Sábado. 20.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Muros engáncha o vagón de cabeza a costa do San Lorenzo

Ponteceso-Cerqueda nas Redondas-Fotos-David Antelo e Brais Pose
Imaxe do Ponteceso-Cerqueda nas Redondas-Fotos-David Antelo e Brais Pose
2ª Galicia: O Muros engáncha o vagón de cabeza a costa do San Lorenzo

Foi a nova máis destacada da xornada, a vitoria do Muros o sábado ante o San Lorenzo, que deixa aos dous equipos empatados na 4ª posición, permitindo que os 3 de arriba se distancien, pero moi lixeiramente. Non fallaron Ponteceso, Corme e Esteirana, se ben os dous primeiros tiveron que sufrir abondo para derrotar a Cerqueda e Buño.

Polo medio Muxía e Cee relanzan a súa posición.

 

Muros - San Lorenzo (1-0)

  • Muros: Xandre, Ra (Dani), Pelos, Dani Jurjo, Juanchy, Xaco, Varo (Gesto), Saúl (Berni), Kiko (Flavio), Xavi, Ivi (Ramón de Lira).
  • San Lorenzo: David Pena, Ures, Diego F., Javi Puñal, Raúl; Padin, Pablo Garrido, Diego Varela, Fuentefría, Alejandro Verdes, e Brais Cancela.
  • Goles: 1-0, m.75: Ivi.

Partido adiantado a tarde de sábado, no cal os dous equipos tíñanse moito respecto e non se tomaban ninguna situación de risco, sobre todo en fases de inicio do xogo. Esto levou a que se viran moi poucas ocasións polos dous lados e un partido pouco vistoso, aínda que de moita intensidade e loita sobre todo en fases defensivas. O balón era de cor celeste, e se Xavi e Kiko probaron primeiro a David, o meta carballés convertíase en heroe arando un penalti. Na outra banda o San Lorenzo mandou un balón ao longueiro.

O guión non cambia na segunda, con moito respecto e poucas ocasións ata que aparece Ivi cun golazo de falta para decantar a balanza. Puido caer o segundo notutro tiro libre que bate no pau, mentres que o San Lorenzo achuchaba no treito final con balóns arriba.

 

Muxía - Cabana (5-0)

  • Muxía: Ángel Luís, Pereira, Michael, Maikel, Conguito; Adrián, Mauro, Víctor, Edu, Nogueira e Isma. Tamén xogaron: Reigía, Álex, Julián, Toja e Mario.
  • Cabana: Víctor (Diego Suárez), Pablo Senande, Ismael, José, Dani Pose (Fernando Rodríguez), Aarón (Cristian), Manolo (Fernando Rey), Sergio, Moreno, Diego Cacha e Castro (Pablo Pose).
  • Goles: 1-0, m.15: Pereiro tras unha bonita xogada colectiva; 2-0, m.25: Manu Nogueira; 3-0, m.55: Isma Pose; 4-0, m.65: Toja; 5-0, m.80 Toja.

Vitoria clara do Muxía que aproveitou a falta de intensidade do Cabana e foi moi efectivo cara a porta, odo o contrario que os cabaneses que non foron capaces de marcar nin de penalti, cando con 2-0 aínda se puido ter metido no partido. O terceiro gol acabou co partido.

 

Buño - Corme (1-2)

  • Buño: Brais Álvarez, Espel (Martín, m.67), Manuel Varela (Brandon, m.86), David, Pablo Canedo, Miguel Dourado, Fran, Petis, Alesander, Zinho e Adrián.
  • Corme: Suso, Brais Pombo, Pandi, Toniño, Dani Casal; Brais Torrado (Javi Peón, m.45), Sergio Sueiro, Adrián Doldán (Diego, m.82), Brais Corral, Lucas (Alejandro, m.55), Samu Costa (Javi Bermúdez, m.77).
  • Goles: 1-0, m.22: Martín; 1-1, m.31: Pandi; 1-2, m.65: Alejandro.

Partido igualado, que non reflectiu a diferencia que hai na táboa. O Buño de Mauro esperaba ben prantado pero sen pecharse demasiado, ante o dominio cormelán, e de cando e vez sacaban un zarpazo, como o de Zinho para abrir o marcador aos 20 minutos. Tivo aínda outra ocasión pero o tanto local foi anulado por fóra de xogo. O Corme subía a súa liña de presión, e o empate chegaría dende o curruncho, saque de esquina botado por Casal e Pandi remata o fondo da mallas.

A segunda parte foi un dominio constante dos visitantes, onde o meta Brais fixo que o Buño aguantase no partido ata o final. Primeiro nun tiro de Casal dende a frontal que saca moi ben abaixo. Logo nun man a man con Samuel que logra tocar o balón e acabaría dando no travesaño. Non poderia evitar o meta local o remate de cabeza de Alejandro nunha falta executada por Casal. O Buño á contra puido empatar pero Brais salvou algunha ocasión que puido ser a sentenza dos cormeláns.

 

Cee - Castriz (3-0)

  • Cee: Joselu, Borja (Leo, m.46), Jorgito, Aitor, Coté, Ezequiel, Luís Lojo (Rubén Yaya, m.63), Josiño, Chema, Bruno e Patera.
  • Castriz: Alvarito, Carlos Paredes, Alex Mourelle, Adrián (Brais Sendón, m.30), Espi, Chiki (Jesús 68'), Anxo, Iván Pastoriza, Pablo Martínez (Alex Forján, m.56), Rubén Blanco (Rompe, m.56), Sebas.
  • Goles: 1-0, m.11: Ezequiel tras unhaboa internada de Borja; 2-0, m.33: Coté de cabeza nun córner botado por Ezequiel; 3-0, m.80: Leo.

Empezou o partido sen dominador claro, pero nun erro da defensa visitante, permitiu aos ceenses colocarse por diante, e ter unha primeira metade moi cómoda ante un cadro xalleiro que, coma sempre que sofre un golpe, vense abaixo. O Cee dominaba o xogo e Coté marcaba de cabeza cun remate dende moi arriba, para ampliar a renda ao descanso. O Castriz tivo un par de contras de Sebas que non colleron portería.

Na segunda metade intentaron cambiar o rumbo do partido os de Miguel Chouza, dando dous pasos adiante, pero o Cee soubo colocarse atrás, intentar manter o balón do seu lado, pero sen precisión. Os de Miguel Chouza tiveron un par de ocasións, como unha falta de Espi ao pau, ou Sebas marrou a bocajarro, pero co vento en contra facíase moi difícil a remontada, e mataron á contra os locais cun gol de Leo tras unha xenial asistencia de Rubén Yayá, amagando para regatear ó porteiro e definir perfectamente.

 

Ponteceso - Cerqueda (4-3)

11 do Ponteceso nas Redondas-Fotos-David Antelo e Brais Pose

  • Ponteceso: Rubén, Isaac, Moscoso, Juanjo, Luca, Alberto Recarey, Nando, Martín Puente (Maradona, m..55), Abel Torres (Eloy Álvarez, m..82), Charro (Mendieta, m..67), Xuco.

11 do Cerqueda nas Redondas-Fotos-David Antelo e Brais Pose

  • Cerqueda: Darío, Marcos Pensado, Javi Pazos, Javi Souto, Breo, Lorenzo, Dani, Eloy, Iván Rojo, Estefan, Méndez.
  • Goles: 1-0, m.6: Charro; 1-1, m.17: Iván Rojo de falta; 2-1, m.32: Charro aproveita un rexeite do pau a un tiro de Xuco tras un bo pase de Alberto Recarey; 3-1, m.42: Alberto Recarey; 3-2, m.56: Iván Rojo de penalti; 4-2, m.72: Xuco de penalti; 4-3, m.86: Iván Rojo.

Ponteceso e Cerqueda nas Redondas-Fotos-David Antelo e Brais Pose
Ponteceso e Cerqueda, saltando con Óscar Santos, nas Redondas-Fotos-David Antelo e Brais Pose

Partido pasado por auga nas Redondas, que non permitía moita combinación, pero si chegadas continuas ás dúas áreas. Adiantábase o cadro pontecesán pero pronto empataba o Cerqueda, con bos minutos creando perigo polas bandas.

Pero o Ponteceso volviu coller o mando no ecuador do primeiro tempo, e do pé de Alberto Recarey saíron dous tantos antes do descanso, o terceiro un auténtico golazo.

Saí máis enchufado o Cerqueda na segunda, presionando arriba e facendo dano, e pronto Iván Rojo transforma un penalti dubidoso para meterse de cheo no partido. Co 3-2, ademais dun tiro de Iván Rojo ao pau e un remate de Javi Souto nun córner, chega unha xogada clave, un man a man de Iván Mato, que regatea ao porteiro do Ponteceso e pide penaltipor derribo que o árbitro non ve.

Á volta, o colexiado sinalaba penalti na outra área que Xuvo non perdoa, parafacer o 4-2, ante o que o Cerqueda non decae, volve recurtar e apreta ata o pitido final. Partido no que a UD quedou descontenta coa labor arbitral.

 

Esteirana - Zas (4-0)

  • Esteirana: Alex de Yi, Dani Corniños (Juan Formoso, m.80), Code, Tobío (Priegue, m.81), Adrian Maroñas; Pablo Rama (Pachi, m.71), Samuel Pensado, Alex Rama, Raúl Lestón, Elías Ruso (Simón Figueiras, m.77), Carajillo.
  • Zas: Puyol, Bruno, Brais (Martin, m.77), Miguel (Xabi, m.46), David Velo (Damián, m.56), Kevin (Hugo, m.56), Manu, Adrián (Eloy, m.62), Manu Guillamet, Anderés, Molinos.
  • Goles: 1-0, m.10:Carajillo; 2-0, m.40: Code; 3-0, m.60: Pablo Rama; 4-0, m.84: Raúl.

Partido sen demasiada tensión, onde a Esteirana aproveitou a feble actuación da defensa zaseira, marcando xa moi pronto. O gol relaxou aos locais, que entrou nunha dinámica de erros tontos en pases fáciles que custaban algunha contra dos de Raúl Periscal, que non estaban tampouco acertados. Code facía o segundo pouco despois de Álex de Yi salvase o empate.

Na segunda parte, pouco a pouco, foi mellorando o cadro local, e foron chegando os goles, mentres o Zas perdía as ocasións que tiña.
Ao final, resultado algo abultado para o visto no campo, pero que tamén reflexa a situación dun Zas que acabou con 5 xuvenís sobre o céspede do Xosé Luís Vara. Un Zas en estado de emerxencia pero que conta con confianza para saír do pozo.

 

Lira - Coristanco (3-2)

  • Lira: Baba, Marcos (Maikel), Óscar, David, Eloi, Borja, Miguel, Toni, Oliver, Mamadou (Josiño) e Cristian (Costiña).
  • Coristanco: Rubén, Samuel, Sergio (Diego, m.90), Rubio, Abelenda (Mato, m.68), Pazos, Alex, Dani (Fabián, m.81), Adrián (Villajos, m.56), Corral, Mario.
  • Goles: 1-0, m.3: Toni; 1-1, m.11: Corral; 1-2, m.13: Samuel; 2-2, m.75: Oli; 3-2, m.80: Maikel.

Fermoso partido o vivido en Lombáns, do melloriño do curso, con dous equipos intentsos facendo bo fútbol e con fases diversas e alternativas no xogo, así como chegadas ás áreas. Comezou marcando Toni para o cadro de Juan Rey, pero os de Juni reaccionaron e demostraron que non están aí por casualidade. Doulle a volta ao marcador con dous goles tempraneiros, e mandando ata o descanso.

Saíron os locais moi enchufados na segunda, e creaban perigo, pero o empate non chegaría ata o treito final, xa cando o puntiño físico que mantiñan os lirachos permitíalles seguir facendo presión e inclinar o campo cara a meta de Rubén. Apareceu o capi, Oli, e pouco despois Maikel para volver a darlle a volta ao marcador e deixar na casa tres puntos importantes ante un gran Coristanco.

 

Malpica - Baiñas (1-2)

  • Malpica: Damian Gomez, Andy, Belar, Cristian, Laik, Migueliño, Alberto, Marquitos (Cristian Pace, m.46), Alberto Hombre (Juan Abelenda, m.75), Orgueira (Róber, m.67), Michi Castro (Costin, m.69).
  • Baíñas: Brais, Rodri (Héctor, m.46), Samuel, San Fins, Eloy Trigo, Esteban, Toño, Abel, Baba, Canosa, Dieguito (Cristian Hermida, m.62).
  • Goles: 1-0, m.14: en propia; 1-1, m.56: Baba de penalti; 1-2, m.88: Canosa tras un rexeite a un saque de banda.

Con 13 xogadores presentouse o cadro de Barca, dous tocados e mesmo dous xogadores tiveron que acabar no hospital (Dieguito levou un bo golpe que tivo que ir ao Hospital e foi operado de urxencia por ter a narís rota; e Rodri tamén tivo que marchar fdacer probas por unha posible rotura nun dedo). Pero a brega que demostraron os vimiancesese en Pedra Queimada foi tremenda, nun partido de moito balón directo, moita pelexa, moito balon aéreo e segundas xogadas nun anegado campo que non estaba para calidade.

Comezou marcando o Malpica, cun Michi Castro cada vez que collía o balón metía medo, pero a súa lesión na segunda metade mermou o potencial dos de Gurita. O Baíñas intentábao a balón parado, e nunha desas xogadas chega un penalti que transforma Baba ao comezo da segunda.. O segundo chega tras un saque de banda longo, tras un rexeite, xa no treito final do partido.

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios