Sábado. 14.12.2019
El tiempo

2 Galicia: Os de 4 de arriba non fallan, pero sofren

Os capis do Cerqueda, Javi Souto, e da Esteirana, Alex Rama, no igualado choque celebrando en Buño- Foto: Ra
Os capis do Cerqueda, Javi Souto, e da Esteirana, Alex Rama, no igualado choque celebrando en Buño- Foto: Ra
2 Galicia: Os de 4 de arriba non fallan, pero sofren

Vai collendo ritmo a competición e a igualdade aumenta. Así o notaron os 4 de arriba, que sufriron sangue para sacar adiante os seus partidos. O líder puido ter empatado en San Pedro ante un Castriz que superou o “motín” interno cun partidazo. O Corme demostrou que ten fondo de armario cunha goleada, excesiva, ao Malpica. Esteirana e San Lorenzo só solventaron os seus choques ante Buño e Castriz, dous dos de abaixo, nos últimos minutos.

Se o Muxía comanda o segundo vagón tras vencer, no desconto a un serio Cee, no duelo de revelacións, o Coristanco alcanza ao Muros.

Por abaixo, parece que sae do pozo o Baíñas, que leva sumados 13 dos últimos 15 puntos en xogo, e que intentará traer un reforzo da parte de arriba ante a praga de lesións.
Despois, os 6 de cola volveron perder, quedando os Cerqueda, Cabana, Buño e Zas nunha comprometida situación con 8, 7, 4 e 3 puntos respectivamente.

 

Muxía - Cee (1-0)

  • Muxía: Ángel Luís, Pereira, , Conguito (Brais Mouzo, m.70), Tati; Adrián Alcaina, Mauro Romaní (Víctor Alcaina, m.80), Edu (David, m.80), Isma (Toja, m.69) e Manu Nogueira.
  • Cee: Joselu (Carlos, m.35), Borja Trillo (Alex Agulleiro, m.50), Chema, Aitor, Jorgito; Josiño, Coté, Ezequiel, Luís Lojo (Rubén Yayá, m.65), Bruno e Leo (Iago Muiño, m.45).
  • Gol: 1-0, m.94: Manu Nogueira.

Cee- Muxiaminuto

Comezaba o partido cun minuto de silencio polo pasamento dun rapaz fisterrán de 25 anos, que xogara no Muxía, que faleceu a semana pasada de forma repentina.

Partido dominado na primeira parte polo Muxía xogando con vento a favor aínda que sen ocasións claras, tiveron dous tiros lonxanos de Edu que sacou ben Joselu e nós tivemos un tiro lonxano de Lojo ó longueiro. Tamén Luís Lojo mandou ao pau un balón para os visitantes ao pouco de comezar. O vento inclinaba o campo cara a portería ceense pero tamén dificultaba o xogo e o Muxía buscaba combinar e chegar, con dificultades. Mauro tras boa xogada de Isma Pose estivo cerca do gol pero o marcador non se moveu na primeira parte.

Na segunda o choue igualouse pero o Muxía seguía tendo máis o balón, ante un equipo de Rafa Suárez que buscaba as contras cun intenso Bruno e un Lojo que cercaba o gol. De córner Maikel tivo un bo remate, Manu Nogueira facía moito dano coas súas internadas. Toja sufría un penalti pero Tati mandouno fóra.

Quedaban 15 minutos nos que o Muxía empurrou trala expulsión de Alex Agulleiro. Toja mandou un balón ao longueiro e xa con 4 sobre os 90, Manu Nogueira logrou o gol do triunfo para os de Leis e Lobelos.

 

San Lorenzo - Buño (2-1)

  • San Lorenzo: David Pena, Ures, Diego Fidalgo, Puñal (Styven, m.75), Raúl, Pablo (Yago Varela, m.55), Diego Varela (Kuki, m.68), Alexis (Dani Padín, m.55), Fuentefría, Alejandro Verdes e Brais Cancela (Mato, m.90).
  • Buño: Brais Alvarez, Miguel Dourado (Castro, m.47), David (Fabi, m.80), Sergio Bastón, Manuel Varela; Pablo Canedo, Paco, Alesander, Petis, Zinho, Juan Antelo.
  • Goles: 0-1, m.40 Pablo Canedo; 1-1, m.64: Fuentefría; 2-1, m.80: Fuentefría.

San Lorenzo con Pablo Diaz copia

O equipo do San Lorenzo saíu ao céspede de Verdillo cunha camiseta de apoio a Pablo Díaz que rompeu o cruzado no choque ante o Ponteceso, e foi operado esta semana.

O partido, pasado por auga, non reflexou a diferencia que hai na táboa entre ambos equipos, e dá conta da melloría dos oleiros dende a chegada de Mauro. Comezaba moi igualado pero os locais ían facéndose co control do xogo, pero as ocasións chegaban nas dúas áreas, sobre todo con balóns longos ou xogadas de estratexia. O porteiro local fixo un par de boas intervencións pero non puido co remate de Pablo a unha falta lateral que adiantaba aos branquiazuis antes do descanso.

Na reanudación o equipo local impuxo un ritmo de xogo máis alto na que fixo que o equipo visitante dese un paso atrás, é a base de empuxe igualaria o marcador gracias a unha oboa flta de Fuentefría. Tivo o Buño unha boa contra para volver a colocarse por diante, pero foi o propio Fuentefría o que remataba un centro para facer o segundo. O Buño non se rendíu e estivo peleando polo partido ata o final, e puido ter merecido levar un punto de volta.

 

Corme - Malpica (4-0)

  • Corme: Suso, Javi Peón, Brais Pombo, Dani Casal (Illote, m.78), Pandi (Diego Bermúdez, m.40), Adrián Doldán (Aitor, m.76), Brais Torrado, Brais (Alejandro, m.62), Toniño, Manu Bermúdez, Samu (Javi Bermúdez, m.10).
  • Malpica: Damián, Andy, Belar, Cristian, Laik (Kevin, m.68), Migueliño, Alberto (Marquitos, m.76), Juan Abelenda, Cristian Pace (Alex Orgueira, m.62), Aitor e Alberto Hombre.
  • Goles: 1-0, m.50: Adrián Doldán; 2-0, m.53: Dani Casal; 3-0, m.61: Dani Casal; 4-0, m.75: Javi Peón.

Partido marcado polas ausencias importantes nos dous equipos. Michi Castro polos visitantes e Alejo, Lucas e Sueiro polos locales. Nada máis comezar Samuel sufría un posible penalti que o colexiado non sinalaba, pero tiña que ser substituído polo golpe. Pandi pouco despois tamén sufriía unha lesión no abductor.

O partido non tiña un dominador claro, os dous equipos tentaban presionar as saíds de balón sen grandes éxitos. O Malpica intentábao pero non dispuxo de claras ocsións, que si tivo Casal, ex do Malpica, para adiantar o Corme, tras un saque de banda, tras un rexeite do porteiro a un tiro de Adrián Doldán, e tras un bo pase de Manu Bermúdez que manda ao lateral da rede.

Empezaba a segunda parte moi enchufado o equipo azulón. E na primeira contra caía gol do partido, marcaba Adrián Doldan logo dun gran pase de Manu Bermúdez. Chegaría o segundo nun maxistral lanzamiento de Dani Casal que deu no pau e entra pola escadra.

O que non quixo entrar na primeira entraba na segunda e logo dunha xogada algo embarullada caelle o balón a Casal dentro da área e mataba o partido co terceiro da tarde e segundo particular. Cun Malpica resignado chegaria o cuarto, tras un balón que centra Adrián, escápalle o balón ao meta visitante e Manu cédelle para que Javi Peón peche o partido.

 

Zas - Lira (1-2)

O Zas saiu en apoio a Pereiro

  • Zas: Puyol (Pereiras, m.60), Balsa, Atu, David, Miguel, Kevin (Tefi, m.71), Bruno, Brais Espasandín (Iván, m.70), Molinos e Manu Guillamet.
  • Lira: Baba, Óscar, David, Maikel, Eloy (Yerai), Josiño, Borja (Mamadou), Oliver (Manu), Cristian (Marcos) e Toni (Raúl).
  • Goles: 1-0, m.19: Bruno de falta dende a frontal; 1-1, m.24: Toni dende o pico da área; 1-2, m.55: Oli define u balón interior.

Zas-Lira-Foto-Sporting

O partido comezaba co plantel de Zas enviaría unha mensaxe de ánimo a Oreiro, lesionado de gravidade o pasado xoves.

Partido moi trabado, con pouco futbol, moitas interrupcións e sen continuidade. Empezou apretando o Lira, creando moi rápido dúa boas ocasions pola banda dereita, onde se asociaban Toni e Óscar. Pero era o Zas o que se adiantaba cunha boa falta, protestada polos visitantes, de Bruno. O Lira seguía atacando, con máis corazón que cabeza e conseguía o empate por medio de Toni antes do descanso.

Na segunda o partido continuou ca mesma tónica, desorde e ocasións, así chegaría o segundo cunha boa internada de Oli. O Zas tería un par de boas ocasións pero Baba salvou un man a man e unha boa falta botada por Fabián, e o Lira tamén se atopou co xuvenil Pereiras nos tiros de Mama e Manu.
Ata o final a tensión palpouse en San Andrés, e o quipo de Periscal segue pechacancelas, pero a apenas 4 puntos da salvación.

 Zas-Lira-Foto-Sporting 2

Coristanco - Muros (3-1)

  • Coristanco: Rubén, Samu, Rubio, Pazos, Sergio, R, Mario, Àlex, Joni, Corral e Samuel. Tamén: Jose, Damián, Mato e Dani.
  • Muros: Xandre, Dani (Río), Iván, Dani Jurjo, Juanchy, Xaco (Flavio), Saúl (Ramón de Lira). Varo (Gesto), Jose (Berni), Xavi e Ivi.
  • Goles: 0-1, m.5: Xavi tras combinación entre Varo e Ivi; 1-1, m.50: Mario de penalti; 2-1, m.60: Sergio dende fóra da área á cepa do pao; 3-1, m.91: Damián nunha contra co porteiro adiantado, tras un tiro de Corral que dá no apu.

O Muros con Ra en Coristanco
O Muros tamén saía en apoio a un compañeiro, o lesionado Ra

Duelo de revelacións na Rocheira, e comezaba con ritmo o partido e Xavi abría o marcador para os celestes, que saían cunha camisola de apoio a Ra, lesionado a semana pasada. O Coristanco estaba mellor prantado e ía chegando á área rival, e pronto se atopaba cun penalti sobre Corral, o cal sería atallado cunha gran intervención de Xandre, que tamén facía outra boa parada a tiro de Samuel. O Muros remotou o control do partido no último cuarto de hora, Rubén tiña que salvar un man a man e Ivi faría 0 0-2 pero o colexiado anulábao por fóra de xogo.

Na segunda nada máis empezar o Coristanco atopábase con outra pena máxima sobre Jony que Mario, desta vez, non perdoa. Sergio dalle a volta ao marcador, e o Muros comeza a apretar de novo, tendo ocasións para acadar o empate, como os remates de cabeza de Iván e Jujo que salva Rubén, que facía outro paradón a unha falta de Ivi. Xa no desconto, nunha falta a favor dos muradáns, sube o porteiro a rematar e na contra os locais fan o terceiro.

 

Cabana - Baíñas (1-2)

  • Cabana: Víctor, Pablo Senande, Rubén, Ismael (Cristian), Dani Pose, Sergio, Fernando Rey, Moreno (Manolo), Pablo (Castro), Diego Cacha, Aarón (José).
  • Baíñas: Brais, Rodri (Luis Alvite, m.82), Samuel, Eloy García, Eloy Trigo; Canosa, Esteban,, Abel, Toño, Baba e Santi Díaz (Héctor, m.90).
  • Goles: 1-0, m.13: Aarón; 1-1, m.64: Eloy García de falta directa por riba da barreira; 1-2, m.81: Santi Díaz apoveita o rexeite tras unha xogada de Abel e Baba.

Volvía o Baíñas chegar con apenas 13 xogadores dispoñibles, continuando coa praga de lesións que sofren os de Barca. O Cabana comezaba dominando, e pronto Aarón adiantaban aos de José Manuel aproveitando un rexeite. Tiveron varias ocasións os locais, e o Baíñas comezaba a empurrar, abusando de balóns directos.

No segundo si que chegaba algo máis o Baíñas, como un tiro de Canosa case sen porteiro, outro de Esteban ao pau; ou dous remates altos de Santi Díaz e Baba. Pero tamén as réplicas do Cabana eran perigosas. Os vimianceses conseguían empaatr cunha fermosa falta de Eloy García.

O partido estaba tolo, e podía caer o tanto de calquera dos dous lados: Caeu do lado visitante, ao que lle tocou sufrir ante uns cabaneses que, seguen tendo moi mala sorte, e acabaron volcándose sobre a meta de Brais sen premio.

 

Castriz - Ponteceso (1-3)

Castiz e Ponteceso no San Pedro-Foto-Brais Pose e David Antelo
Castriz e Ponteceso no San Pedro-Foto-Brais Pose e David Antelo

  • Castriz: Álvaro, Carlos Paredes, Alex Mourelle, Rompe, Anxo (Adrián García, m.64), Espi, Chiki (Jesús Castro, m.69), Alex Forján, Pablo Martínez, Iván Pastoriza, Rubén Blanco (Martín Cambón, m.84).
  • Ponteceso: Rubén, Isaac, Moscoso, Ismail (Juanjo, m.64), Luca (Adrián Pose, m.87), Alberto Recarey, Nando, Maradona (Mendieta, m.63), Abel Torres (Aday, m.86), Charro (Eloy Álvarez, m.75), Xuco.
  • Goles: 0-1, m.8: Abel Torres; 0-2, m.70: Abel Torres marca un golazo dende a frontar de volea; 1-2, m.75: Iván Pastoriza; 1-3, m.85: Abel Torres.

Castriz e Ponteceso no San Pedro-Foto-Brais Pose e David Antelo 2
Castriz e Ponteceso no San Pedro-Foto-Brais Pose e David Antelo

Tempos complicados nun Castriz que vai de menos a máis, pero que esta semana sufría un pequeno terremoto interno no vestiario coa marcha do porteiro Fran e dun peso pesado como Sebas. Pero aínda así, e a pesar de baixas tan singulares como a de Brais Sendón, os de Miguel Chouza fixeron un partidazo ante o líder, todo o contrario que a semana pasada ante o Cee.

Foi un choque moi reñido que se definiu ao final, pasando un posible 2-2 ao definitivo 1-3, gracias á maior efectividade dos pontecesáns. Saíron os xalleiros moi ben, obrigando a xogar en campo contrario. Pero Abel Torres puxo de cara o partido para os visitantes co primeiro dos seus tres tantos. O Castriz facía moito dano por bandas, e tivo boas ocasións para empatar. Fallou un penalti Espi e Alex mandou un remate ao pau. Tamén Recarey tivo dúas boas faltas. Aos puntos podería ter ido empatado ao descanso.

Seguiu apretando e xogando no campo contrario o Castriz na segunda, pero Rubén estaba máis acertado que Espi, e era de novo o Ponteceso o que pegaba. Non se desfixo o equipo rossonero, e chegaba cun bo man a man de Espi, ata que por fin Iván Pastoriza conseguía marcar e apretar o marcador. Aínda tivo o Castriz o empate sobre todo cun tiro do propio Pastoriza que saíu pegado á cruceta, e nesa mesma contra Abel Torres completaba o seu triplete, sentenciando o choque.

Castiz e Ponteceso no San Pedro-Foto-Brais Pose e David Antelo 3
O pontecesán Xuco en Castriz-Foto-David Antelo e Brais Pose 

Cerqueda - Esteirana (2-3)

  • Cerqueda: Darío, Javi Souto, Breo, Estefan, Diego, Dani, Dani Mato, Lorenzo, Iván Rojo, Méndez.
  • Esteirana: MJ, Dani Corniños, Simón (Tobío, m.46), Dani Rama (Priegue, m.84), Code; Pablo Rama, Samuel Pensado, Alex Rama, Raúl, Elías Ruso (Alex de Yi, m.90) e Carajillo (Pachi, m.80).
  • Goles: 1-0, m.7: Javi Souto; 1-1, m.37: Elías Ruso; 1-2, m.63: Pablo Rama tras un pase en profundidade de Álex; 2-2, m.75: Javi Souto; 2-3, m.83: Pablo Rama; 2-4, m.90: Brais de penalti.

Cerqueda-Esteirana-Foto-Ra
Cerqueda-Esteirana-Foto-Ra 

Outro partido no que non se apreciou a diferencia na clasificación, e o Cerqueda obrigou a cambiar o guión ao que ten acostumado formular Geno. Os locais comezaron presionando moi arriba, e chegando máis a área contraria, sobre todo en accións a balón parado, como marcaba pronto Javi Souto. Seguía o partido igualado, cun tiro ao pau de Elías que pouco despois aproveitaba un rexeite do longueiro a un tiro de Raúl para facer o empate antes de ir aos vestiarios.

O partido rompeuse máis na segunda, con máis balóns directos e moitas ocasións, sobre todo para o cadro visitante. Marcou primeiro Pablo Rama, e na área contraria Tobío e MJ tiñan que salvar un empate, que chegaba pouco despois.
Seguían chegando as ocasións, e Pablo Rama aproveitaba o rexeite de Darío a outro tiro duro de Raúl. Co Cerqueda volcado, as contras esteirás eran perigosas, e se Raúl e Elías non acertaron, si que non fallou Brais tras un penalti que o meta Darío cometía sobre el mesmo.

 

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios