Venres. 19.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Corme volve a apretar na loita polo título

Trío arbitral cos capitáns no Ponteceso-Corme. Foto: David Antelo.
Trío arbitral cos capitáns no Ponteceso-Corme. Foto: David Antelo.
2ª Galicia: O Corme volve a apretar na loita polo título

O Corme logrou unha vitoria que significa unha importante inxección de moral no derbi ante o Ponteceso, que lle permite recortar de novo distancias logo do empate do Mazaricos ante o San Lorenzo nun partido no que se puido ver un gran fútbol.

Pola súa banda o Volantes de Baño queda en solitario na terceira posición logo de aproveitar o pinchazo dos pontecesáns no derbi e de gañarlle a un Sporting Zas que sufriu en carnes propias o potencial ofensivo dos de Sil.

Mentres tanto, o Muxía segue acusando as numerosas baixas que arrastra e caeu ante un Muros á alza que está a ter en Yanky ao seu salvador. O Baíñas tamén se viu superado por un Cerqueda que entrou máis enchufado a un partido que tivo a súa dose de polémica en forma dunha protestada expulsión.

No que respecta á zona media-baixa da táboa clasificatoria, Malpica e Monte Louro firmaron táboas cun resultado que non lles vale de moito nin a uns nin a outros, mentres que un reforzado Buño no que debutaban Cololo e Mara, lograba unha importantísima vitoria de cara a permanencia ante un Ameixenda que practicamente viu pasar o seu último tren.

Por último, o Lira colle unha importante bocanada de aire logo de derrotar pola mínima a un rival directo pola permanencia como é o Cee.

Ponteceso SD 0 – 2 Corme CF

Ponteceso SD: Brais, Puente, Matías, Eloy Trigo (Aday m.73), Nando, Recarey (Mendieta m.25), Charro (Adrián m.82), Ismail, Iago (Iván m.62), Luca e Eloy Álvarez.

11 inicial do Ponteceso ante o Corme

Corme CF: Suso, Jesús, Pandi, Eloy, Manu Bermúdez (Sueiro m.59), Adrián Doldán (Samuel m.75), Alejo, Lucas (Brais Torrado m.86), Alejandro, Toniño, Javi Peón (Brais Andrade m.91).

11 inicial do Corme ante o Ponteceso

Goles: 0-1 m.40: Manu Bermúdez; 0-2 m.56: Toniño.

Gran derbi o que se puido vivir nun Pinguel que estivo cheo de afeccionados dispostos a gozar dun partidazo no que o bochorno presente no municipal pontecesán influíu un pouco na intensidade dun encontro no que o Ponteceso comezou mandando na posesión do balón pero no que apenas foi quen de crear perigo sobre a portería dun Corme que estivo moi cómodo e seguro en todo momento, para tratar de saír á contra.

Os locais sufrirían un imprevisto en forma de lesión, a cal obrigaría a Recarey a abandonar o campo, unha baixa que notarían e moito os pontecesáns.

E ao fío do descanso, Manu Bermúdez faría o 0-1 á saída dun córner sacado por Lucas.

Na reanudación, a dinámica do encontro non cambiarían en exceso pero a defensa cormelana seguía sen dar mostras de fractura e Toniño sentenciaría o derbi cun bonito gol co que poñería o definitivo 0-2 no luminoso.

CD Muros 2 – 1 Muxía CF

Muros-Muxia

CD Muros: Xandre, Berni, Juanchy, Adán (Ramón m.61), Dani, Xaco, Álex Siaba (Eloy m.72), Varo, Saúl, Yanky, Gael (Gabri m.69).

Muxía CF: Hugo, Gerardo, Reigía, Pereira, Toja, Víctor Alcaina, Julián, Manu Nogueira, Isma Pose (Peski m.46), Tomás e Mauro.

Goles: 1-0 m.9: Xaco; 1-1 m.24: Víctor Alcaina (p); 2-1 m.82: Yanky.

Os muxiáns aterrizaban no Eleuterio Balayo con problemas de efectivos e notouno ante un Muros á alza dende a chegada dun Yanky que lle deu outra cor ao conxunto dirixido por Bibi.

No comezo do encontro, ambos conxuntos impuxeron unha gran intensidade e a pesares de que o Muxía intentou levar o peso do partido, o Muros sería o primeiro en golpear e faría por medio dun Xaco que aproveitaría unha indecisión da defensa visitante á saída dun córner.

Logo deste gol inicial, os da vila da Barca buscarían o empate pero a seriedade defensiva do Muros non lle permitiría aos de Adrián Lema ter a profundidade necesaria, aínda que no minuto 24, Víctor Alcaina lograría devolver as táboas ao marcador logo de transformar un penalti. E co 1-1 chegaríase ao descanso.

Na reanudación, mesma dinámica pero aparecería o killer muradán Yanky para continuar coa súa xeira goleadora e facer o definitivo 2-1 nun saque de esquina, co que lle deu a terceira vitoria consecutiva aos locais.

UD Cerqueda 2 – 1 CD Baíñas

Manu Guillamet e Luis no Cerqueda-Baíñas

UD Cerqueda: Diego Dourado, Marcos Pensado, Atu (Julián m.95), Javi Pazos, Manu Guillamet (Ceide m.68), Dieguito (Martín Castro m.82), Lorenzo, Méndez (David Dourado m.91), Dani, Molinos (Gonzalo m.61) e Martín Añón.

A UD Cerqueda con Raúl Periscal ante o Baíñas

CD Baíñas: Paulo, Naya, Luis, Mayor, Cristian Canosa (Cristian m.62), Esteban Rodríguez (Rodri m.51), Esteban Canosa, Felipe, Javi, Oreiro (Pablo Muíño m.29) e Toño.

Goles: 1-0 m.17: Méndez; 2-0 m.20: Molinos; 2-1 m.58: Pablo Muíño.

Expulsións: O visitante Mayor no minuto 51 e tamén o segundo adestrador do Baíñas, Sanchiño no minuto 86.

Na primeira metade, o Cerqueda estivo mellor plantado sobre o terreo de xogo e lograría levar a iniciativa dun partido que collería cor branco con dous goles en tres minutos, logo de que Méndez e Molinos aproveitasen sendos erros da defensa visitante para poñer o 2-0 co que se chegaría ao tempo de lecer.

Na reanudación, houbo unha acción que marcou o encontro, como foi a protestada expulsión de Mayor, a cal poñía as cousas aínda máis costa arriba para un Baíñas que a pesares de quedar cun home menos sobre o terreo de xogo, non se daría por vencido e lograría recortar diferenzas no marcador grazas a un gol de Pablo Muíño.

A raíz do 2-1, o Baíñas tratou de buscar o empate pero un Cerqueda moi ordenado en defensa logrou manter a súa vantaxe no marcador.

Lira CF 1 – 0 UC Cee

Lira CF: Baitir, Óscar, Fran (Demetrio m.41), Porto (Chema m.82), Rodrigo, Óliver (Manuel m.82), Mamadou, Cristian Caamaño (Adrián m.91), Borja, Raúl e Toni.

UC Cee: Maikel, Jorge, Pablo, Aitor, Carlos Leis, Martín, Javi, Leo, Chema, Luis Lojo, Brais (Fran m.72).

Gol: 1-0 m.88: Toni.

Partido moi igualado cunha primeira parte para olvidar con pouco fútbol e moitas interrupcións, o que fixo que non houbese grandes ocasións de gol.

Na segunda metade, o Lira levou o peso do xogo, pero o Cee tamén estaba cómodo con espazos para correr nas contras e así sería como chegaron dúas boas ocasións das que Leo e Luis Lojo non adoitan perdoar pero que na tarde deste domingo non acertaron.

Pola súa banda, os lirachos tiveron dous ou tres achegamentos de perigo e varias faltas pero non foron capaces de bater a Maikel ata o minuto 88 cun bonito gol de Toni dende a frontal, que lle dá tres puntos valiosísimos aos locais.

SD Ameixenda 2 – 3 Buño SCD

SD Ameixenda: Rubén, Kamacho (Yago Costa m.70), Bruno, Sergio (Bicho m.46), Cristian, Saulo, Castrexe, Po (Gabi m.66), Dany Añón (Pablo m.66), Mataso e Javichu.

11 inicial do Ameixenda ante o Buño

Buño SCD: Rubén, Fran, Álex, Pablo, David, Jorge Calvete, Petís (Brandón m.78), Mara, Cololo, Borja e Moha.

Goles: 1-0 m.12: Mataso; 1-1 m.39: Moha; 1-2 m.57: Moha; 1-3 m.70: Mara; 2-3 m.85: Yago Costa.

Se había algunha posibilidade de que o Ameixenda tivese algunha posibilidade de agarrarse á loita pola permanencia, esta pasaba por gañarlle ao Buño na tarde deste pasado domingo e na próxima xornada ao Cee. E na búsqueda dese cometido comezaron os homes de Julio Vila, ben plantados sobre o terreo de xogo, e Mataso aproveitaría un desaxuste defensivo para facer o 1-0.

A raíz deste gol, os ceenses buscaron defender a vantaxe colleitada pero aínda quedaba moito partido por diante e o Buño adiantaría liñas para irse achegando cada vez máis á porta rival.

E a falta de seis minutos para o descanso, Moha, nunha xogada similar ao primeiro gol do partido, facía o 1-1 que facía xustiza ao que se estaba vendo sobre o terreo de xogo.

Na reanudación, o Buño continuou dominando e impoñendo unha maior fortaleza física. E no minuto 57, os oleiros poñeríanse por diante logo dunha internada por banda dereita que materializaba de novo Moha.

Pola súa banda, o Ameixenda apenas creaba perigo e o Buño estaba moi cómodo sobre o terreo de xogo, logrando incluso un terceiro gol por medio do debutante Mara que poñía as cousas moi favorables para os branquiazuis.

E cando case estaba todo decidido, o Ameixenda deu un paso adiante e fixo un par de aproximacións con certo perigo e na seguinte Mataso métese polo medio cedendo a un Yago Costa que marcaría cun tiro cruzado o definitivo 2-3, o que xerou algo de incertidume pero o marcador xa non se movería e o Buño sumaría tres puntos vitais de cara a permanencia.

Sporting Zas 1 – 3 Volantes de Baño FC

Sporting Zas - Volantes

Sporting Zas: Vázquez, Tefy (Pablo Vidal m.18), Josito, Dani Mato, Brais, Amado, Fabi, Manu Fuentes, Santi (Christian m.85), Lody (Miguel m.76), Carra (Álvaro m.78).

Volantes de Baño FC: Marcos, Thiago, Pardelo, Raúl, Santi, Godo, Pesco, Berto (Rapante m.89), Rachón, Miguel (Mou m.46), Pri (Yeray m.77).

Goles: 0-1 m.9: Rachón; 0-2 m.30: Pesco; 1-2 m.34: Dani Mato (p); 1-3 m.70: Berto.

Na primeira metade, un Volantes de Baño que buscou crear perigo a base dun fútbol directo, firmou un 100% de efectividade xa que converteu en gol as dúas ocasións coas que contou. Na primeira delas, Rachón remataría a pracer un córner para facer o 1-0 e logo Pesco materializaría unha acción individual.

Tan só catro minutos despois do segundo gol dos de Baño, o colexiado sinalaría un penalti protestado que transformaría Dani Mato para meter no partido de novo a un Sporting Zas que estivo a piques de empatar por medio de Brais, xusto antes do descanso.

Tralo paso por vestiarios, o Sporting Zas tería máis balón que o rival pero non crearía perigo en ningún momento, mentres que Thiago e Pesco serían un auténtico quebradeiro de cabeza para a defensa local. Aínda que o encargado de facer o definitivo 1-3 sería Berto de vaselina.

Mazaricos CF 1 – 1 SD San Lorenzo

Mazaricos CF: Miguel, Cutu, Carreira (Raúl m.46), Mario, Piki, Estéfano, Roberto (Thiago m.88), Capelo, Pereiro, Yago Dosil (Amoedo m.63) e Pose.

11 inicial do Mazaricos ante o San Lorenzo

SD San Lorenzo: Rubén, Luciano, Diego (Kuki m.67), Jose (Alberto m.79), Álex Fernández, Brais (Rudi m.88), Ures (David Lorenzo m.53), Pablo Garrido, Yago (Iván m.84), Juanjo e Pablo Díaz.

11 inicial do San Lorenzo ante o Mazaricos

Goles: 0-1 m.70: Brais; 1-1 m.88: Piki.

Ambos equipos saltaron ao terreo de xogo coa intención de facerse co control do partido, aínda que non habería un dominador claro en ningún momento xa que as alternancias sería constantes, o que fixo os espectadores gozasen dun bonito encontro con fútbol combinativo.

Na primeira metade, as defensas impoñeríanse claramente aos ataques e as ocasións brillaron pola súa ausencia. Pero a pesares disto, o Mazaricos tería unha oportunidade inmellorable nun penalti por unha man dun xogador visitante que Capelo estrelaría no longueiro.

Na reanudación, o Mazaricos adiantaría liñas na búsqueda da vitoria pero non era o día do líder de cara a gol e así se demostraría nun man a man que Capelo non lograría materializar.

E mediada esta segunda parte, Brais adiantaría aos verdilleses nunha contra moi ben levada polos visitantes.

Tras este tanto, os locais buscarían o empate con balóns longos e contarían con varios achegamentos para logralo pero o gardameta visitante Rubén estaría moi ben en todo momento evitando que o Mazaricos encontrase o gol.

E no tramo final, Piki remataría ao fondo da rede un centro lateral de Estéfano para facer o 1-1, gol que lle daría folgos ao líder para buscar a vitoria. Pero antes do pitido final, ambos conxuntos tiveron a súa para levarse os tres puntos pero a cruceta evitaría o tanto do San Lorenzo e Rubén faría o propio con dúas boas intervencións nunha dobre ocasión de Mario e Capelo, polo que habería reparto de puntos no Peña do Ouro.

SCD Malpica 2 – 2 UD Monte Louro

SCD Malpica - UD Monte Louro. Foto Edu Olveira

SCD Malpica: Lamas, Andy, Belar, Fuentes, Villar, Capelán, David López (Marcos m.57), Aitor (José Ángel m.63), Jairo, Gonzalo Vilariño, Mante (Dimitri m.89).

UD Monte Louro: Fernando, Abel, David, Pablo, Borja (Geiko m.69), Yeray, Raúl (Dani Corniños m.54), Gelo (Sambade m.40), Iker, Juan de Celia e Miguel.

Goles: 1-0 m.37: Jairo; 2-0 m.51: Fuentes; 2-1 m.64: Juan de Celia; 2-2 m.94: Geiko.

Partido igualado no que o Malpica tivo máis posesión ante un nervioso Monte Louro. O dominio era dos malpicáns, aínda que ambos conxuntos contaban con achegamentos á área rival.

Os loureáns reclamarían un penalti sobre Gelo que o colexiado non considerou así e os locais adiantaríanse logo dunha xogada embarullada que resolvería Jairo para poñer o 1-0 no marcador.

Nada máis voltar dos vestiarios, o Malpica aumentaría a súa vantaxe cun gol de Fuentes. A raíz disto, o Monte Louro adiantou liñas e tamén a presión, e a consecuencia disto, os de Óscar Leis provocaría unha mala saída do balón que aproveitaría Juan de Celia para meter aos seus no encontro.

E no minuto 94, un discutible penalti sobre o propio Juan de Celia transformaríao Geiko para facer o definitivo 2-2.

Comentarios