Xoves. 25.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: A liga tínguese de cor amarela

UC Cee - UD Cerqueda. Foto: UD Cerqueda.
UC Cee - UD Cerqueda. Foto: UD Cerqueda.
2ª Galicia: A liga tínguese de cor amarela

O Mazaricos logrou aumentar a súa vantaxe logo de superar ao Malpica por un contundente 0-3 e aproveitar que o Corme non logrou pasar do empate ante o Monte Louro nun polémico partido.

Pola súa banda, o Ponteceso conquistaba Arliña logo de superar a un Muxía que acabou con oito xogadores e que viu como Matías lle daba a sentenza no minuto 93 cun gol de falta. Mentres tanto, o Volantes de Baño continúa coa súa particular escalada cara os postos de privilexio da competición e faino logo de golear a un desahuciado Ameixenda.

A sorpresa da xornada deuna o Muros logo de vencer con certa contundencia a un Baíñas que tivo nun pletórico Yanki ao seu verdugo. Mentres que o San Lorenzo venciu nun traballado partido ao Sporting Zas para asentarse na sétima posición logo de que o Cerqueda empatase no Sampaio dos Refoxos ante o Cee.

No que respecta ao Lira, o equipo de Diego Lobelos colle un pouco de aire logo de superar ao Buño nun partido máis axustado do que di o resultado final.

UD Monte Louro 2 – 2 Corme CF

Monte Louro - Corme

UD Monte Louro: Isma, Sambade, David, Pablo, Pedro, Adrián (Yeray m.63), Dani de Sahorta (Dani Corniños m.80), Gelo (Raúl m.76), Geiko (Iker m.11), Juan de Celia e Miguel.

Corme CF: Suso, Pandi (Samu m.46), Eloy, Manu Bermúdez (Ángel m.92), Adrián Doldán, Alejo, Lucas, Brais Andrade, Alejandro, Toniño e Javi Peón.

Goles: 0-1 m.8: Alejo (p); 1-1 m.43: Juan de Celia; 1-2 m.77: Lucas; 2-2 m.96: Raúl (p).

Expulsión: O adestrador visitante Ángel no minuto 91 con cartón vermello directo.

Partidazo no Agra de Filgueira que se viu marcado pola polémica arbitral. Moi cedo se poñía por diante o Corme, despois de que o seu homegol, Alejo, transformase unha pena máxima.

Este gol non fixo virse abaixo a un Monte Louro que tratou de ti a ti a todo un conxunto cormelán que vería como os loureáns empataban o encontro nunha xogada na que os visitantes reclamarían fóra de xogo de Juan de Celia.

Na reanudación, o Corme tería varias oportunidades para poñer o partido de cara pero os da vila do Roncudo non serían quenes de materializalas e non sería ata o minuto 77, cando Lucas faría o 1-2 cun lanzamento de falta.

E cando parecía que os tres puntos marcharían cara terras cormelanas, un protestado penalti a prol dos loureáns aproveitaríao Raúl para facer o definitivo empate a dous, que deixaría moi cabreados aos visitantes coa actuación arbitral.

Muxía CF 1 – 2 Ponteceso SD

Muxía - Ponteceso

Muxía CF: Hugo, Brais, Congui (Mario m.25), Pereira, Toja (Gerardo m.46), Víctor Alcaina (Gora m.60), Julián, Manu Nogueira, Maikel, Tomás e Mauro.

Ponteceso SD: Brais, Puente (Iago m.73), Dani Cotelo, Matías, Eloy Trigo, Nando (Aday m.89), Recarey, Charro (Iván m.61), Ismail, Luca, Eloy Álvarez (Mendieta m.46).

Goles: 0-1 m.44: Eloy Álvarez; 1-1 m.60: Manu Nogueira; 1-2 m.93: Matías.

Expulsións: Os muxiáns Maikel no minuto 45+1, Mario no 81 e Gora no 93, así como ao delegado local Felipe Vilela ao remate do encontro.

Partido moi disputado cunha primeira metade que comezou con moito dominio dun conxunto local que contou con varias ocasións e incluso un lanzamento ao longueiro para adiantarse.

A pesares do dominio muxián, sería o Ponteceso quen se adiantaría no marcador cun gol de Eloy Álvarez ao fío do tempo de lecer. E por se fose pouca desgraza este gol inicial para o Muxía, os locais quedarían con dez homes pola expulsión de Maikel no tempo de desconto desta primeira parte.

Na segunda parte máis do mesmo, partido moi físico e disputado no que o Muxía lograría devolver as táboas no marcador cun gol de Manu Nogueira no minuto 60.

Nos minutos finais, o partido estaría aberto e puido caer para calquera lado pero un lanzamento de falta de Matías convertiríase no definitivo 1-2.

CD Baíñas 0 – 3 CD Muros

CD Baíñas: Jacobo, Naya (Esteban Canosa m.58), Mayor (Paulo m.83), Cristian Canosa (Esteban Rodríguez m.70), Pablo Muíño, Chavico (Rodri m.38), Felipe, Javi, Oreiro (Cristian m.92), Toño e Capote.

CD Muros: Xandre, Varo (Eloy m.69), Juanchy, Berni, Dani, Xaco (Xandre Costids m.79), Álex Siaba (Bruno m.82), Gael, Saúl, Yanky (Matías m.88) e Adán.

Goles: 0-1 m.6: Yanky; 0-2 m.29: Yanky; 0-3 m.69: Yanky.

Árbitro: Daniel Martínez Ferreiro (Colexio costeiro). Expulsou ao local Capote no minuto 39 con cartón vermello directo.

Sorpresa en Vimianzo a que deu un Muros moi serio que non concedeu nada ao rival e que no minuto 6, xa gañaba grazas a un gol de Yanki de cabeza á saída dun córner.

O Baíñas tiña a posesión e intentaba buscar perigo con pases longos sobre Javi Souto e Pablo Muiño, pero non crearían case ningunha ocasión en toda a primeira metade.

Cerca da media hora de partido, unha boa xogada individual de Dani daría paso ao segundo do Muros, obra outra vez de Yanki.

Tras isto e antes do descanso, o Baíñas sufriría dous mazazos consecutivos coa lesión do debutante Chavico e a expulsión de Capote.

Nos primeiros vinte minutos da reanudación, Yanki, Xaco e Siaba puideron matar o partido pero non foron quen de materializar as súas ocasións.

Pero no minuto 69, Yanki completaba o seu particular hattrick logo dun pase de Álex Siaba.

Tras isto, o Baíñas achuchou e tivo as súas, pero a defensa muradana e Xandre que incluso pararía un penalti no último minuto, evitarían que se movese o marcador.

UC Cee 2 – 2 UD Cerqueda

UC Cee - UD Cerqueda

UC Cee: Anxo, Fran, Pablo, Jorge, Aitor, Carlos Leis, Javi, Xulián (Luis Lojo m.46), Chema, Leo (Álex m.76), Brais (José m.50).

UD Cerqueda: Diego Dourado, Javi Souto, Javi Pazos, Gonzalo (Julián m.75), Manu Guillamet, Lorenzo (Bastón m.87), Ceide, Méndez, Molinos (Jonathan m.77), Martín Añón (Marcos Pensado m.81), Míchel (David Dourado m.58).

Goles: 0-1 m.36: Méndez; 0-2 m.41: Molinos; 1-2 m.48: Luis Lojo; 2-2 m.69: Carlos Leis.

Partido cunha parte para cada equipo. Na primeira, o Cerqueda marcou os seus goles nas dúas ocasións claras que tiveron, primeiro Méndez remataba no segundo pau un bo centro e antes do descanso, Molinos aproveitaría un rexeite na área para marcar.

A segunda sería para un Cee que xa recortou diferenzas aos catro minutos da reanudación nunha contra materializada por Luis Lojo.

E noutro contragolpe, no que Diego Dourado lle gañaba a partida ao dianteiro nun man a man e no que reclamarían un posible penalti, Carlos Leis sería o máis listo da clase para marcar o definitivo 2-2.

Antes do pitido final, Diego Dourado salvaría aos seus cunha gran intervención, polo que o encontro remataría con empate.

Buño SCD 2 – 6 Lira CF

Buño SCD: Brais, David, Jorge Calvete, Petís, Fran, Yamouhamed, Borja, Álex, Alberto (Erik m.46), Matías e Cristian.

Lira CF: Baitir, Óscar, Fran, Óliver, Cristian Caamaño (Manu m.79), Mamadou, Demetrio, Borja, Raúl, Toni e Danis.

Goles: 0-1 m.25: Cristian Caamaño; 1-1 m.27: Cristian; 1-2 m.36: Cristian Caamaño; 1-3 m.50: Cristian Caamaño; 2-3 m.51: Danis en propia porta; 2-4 m.74: Borja; 2-5 m.79: Toni; 2-6 m.90: Toni.

Partido moi serio o feito o que fixo un Lira que acadou un resultado que lles axuda moito de cara aos seus intereses, posto que os rivais directos puntuaron e ademáis meten ao Buño na loita.

A igualdade foi máxima no treito inicial dun encontro no que Baitir evitaría que o Buño se adiantase cunha boa intervención a tiro de Borja. E do posible 1-0 pasaríase ao 0-1 despois de que Cristian Caamaño aproveitease un pase de Toni.

Pero pouco lle duraría a alegría aos visitantes, xa que tan só dous minutos despois, Cristian faría o 1-1.

E a falta de nove minutos para o tempo de lecer, repetiríase o guión do primeiro gol liracho e Cristian Caamaño volvería a adiantar aos de Diego Lobelos.

Nada máis comezar o segundo tempo, de novo Toni para Cristian Caamaño e 1-3. Pero un minuto despois, un tiro dende a frontal, tocaría nun defensa visitante e o segundo gol local subiría ao marcador.

O partido tiña moitos goles, un gran ritmo e as ocasións repartíanse para ambos bandos, e xa no 74, Borja volvía a poñer terra de por medio co 2-4.

Co Buño volcado en ataque tratando de sacar algo positivo, Toni faría dous goles a pase de Mamadou para poñer o definitivo 2-6.

Volantes de Baño FC 6 – 0 SD Ameixenda

Volantes de Baño FC: Marcos, Tiko (Yeray m.48), Thiago, Raúl, Santi, Godo (Dani m.57), Pesco, Iván (Mou m.36), Berto, Miguel (Riki m.57) e Pri.

SD Ameixenda: Bicho, Kamacho, Javichu, Samuel, Sergio, Castrexe, Mataso, Bruno (Cristian m.65), Gabi, Susiño (Pablo m.62).

11 inicial do Ameixenda ante o Volantes de Baño

Goles: 1-0 m.28: Berto; 2-0 m.39: Pesco; 3-0 m.58: Berto; 4-0 m.56: Pesco; 5-0 m.67: Berto; 6-0 m.79: Thiago.

Costoulle mais traballo do que di o marcador final a un Volantes de Baño que se atopou cun Ameixenda que defendía con orde e que vía como Bicho apenas pasaba apuros na portería.

Tivo que ser un erro dos centrais, que estorbaron  a Bicho e permitiron que Berto marcase sen oposición. Con todo isto, seguía sen estar cómodo o Volantes ata que no 39, Pesco enganchou unha volea dende a frontal da área para marcar o 2-0.

No segundo tempo, entrou máis metido o conxunto muradán e aos cinco minutos da reanudación, Berto faría o terceiro para os seus.  A partir deste momento, acabou a resistencia do Ameixenda e sucedéronse as ocasións e os goles dos de Baño. Pesco no minuto 56, Berto no 67 e o golazo da tarde marcado por Thiago de media chilena, subirían o 6-0 definitivo.

SD San Lorenzo 3 – 1 Sporting Zas

SD San Lorenzo: Rubén, Fidalgo (Álex Fernández m.75), Luciano, Kuki (Diego m.70), Jose (Mario m.60), Brais, Fran, Ures (David Lorenzo m.70), Pablo Garrido, Juanjo e Pablo Díaz.

Sporting Zas: Vázquez, Tefy (Cristian m.84), Pablo Vidal, Dani Mato, Brais, Amado, Miguel (Álvaro m.72), Fabi, Santi, Lody (Rubén m.46) e Carra.

Goles: 1-0 m.69: Brais; 1-1 m.70: Carra; 2-1 m.72: Brais; 3-1 m.93: David Lorenzo.

Expulsións: O local Mario e o visitante Rubén, ambos no minuto 83.

No primeiro tempo, as ocasións brillarían pola súa ausencia e tan só o San Lorenzo contaría cunha boa triple ocasión que se quedaría en nada por mor de Vázquez, o longueiro e un defensa baixo paus, que se encargaría de desbaratar esta gran oportunidade dos verdilleses, polo que se chegaría ao descanso co resultado inicial.

Na reanudación, o Sporting Zas contaría con boas ocasións para adiantarse pero ata o longueiro se cruzaría no camiño dos zasenses.

Logo disto, chegarían uns minutos de auténtica loucura nos que Brais poñería por diante aos locais e case sen tempo para a celebración, o zasense Carra facía o empate a un. Pero a continuación, o San Lorenzo volvería a adiantarse cun novo gol de Brais.

A intensidade era máxima e nunha pequena tangana, Mario e Rubén eran expulsados e ambos equipos quedaban con dez xogadores sobre o terreo de xogo.

Xa co partido tocando ao seu fin, David Lorenzo faría o definitivo 1-3.

Na acta arbitral, David Vázquez Lema recolliu o seguinte: “No minuto 85, salta ao campo un afeccionado, non podendo ser identificado pola delegada do SD San Lorenzo, Dna. Marta García Varela, pero durante o partido animaba ao SD San Lorenzo.

Dito afeccionado golpea coa súa man, en forma de puño, na espalda ao xogador número 12 do Sporting Zas, D. Brais González Antolín, e dá unha patada ao xogador número 16 do Sporting Zas, D. Alejandro Amado Mato.

Unha vez abandonado o campo dito afeccionado, reanudo o partido.”

SCD Malpica 0 – 3 Mazaricos CF

SCD Malpica: Eusebio, Mante, Jorge, Fuentes, Dimitri, Laik, Andy, Gonzalo Vilariño, Jairo, Aitor, Marcos (David López m.69).

Mazaricos CF: Miguel, Cutu, Borja, Amoedo (Chiki m.74), Carreira (José m.84), Mario, Barbeira (Martín m.71), Estéfano (Alberto m.81), Thiago (Roberto m.58), Pereiro e Yago Dosil.

Goles: 0-1 m.13: Amoedo; 0-2 m.64: Estéfano; 0-3 m.67: Barbeira.

Árbitro: Edgar Soto Eiroa (Colexio coruñés). Expulsou ao malpicán Laik por dobre amonestación no minuto 64.

Chegaban con numerosas baixas ambos equipos a este encontro, no que o Malpica comezou moito mellor que un Mazaricos que non se atopou cómodo en ningún momento desta primeira metade.

Gonzalo Vilariño e Jairo creaban perigo constantemente, pero a máis clara sería para un Andy que se atoparía cunha gran intervención dun Miguel que volvería a ser protagonista ao facer un paradón a tiro de Gonzalo.

A pesares disto, sería o líder quen se adiantaría no marcador no minuto 13, despois de que Amoedo marcase de falta directa e co 0-1 se chegaría ao descanso.

Na reanudación, o Mazaricos cambiou totalmente a súa imaxe e Barbeira tería unha boa ocasión pero Eusebio gañaríalle a partida no man a man. E no minuto 64, chegarían dúas accións que deixarían o partido practicamente visto para sentenza posto que Estéfano faría o 0-2 logo do pase da morte de Barbeira, e Laik vería o seu segundo cartón amarelo.

E practicamente a continuación, Barbeira faría o definitivo 0-3.

Comentarios