Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Soneira volve ao liderato e a zona media e baixa unénse

Soneira celebrando un tanto en Esclavitud-Foto-Esclavitud
Xogadores do Soneira celebrando un dos tantos en Esclavitud-Foto-Esclavitud
1ª Galicia: O Soneira volve ao liderato e a zona media e baixa unénse

Mal de alturas sufriu o Dumbría que tras acceder ao liderato leva dúas derrotas consecutivas. Os de Pablo Conde caen á 3ª praza tras encaixar, de novo, 3 goles ante un potentísimo, iso si, Lalín que se coloca a só 1 punto de distancia, e ameaza o liderato tras sumar 7 xornadas sen perder. Por diante, con 2 puntos, fican O Pino e o Soneira. O cadro soneirán foi superior ao Esclavitud e volve estar de doce.

Por detrás só o Baio deu un salto de relativa tranquilidade nunha zona media-baixa que están fundidas. Do 8º clasificado, o Praíña, ao último, hai só 9 puntos de distancia, quedando Mazaricos e Volantas, tralas súas derrotas en casa, no vagón de cola, metidos no grupo dos 5 de abaixo entre os que só hai 2 puntos.

Mazaricos - Cordeiro (0-1)

  • Mazaricos: Dani Fedello, Adri, Pose, Cutu, Dani Maroñas, Mario, Kevin, Richar, Barbeira, Estéfano, Piki. Tamén: José Ángel, Sueiro, Joseph, Alvite.
  • Gol: 0-1, m.62.

Inxusta derrota dun Mazaricos de Néstor e Edu Teira que tivo as ocasións máis claras do partido, a pesar de contar con baixas tan importantes como as de Viturro, Raúl, Pereiro ou Yago Dosil. A primeira metade foi moi igualada, con dúas ocasións, unha por banda. Os visitantes mandaban un balón ao pau e Piki estivo a piques de abrir o marcador.

O partido estaba igualado, e parecía que un erro ou un acerto, ía decantar o partido. E así foi. Corría o cuarto de hora da segunda, cando os locais marcaban tras unha xogada por banda.

O Mazaricoe estirouse e Piki e Kevin avisaban con varias chegadas. Pero a máis clara a de Fano, que quedaba só diante do porteiro, e era derrubado pero o colexiado non considerou penalti. Aínda pedirían outra pena máxima os amarelos sobre Fran, pero tampouco a viu clara o colexiado.

 

Esclavitude - Soneira (2-3)

  • Soneira: Javi Souto; Cristian, Diego Lois, Alberto, Brais Mouzo, Mario, David Agra, Alonso, Basti, Richi e Javi. Tamén: Benja, Darío, De la Sierra, Gesto e Taibo.
  • Goles: 0-1, m.6: Richi; 0-2, m.57: Richi; 1-2, m.72; 1-3, m.85: Basti; 2-3, m.90.

Soneira-Esclavitud-Foto-SD Esclavitud

A xornada comezaba de xeito especial, coa entrega dos tapóns solidarios que as familias vimiancesas do Soneira, Castrelo e Baíñas xuntaron para axudar a Hugo, o pequeno rapaz do Esclavitud que necesita fondos para tratar a súa enfermidade rara.

No deportivo, o Soneira foi moi superior o rival, pero tivo que lidiar cunha arbitraxe dubidosa. Xogou ben no primeiro tempo, e pronto Richi aproveitaba un mal pase ao porteiro dos locais para marcar de fermosa vaselina. Durante o primeiro tempo, os de Pedro seguiron dominando, e tendo ocasións por medio de Richi, Vía ou Javi. Protestou moito o cadro soneirán unha xogada na que Sandelo manda unha falta directa ao pau, e o remache de Richi non é considerado gol polo colexiado cando os visitantes consideran que traspasou a liña de gol. De seguido, os vimianceses pediron penalti por unhas claras mans, pero o colexiado só savou 4 cartóns amarelos polas protestas aos visitantes.

Calmados os nerviso na segunda, o Soneira seguía xogando, e Richi facía o segundo tras un saque de banda de Leilán prolongado por Javi. O Esclavitud buscaría xogo directo pero os soneiráns non sufrirían en exceso, pero nun centro lateral Javi sae polo balón e escapáselle nas mans e Darío empurra a gol. Basti tería dúas moi boas ocasións pero non acertaría, pero na terceira no perdona no man a man e faría o 1-3. A partir de aí o Soneira relaxaríase e no 93 Pichi recurtaría distancias.

Basti celebrando o terceiro gol en Esclavitud-Foto-Esclavitud
Basti celebrando o terceiro gol en Esclavitud-Fotos-Esclavitud

Baio - Flavia (3-2)

  • Baio: Diego Mallo, Rubio, Yago, Álex Varela, Damián, Peke, Bieito, Carlos, Braian, Porti e Martín MC. Tamén: Julián, Pablo, Mohedano e Mario.
  • Goles: 1-0, m.35: MC de penalti; 1-1, m.63; 2-1, m.90: Mario; 3-1, m.92: MC; 3-2, m.94.

CD Baio de lila polo Dia da Muler
O CD Baio vetiuse de lila polo Día da Muller

Partido moi serio o que fixo o cadro baiés, que tardou en espertar tras varias ocasións visitantes. Pero foron tomando o mando os de Pablo Torreira e pasada a media hora MC abría o marcador dende os 11 metros, por un penalti cometido sobre el mesmo tras un bo pase de Bieito. Puideron ampliar a renda antes do descanso, pero non estiveron acertados.

Na segunda saíron ben pero os visitantes acertaron na súa primeira chegada. MC volvía marcar pero o colexiado anulábao por fóra de xogo. Parecía que o partido esmorecía, pero cumplido o minuto 90 aínda quedaban varias sorpresas. Un balón a banda sobre Brais que centra ao borde da área e Mario de volea mete un golazo. Na seguinte xogada, Mohedano presiona, rouba e cede para que MC sentencie. Aínda quedaba un gol dos locais, tras un córner que fixo apretar os dentes aos locais nos últimos 2 minutos de descanso.

 

Volantes - Unión (0-2)

  • Volantes: Bugy, Jano, Abel, Godo, Santi, Cajulo, Pardelo, Rachón, Pesco e Kevin. Tamén: Marcos, Charly, Abraham e Rubén.
  • Goles: 0-1, m.80; 0-2, m.90.

Volantes ante o Union-Foto-Adri

Non foi o mellor partido deste Soneira de Santi, que se viu superado na primeira metade por un Unión que tivo o dominio do balón e dous remates claros de cabeza para abrir o marcador.

Mellorou na segunda o cadro local, facendo intervir ata en tres ocasións (Cajulo e Rachón por partida doble) ao porteiro visitante co. Cando mellor estaban os locais, un balón ao pau dos visitantes quedáballe franco para un dianteiro marcase o primeiro. Co cadro laranxa volcado, e sobre os 90, os visitantes facían o segundo.

 Volantes agradecendo o apoio da afeccion-Foto-Adri
O Volantes agradecendo o apoio da afeccion-Fotos-Adriana

Dumbría - Lalín (1-3)

  • Dumbría: Anxo, David, Kanario, Berto, Code, Xaco, Darío, Yuyo, Diego Cespón, Marcote e Mataso. Tamén: Sergio, Mario, Gusa, Mouzo e Xabi.
  • Goles: 0-1, m.40: tras un córner; 0-2, m.49; 0-3, m.61; 1-3, m.87: Diego Cespón.

Se o domingo pasado foi un mal partido dos dumbrieses, onte caeron ante un equipazo, un dos mellores que pasaron polo Conco. Saíron moi fortes os visitantes, e en 5 minutos Anxo tivo que empregarse a fondo. Pouco a pouco foron meténdose no partido os locais, que dominaron media parte, sen grandes ocasións. Pero nun córner, onde os visitantes teñen moito potencial físico moi superior aos dumbrieses, lograron o 0-1.

Na saída da segunda, un erro de falta de contundencia atrás costou o segundo e a partir de aí o Lalín fíxose dono do partido. Só un golazo de Cespón maquillou o resultado, pero pouco máis que facer.

   

Comentarios