Martes. 23.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Os de arriba seguen ao seu

2ª Galicia: Os de arriba seguen ao seu
O Muxía celebrando a súa vitoria ante o Baíñas Mazaricos, Corme e Muxía non sacan o pé do acelerador e seguen acumulando vitorias que lle permiten distanciarse dos seus máximos perseguidores, como son o Ponteceso que non logrou pasar do empate no Pinguel ante un Buño que segue dando mostras da súa mellora nas últimas xornadas, e o Baíñas que caía ante os muxiáns nun partido que tivo a súa dose de polémica. Quen se está a mostrar moi forte nestas últimas xornadas é o Volantes de Baño que logrou unha goleada de escándalo no derbi ante o Muros. Pola súa banda, Cerqueda e Sporting Zas lograron dúas importantes vitorias para achegarse ao seu obxectivo ante San Lorenzo e Monte Louro, respectivamente. Mentres tanto, o Lira remontou o tanto inicial do Malpica para saír dos postos de descenso directo, os cales ocupan Ameixenda, Muros e Monte Louro.

Muxía CF 1 – 0 CD Baíñas

Muxía CF: Hugo, Congui, Tomás (Gerardo m.84), Michael, Brais, Maikel, Mauro (Julián m.89), Víctor Alcaina (Gora m.67), Manu Nogueira, Isma Pose, Toja (Mario m.78). O Muxía antes do encontro ante o Baíñas coas camisetas de ánimo ao seu compañeiro lesionado Adrián Alcaina CD Baíñas: Paulo, Ramón, Luis (Esteban Rodríguez m.78), Mayor, Esteban Canosa, Pablo Muíño, Felipe (Naya m.54), Javi, Oreiro (Rodri m.49), Toño, Capote (Cristian Canosa m.82). Gol: 1-0 m.2: Manu Nogueira. Partido moi intenso no que o Muxía saíu un pouco máis enchufado que o rival e iso fixo que aos dous minutos de xogo, Manu Nogueira adiantase aos seus no marcador. Pola súa banda, o Baíñas daba mostra do gran potencial co que conta pero o gran traballo defensivo dos locais evitou que os vimianceses lograsen crear perigo nesta primera metade. Tralo paso por vestuarios, os visitantes meteríanlle unha marcha máis ao encontro e apretarían a un Muxía que puido matar o encontro á contra ante un Baíñas que tamén tivo as súas e que vería como lle anulaban un gol a Javi por un protestado fóra de xogo. Pero a polémica non se quedaría aquí xa que nos minutos finais, os de Emilio Corzón reclamarían un posible penalti por man dun xogador local, pero o colexiado non sinalaría nada e o encontro remataría coa vitoria pola mínima dos de Adrián Lema.

Corme CF 3 – 2 UC Cee

Corme CF - UC Cee. Foto: Fin Lema. Corme CF: Suso, Jesús, Sueiro (Alejandro m.19), Eloy, Manu Bermúdez, Adrián Doldán (Brais Torrado m.94), Lucas, Brais Andrade (Samu m.68), Toniño e Javi Peón. UC Cee: Maikel. Fran, Pablo, Jorgito, Carlos Leis, Aitor (Jose Carballo m.88), Javi, Martín, Leo (Fabián m.86), Patera, Brais (Iván Figueroa m.61). Goles: 1-0 m.9: Jorgito en propia porta; 1-1 m.15: Aitor; 2-1 m.41: Lucas; 2-2 m.58: Patera; 3-2 m.88: Alejo. Expulsión: O ceense Fran no minuto 84 por dobre amonestación. O Cee estivo a piques de dar a machada no Cairo e levarse un punto que se lle escapou in extremis. Nun encontro sen claro dominador, o Corme adiantaríase cun cabezazo de Javi Peón á saída dun córner sacado por Adrián Doldán. Non se faría de rogar a resposta dos da vila da Xunqueira e Aitor devolvería as táboas cun remate de cabeza nunha falta lateral. O partido seguía sen ter dono e ao fío do descanso, aparecería de novo Adrián Doldán para deixar a Lucas só ante Maikel para que o capitán cormelán superase ao gardameta visitante no man a man. Tralo paso por vestiarios, nunha nova falta lateral do Cee, Patera lograría de novo o empate. A raíz do gol da igualada, o Corme deu un paso á fronte e Maikel cunha gran intervención evitaría o gol dun Alejo que faría o definitivo 3-2 no minuto 88, como non, a pase dunh Adrián Doldán que completaba o seu hattrick de asistencias.

Ponteceso SD 1 – 1 Buño SCD

Ponteceso SD: Brais, Adrián Pose (Iago m.75), Moscoso, Matias, Puente (Eloy Trigo m.79), Dani Cotelo, Alberto Recarey, Mendieta, Nando, Iván Rodríguez (Charro m.46), Eloy Álvarez (Aday m.67). 11 inicial do Ponteceso ante o Buño. Foto: David Antelo. Buño SCD: Brais, David, Manoliño, Pablo, Matías, Jorge Calvete, Cristian (Yamouhamed m.46), Álex (Amadou m.86), Juan (Brandón m.67), Borja e Petís. Plantel do Buño SCD. Foto: David Antelo. Goles: 1-0 m.10: Nando; 1-1 m.40: Petís. O Ponteceso saíu moi ben ao encontro, tocando ben o balón e no minuto 10, Nando adiantaría aos locais. Tras isto, os pontecesáns seguirían tendo moita posesión pero escaso perigo, mentres que o Buño creaba perigo ao contragolpe. Adrián Pose puido aumentar a vantaxe dos seus pero o seu testarazo marcharíase fóra por pouco. E a partir desta ocasión, chegarían as perigosas embestidas do Buño por medio de Juan e Petís, nas que o gardameta pontecesán Brais se erixiría coma o máis destacado. Tanto foi así que o porteiro local realizou unha gran intervención nunha falta moi perigosa lanzada por Juan, mentres que Petís si que lograría ver portería cun auténtico golazo para devolver as táboas ao marcador. O Buño puido marchar con vantaxe aos vestiarios pero Brais gañaríalle a partida a Juan nun lanzamento dende os once metros, deixando así o partido co empate no electrónico. A segunda parte, máis do mesmo, moita posesión do Ponteceso pero sen ocasións claras de gol, mentres que o Buño estivo ben pechado para buscar crear perigo á contra. O gardameta oleiro faría unha gran intervención nunha falta lanzada por Matías e pouco despois faría o propio a tiro de Recarey. Nando tamén tería protagonismo pero non sería quen de materializar un tiro dende a frontal e ademáis, vería como lle anulaban un gol por fóra de xogo. Ponteceso SD - Buño SCD. Foto: David Antelo. Matías tivo a máis clara nun penalti que estrelaría contra o longueiro, polo que o marcador seguiría sen moverse. Co empate a un no luminoso, foi morrendo o encontro onde cara o final, Brais tivo que volverse a lucir sen máis ocasións, nunha tarde de porteiros no Pinguel.

CD Muros 1 – 7 Volantes de Baño FC

O Volantes de Baño celebrando a vitoria no derbi muradán. CD Muros: Xandre (Matías m.61), Berni (Rubén m.46), Juachy, Eloy (Suso Pata m.46), Yerai (Dani m.46), Ramón, Álex Siaba (Xandre Costids m.64), Varo, Xavi, Saúl e Xoaquín. Volantes de Baño FC: Javira, Thiago (Tiko m.70), Cajulo (Yeray m.58), Santi, Godo (Rapante m.70), Pesco, Iván, Berto, Rachón, Jano (Mou m.64) e Álex Pri. Goles: 0-1 m.19: Cajulo; 0-2 m.24: Álex Pri; 0-3 m.28: Thiago; 0-4 m.40: Berto; 0-5 m.57: Berto; 0-6 m.59: Pesco; 0-7 m.64: Pesco; 1-7 m.69: Ramón. O resultado do derbi muradán o di todo. Un Volantes que estivo practicamente perfecto en todas as facetas do xogo, logrou unha goleada de escándalo ante un Muros que sufriu un auténtico vendaval que só logrou conter durante dezanove minutos. A partires dese momento, os goles foron caendo un tras outro ata os sete que lle farían os de Baño aos muradáns. Ramón foi o encargado de facer o gol da honra para poñer o definitivo 1-7 no marcador.

UD Cerqueda 2 – 0 SD San Lorenzo

Molinos e Pablo Díaz disputan un balón no UD Cerqueda - SD San Lorenzo. Foto: UD Cerqueda UD Cerqueda: Diego Dourado, Atu, Javi Souto, Javi Pazos, Dieguito (Martín Castro m.75), Lorenzo (David Dourado m.85), Ceide (Gonzalo m.60), Dani, Molinos (Julián m.80), Martín Añón, Míchel (Cholo m.70). SD San Lorenzo: Benjamín, Fidalgo (Álex Fernández m.70), Luciano, Kuki (David Lorenzo m.70), Diego (Ures m.70), Jose, Fuentefría, Yago, Juanjo, Styven (Pablo Garrido m.54) e Pablo Díaz. Goles: 1-0 m.43: Dani (p); 2-0 m.50: Atu. Partido moi igualado e con poucas ocasións de goles, pero xusto antes do descanso, o capitán do Cerqueda, Dani, poñía por diante aos seus ao transformar unha pena máxima. Tralo paso por vestiarios, os locais farían o segundo nunha falta que sería rematada por Atu ao fondo da rede. A partir dese momento, o Cerqueda cederíalle a posesión do balón ao San Lorenzo e trataría de sentenciar á contra. Pero tería que aparecer Diego Dourado en dous disparos dos visitantes para manter a portería a cero e para que os tres puntos se quedasen en Xaviña. Disputa entre Diego e Martín Añón no UD Cerqueda - SD San Lorenzo. Foto: UD Cerqueda.

Lira CF 3 – 2 SCD Malpica

Lira CF: Baitir, Óscar, Cristian, Josiño, Badara (Gabi da Anchoa m.38), Óliver (Jose m.75), Cristian Caamaño (Adrián m.89), Mamadou (Manuel m.85), Borja, Raúl (Porto m.83) e Toni. SCD Malpica: Eusebio, Mante, Belar (Roberto m.85), Dimitri, Capelán (Marcos m.73), Jorge, Migueliño, Laik (Andy m.60), Jairo, Gonzalo Vilariño e Aitor. Goles: 0-1 m.8: Jairo; 1-1 m.56: Cristian; 2-1 m.73: Cristian Caamaño; 3-1 m.76: Cristian Caamaño; 3-2 m.93: Marcos. Comezaba moi ben o partido para un Malpica que lle imponía un ritmo alto ao xogo e que lograría adiantarse no minuto 8 por medio de Jairo. E co marcador ao seu favor, os malpicáns dominarían ata o tempo de lecer. Tralo paso por vestiarios, os visitantes mostráronse frouxos en defensa e o Lira aproveitaría esta circunstancia para darlle a volta ao marcador con goles de Cristian e de Cristian Caamaño por partida dobre. A raíz disto, o Malpica intentaríao con máis corazón que cabeza e xa no tempo de desconto, Marcos faría o definitivo 3-2, polo que os tres puntos quedarían en Lombáns.

SD Ameixenda 0 – 3  Mazaricos CF

SD Ameixenda: Bicho, Po, Bruno, Samuel, Cristian, Saulo (Juanfran m.61), Castrexe, Po (Gabi m.70), Pablo (Mataso m.46), Tomás e Javichu. 11 inicial do Ameixenda ante o Mazaricos. Foto: SD Ameixenda. Mazaricos CF: Miguel, Cutu, Borja, Pose, Carreira (José m.73), Estéfano, Capelo, Martín (Piki m.78), Yago Dosil (Thiago m.56), Pereiro (Roberto m.63), Chiki (Barbeira m.51). Goles: 0-1 m.14: Borja; 0-2 m.43: Capelo; 0-3 m.94: Barbeira. Partido máis competido e igualado do que reflexa o marcador, tendo en conta tamén que o terceiro gol xa foi no minuto 94. Si ben é certo que o Mazaricos levou sempre a iniciativa no partido, con moitos centros e córners, pero sen ocasións claras de gol. O Ameixenda defendía con certo orde ata que no minuto 14, Bicho rexeitou dous remates consecutivos a tres metros da portería, pero o terceiro xa non puido paralo e Borja faría o 0-1. Non se descompuxo o Ameixenda e no minuto 17, Kamacho entraba na área do Mazaricos sendo derribado pero o árbitro non considerou suficiente o contacto para sinalar penalti, cando parecía bastante claro. Continuaba a igualdade ata que no minuto 43, Capelo facía o 0-2 cun disparo dende o pico da área ante o que nada puido facer o porteiro local. O segundo tempo foi similar ao primeiro en canto a xogo pero con máis ocasións de gol, sobre todo do Mazaricos, que obrigaron a Bicho a facer varias intervencións de mérito. Polo Ameixenda, Castrexe desde dentro da área grande e Tomás dende uns 35 metros puideron marcar, e xa cando parecía que o encontro remataba co 0-2, Barbeira facía o terceiro para os seus no minuto 94.

Sporting Zas 2 – 1 UD Monte Louro

Sporting Zas - Monte Louro Sporting Zas: Vázquez, Juan, Josito, Manu, Brais (Amado m.46), Santi, Fabi, Pablo Vidal, Carra (Miguel m.70), Rubio (Rubén m.92), Dani Mato (Álvaro m.90). UD Monte Louro: Iago, Abel, David, Borja, Pablo (Pedro m.79), Adrián, Ivi (Rama m.70), Gelo, Geiko (Iker m.56), Juan de Celia, Sambade (Miguel m.85). Goles: 0-1 m.22: Juan De Celia; 1-1 m.29: Dani Mato; 2-1 m.48: Dani Mato. Expulsión: O adestrador visitante Óscar Leis no minuto 25. Triunfo moi protestado do Sporting Zas despois de que o colexiado sinalase un penalti inexistente sobre Rubio. O resultado demostra a igualdade entre ambos equipos e a pesares de que o Monte Louro logrou adiantarse no marcador por medio de Juan de Celia, os zasenses estarían un pouquiño mellor sobre o terreo de xogo, aínda que lograrían o empate nunha xogada máis que polémica na que o colexiado sinalase un penalti inexistente sobre Rubio, lanzado por Dani Mato e que despexaría Iago en primeira instancia, pero que resolvería o 11 local de segundas. Na reanudación, Dani Mato dáballe a volta ao marcador e a partir dese momento, o Monte Louro pechou ao Sporting Zas en campo propio pero non lograría crear excesivo perigo sobre a portería defendida por Vázquez. Mentres tanto, os zasenses intentábano á contra pero o marcador non se movería.

Comentarios