Xoves. 28.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Volantes aférrase á categoría a costa dun Soneira decaído

Xogadores do Volantes celebrando a vitoria ante o Soneira-Foto-ADriana 2
Xogadores do Volantes celebrando a vitoria ante o Soneira-Foto-ADriana
1ª Galicia: O Volantes aférrase á categoría a costa dun Soneira decaído

A xornada na 1ª viña marcada polo derbi entre Volantes e Soneira. O Volantes sumou unha vitoria que o mantén vivo, aínda en postos de descenso directo pero coa salvación a só 1 punto. O Soneira segue en caída libre sumando a 5ª derrota nos últimos 5 partidos.

Agora é o Dumbría o mellor clasificado, e tras sumar a sçúa terceira vitoria consecutiva colócase a só 3 puntos do poderoso líder, un cadro de O Pino que non pasaba do empate no Platas Reinoso.

E vai por “rachas” o fútbol, e se non que llo digan ao Mazaricos, que hai pouco sumaban dúas series de 3 vitorias consecutivas, e agora leva 4 partidos sen gañar. O domingo pola mañá non puido nin sacar un empate ante un Agolada que o supera na táboa, e que obriga aos de Chicho a espabilar se non quere meterse de cheo nos posibles arrastres.

Volantes - Soneira (3-0)

  • Volantes: Bugy, Godo, Rachón, Amoedo, Chua, Kevin, Charles, Ángel, Óliver, Rubén e Berto. Tamén xogaron: Thiago, Parde, Abel e Tiko.
  • Soneira: Javi Souto, Diego Lois, Brais Mouzo, Álex Taibo, Pichi, Sandelo, Leilán, David Agra, Richi, Basti e Javi. Tamén: Vía Rápida, Róber Pladur e De la Sierra.
  • Goles: 1-0, m.75: Rubén; 2-0, m.85: Kevin; 3-0, m.90: Thiago.

Volantes e Soneira no Eleuterio

Partido tenso o vivido no Eleuterio Balayo que se rompía nos minutos finais. O Volantes, feis ao seu estilo, esperou e esperou o seu momento, controlando a calidade soneirá. Os laranxas comezaron facendo dano á contra, pero Javi Souto desbarataba unha boa chegada de Óliver, tras pase atrás de Rubén. O equipo de Pedro Gómez íase facendo pouco a pouco co balón, sen poder abrir a tea de araña local máis que con xogadas a balón parado. Non lograban profundizar nin aproveitar os córners os soneiráns, tendo si Basti unha boa ocasión que Bugy rexeitou e petou no pau. Berto e Rubén tiveron tamén un par de contras para o cadro de Sil.

Bugy volvía salvar aos seus no comezo da segunda a unha boa falta de Diego Lois. E no último cuarto de hora chegaban os goles. Unha prolongación de Berto caelle a Rubén e fusila por toda escuadra. O Soneira arriscaba deixando demasiados espazos e se Berto perdoaba o segundo á contra, pouco despois Kevin tras unha segunda xogada dun córner, facía o 2-0. E no desconto o terceiro, Berto rouba o balón en área contraria e Thiago a placer facia o difinitivo 3-0.

 Volantes-Soneira-Foto-Adriana
Fotos: Adriana

Mazaricos - Agolada (0-2)

11 do Mazaricos en Agolada

  • Mazaricos: Ángel; Cutu, Mario, Maroñas, Pose; (Adrián (Kevin), Chumiko (Borja), Ricardo (Yago Dosil), Barbeira, Piqui e Fano.
  • Goles: 0-1, m.1; 0-2, m.70.

Mazaricos e Agolada cos arbitros

Segue o cadro amarelo cunha dinámica negativa, na que nada sae, nin no defensivo nin no ofensivo.

Non puido repoñerse o equipo de Chicho ao gol que marcaba Aitor aos 50 segundos tras un regalo da defensa amarela. A remar os 90 minutos co partido en contra, cando a fórmula inicial era comezar esperando atrás. Foi o Agolada o que deu un paso atrás e esperou, atrancando todo o que puido o discurso de balón, nun partido de balóns directos e disputas nas segundas xogadas.

Non atopou o Mazaricos profundidade, malia dominar o primeiro tempo. Na segunda, deron un tímido paso adiante e co vento a favor, pisaron área contraria pero sen grandes ocasóns. Nun novo fallo defensivo nun balón parado, que Ángel non chega a blocar, os visitantes matan o partido.

 

Dumbría - Praíña (3-1)

11 do Dumbria ante o

  • Dumbría: Anxo, David, Berto, Kanario, Mataso, Xaco, Diego Cespón, Mario (Code, m.58), Darío (Gusa, m.85), Marcote (Xabi, m.81) e Yuyo (Diego Estévez, m.65)
  • Goles: 1-0, m.10: Yuyo; 2-0, m.60: Marcote; 2-1, m.70: de penalti; 3-1, m.90: Diego Cespón.

Dumbria co Praiña

Segue en forma este Dumbría de menos a máis, que comezaba o partido dominando ante un Praíñas replegado. Abríu pronto a conta Yuyo, e o equipo controlou o partido ata o último cuarto de hora, na que os visitantes subiron lixeiramente.

Na segunda, volveu marcar o Dumbría, por medio de Marcote. A reacción do Praíña era moi tímida, pero nun centro á área sen demasiado perigo, pitaron un penalti. Faltaban 20 minutos, e o partido volveuse máis tolo, sen un dominador claro, pero os dumbrieses tiveron algo máis de fortuna na recta final e Cespón sentenciaba.

 

Baio - O Pino (2-2)

  • Baio: Diego Mallo, Braian, Peke, Yago, Rubio, Norberto, Bieito, Porty, Javi Suárez, Manu Santiso e MC. Tamén: Guau, Mario, Álex Varela, Sergio e Julián.
  • Goles: 1-0, m.25: Norberto; 1-1, m.64; 2-1, m.75: Manu Santiso; 2-2, m.85.

Conseguíu o Baio sacarlle un punto ao poderoso líder nun partido de poder a poder, que os visitantes conseguiron empatar no treito final. Os baieses, aos golpes, merecerían o triunfo. O Pino iniciou con duas ocasións tras dous desprazamentos en longo, un acabou nun tiro cruzado e outro cunha boa parada de Diego. Adiantáronse os de Pablo Torreira no marcador no saque dunha falta que remata Norberto. O partido seguía con Baio dominando o balón e os visitantes buscando balóns longos.

Na segunda parte empataron cun golazo nun golpeo con pouco ángulo ante o que nada puido facer Diego.  Manu Santiso puxo o 2-1 nunha xogada individual, pero a 5 do final, unha contra nun corner a favor dos baieses acabou nun penalti cometido por Braian que supuxo o 2-2.

 

Todas as crónicas da 1ª Galicia

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios