e remachar os partidos.

 

Volantes - O Pino (2-2)

  • Volantes: Marcos, Pardelo, Rachón, Amoedo, Kacho, Kevin, Charles, Pri, Óliver, Pesco e Berto. Tamén xogaron: Flavio, Jano e Jose.
  • Goles: 1-0, m.25: Pesco; 2-0, m.28: Berto; 2-1, m.68; 2-1, m.88.

Segue sen a sorte necesaria o Volantes para sumar de 3 en 3. Os de Sil déronlle un repaso en toda regra ao Pino, nunha primeira metade na que marcharon cun claro 2-0 e na que Marcos apenas tivo que agacharse.

O partido parecía encarrilado, e o equipo laranxa seguía volcado xerando ocasións, comos 3 paus (2 de Berto e un de Pesco), ou un balón que pasa pola liña de gol pero Jano non é capaz de enchufar.

Pero non deu setenciado o equipo costeiro, e deixou vivo a un rival, que a falta de 15 se metía no partido. O cadro seguía controlando pero a incertidume no marcador poñía nervios, e xa case que co tempo cumplido, un córner acababa en empate. Aínda tivo, no desconto, o Volantes unha ocasión que salvou por partida doble o porteiro visitante, a tiro de Pesco e rexeite de Jose, pero o empate non se movería.

En todo caso, este Volantes, a pesar de non coñecer a vitoria, pinta ben, e agora máis coa estrea de Roberto Amoedo.

 

Baio - Lalín (1-1)

  • Baio: Diego Mallo, Martín, Yago, Peke, Damián, Norberto, Bieito, Rubio, Braian, Manu Santiso e Martin MC. No banco quedan Julián, Mohedano, Sergio, Mario e Javi Suárez.
  • Gol: 0-1, m.50; 1-1, m.82: Manu Santiso.

Partido moi igualado, de moito respecto, entre dous equipos da zona alta. O Baio saíu mellor na primeira metade, e mesmo MC puido romper a igualada en dúas ocasións.

Cambiou o conto na segunda, cun Lalín máis enchufado, e pronto se adiantaron. Eran malos minutos para os baieses que vían como o Lalín os superaba tendo ocasións para matar o partido, sobre todo cando os de Pablo Torreira se lanzaron arriba.
Chegaban ocasións tamén para os locais e no treito final conseguiron metelos na súa área. Así chegaba o empate, por medio de Manu Santiso, nuns últimos nos que apenas se xogaría por unha lesión dun xogador visitante e a expulsión do seu porteiro.

 

Mazaricos - Flavia (2-4)

  • Mazaricos: Dani Fedello, Borja, Fano, Pereiro, Cutu; Raúl (Kevin), Adrián (Joseph), Mario, Barbeira (Yago); Piki e Viturro.
  • Goles: 0-1, m.4; 1-1, m.20: Piki nunha contra levada por Viturro; 2-1, m.30: Sergio Barbeira nun córner; 2-2, m.36; 2-3, m.44; 2-4, m.87.

11 do Mazaricos CF nesta 7 xornada

Partido estrano o vivido na Peña de Ouro, con alternativas no marcador, pero no que as facilidades defensivas perxudicaron moito aos amarelos. E tamén as baixas, como a de Pose, ou a de Stefan, que deixou onte o equipo por temas laborales, e por unha oferta de un equipo de 3ª División.

Pronto se lle puña de cara o partido ao Flavia tras un mal despexe en defensa que remata Uxío cunha fermosa vaselina. Pero os de Chicho reaccionaron, en Viturro e Mario avisaron de que a cousa ía ser combatida. Non tardou en empatar Piki, e á media hora Barbeira transformaba unha xogada ensaiada de córner.
Reaccionou o Flavia e en duas xogadas por banda esquerda remontaba antes do descanso. O terceiro gol fíxolles moitísimo dano aos locais.

A remolque saíron os mazaricáns na segunda, pero non chegaron a ter claridade de ocasións pola falta de folgos. Os visitantes tiraron de oficio con balóns longos a Uxio, e Álex entre liñas tamén facía pupa, como comprobaron na sentenza xa no treito final.

 

Agolada - Soneira (2-3)

  • Soneira: Javi Souto, Darío, Alex Taibo, Pichi, Leilán, Vía, Diego Lois, De la Sierra, David Agra, Basti, Rober Pladur. Tamén; Joel, Fran Calvo, Brais, Dylan e Sergio Castiñeira.
  • Goleds: 1-0, m.15; 1-1, m.23: Róber Pladur; 2-1, m.44; 2-2, m.58: Basti; 2-3, m.72: Vía.

Agolada-Soneira x7

Bo partido e entretido entre o Agolada e o Agolada sen un dominador claro e con cinco goles, e cun Soneira capaz de darlle a volta a un marcador adverso. O primeiro aviso sería a cargo Róber Pladur, que tras intentar regatear ao porteiro marchoulle longo o regate e pon un centro para que Basti ceda para Leilán e este remate mordido por fóra. O primeiro tanto do Agolada sería tras un erro garrafal de Taibo que cando o balón se ía a corner intenta evitalo e deixa o balón morto na área pequena e tras varias carambolas acaba entrando na portería de Javi.

O Soneira non se viría abaixo e Vía avisaría cunha fermosa volea que se vai rozando a escuadra. Pero nunha xogada de pillería do Soneira, Vía saca rápido unha falta e Basti cunha boa asistencia deixa só a Pladur para que este bata no man a man o porteiro local para poñer as táboas no marcador. O Soneira tería a oportunidade de adiantarse no marcador tras un penalti cometido sobre Basti, cando este se plantaba só diante do porteiro e este lla quitaba limpamente, pero Diego Lois erraría o penalti. Sen tempo a dixerilo, apenas dous minutos despois chegaría o golazo da tarde cun zapatado dende tres cuartos de campo escorado que se colaría por toda escuadra.

Na segunda parte os de Seguían percutindo os de Pedro Gómez, co que falabamos a pasada semana, sairían máis enchufado, combinando ben e levando o peso do partido, e sería Basti tras outra xogada de pillería idéntica o primeiro gol quen resolvería dentro área para poñer novamente as táboas no marcador. Pladur tería unha boa ocasión cun balón morto dentro da área pero non conecta ben co balón. O Agolada respondería cun doble remate dentro da área e con dúas intervencións de mérito de Javi Souto. E nun saque de banda longo Agra peinaría e Vía de volea remacharía o fondo da rede. Pichi e Darío puideron facer o cuarto pero o marcador non se movería, deixando unha nova vitoria para o líder da categoría.

 

Dumbría - Piloño (5-0)

  • Dumbría: Anxo (Sergio, m.80), Pablo, Samu, Gusa, David (Xabi, m.68), Mataso, Xaco (Charli, m.76), Diego Cespón, Rivi (Iago, m.65), Marcote (Yuyo, m.32) e Code.
  • Goles: 1-0, m.17: Rivo; 2-0, m.25: Xaco fai un golazo; 3-0, m.41: Rivi; 4-0, m.75: Xabi; 5-0, m.87: Charli.

Partido completo dos de Pablo Conde, cunha moi boa primeira metade, en canto a xogo, intensidade e finalización. Marcaron o primeiro gol nunha moi boa xogada combinativa, e pouco despois un golazo dende fóra da área de Xaco.
Non cederon o control do partido e o 3-0, o segundo de Rivi, case que deixou sentenciado a un Piloño que apenas o intentaba con xogo directo, e intentando aproveitar algunha indecisión dos locais no segundo. Así e todo foi plácida a tarde e Xabi e Charli completaron a goleada.

 

Novas relacionadas

Máis información

Comentarios