Xoves. 25.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Ponteceso e Esteirana pinchan e deixan pasar ao Corme

Brais no Corme-Buno-Foto-Fin Lema
O Corme non fallou ante o Buño no Cairo-Foto-Fin Lema
2ª Galicia: Ponteceso e Esteirana pinchan e deixan pasar ao Corme

4 xornadas consecutivas levamos con cambio de líder. A igualdade da Liga da Costa vai provocar que a pelexa entre os tres de arriba sexa ben bonita porque xa ninguén se pode despistar. Desta volta, o Ponteceso, que chegaba líder, non pasou do empate, e gracias, en Xaviña. Máis sorprendente foi aínda a derrota da Esteirana en San Andrés, ante o pechacancelas. Así, o Corme, que non fallou ante o Buño, métese líder, cun punto sobre o Ponteceso e 3 sobre a Esteirana, a falta de 5 xornadas para o remate.

Na zona baixa, ata o Muros ninguén se pode despistar dos temidos arrastres. A día de hoxe o Baíñas descendería se caen Volantes, Mazaricos ou Volantes da 1ª, pero a seguinte praza de arrastres involucra a Cabana, Lira, Cerqueda, Malpica e Muros, despois de que o Castriz golease ao Cee e pegue un salto.

 

Coristanco - Lira (1-4)

  • Coristanco: Rubén, Samu, Rubio, Damián, Sergio, R, Mario, Jose, Corral, Álex e Joni. Tamén: Villajos, Álvaro, Javi e Casti.
  • Lira: Álex, Óscar, David, Maikel (Raúl), Josiño, Miguel, Mamadou (Manu), Toni (Marcos), Thiago, Cristian (Oliver)
  • Goles: 0-1, m.20: Cristian de xogadón; 0-2, m.56: Thiago; 1-2, m.67: Villajos; 1-3, m.78: Oli tras un pase xenial de Toni; 1-4, m.85: Oli de cabeza.

Vitoria contundente e merecida do Lira nun partido, en todo caso, máis disputado do que sinala o marcador. Dous equipos intensos disputando todos os balóns e con ocasións por ambas partes. Quizais o Lira tivo máis o control na primeira, pero a primeira ocasión foi para os locais, cun man a man que atalla o meta Álex, no seu terceiro partido tras chegar dende o banco da Esteirana.
O Lira comezaba a pegar. O primeiro gol foi un xogadon individual de Cristian que regateou a 5 xogadores para acabar cunha xenial finalización.

O segundo un gol, de poderío e contundencia de Thiago, chegaba ao pouco de comezar a segunda metade. Entón nun barullo recurtaba Villajos, pero era un espellismo xa que rapidamente Oli marcaría dous goles para sentenciar.

 

San Lorenzo - Muros (2-2)

  • San Lorenzo: David, Alex, Diego Fidalgo, Iglesias, Diego Vartela, Ures, Verdes, Bras Cancela, Yago Varela e Padín. Tamén: Luciano, Pablo Garrido, Styven, Puñal e Alexis.
  • Muros: Xandre, Javi, Iván Cerilla, Gesto, Varo, Xabi, Dani Jurjo, Kiko, Daniculas, José Cacharro, Flavio. Tamén: Berni, Xoaquín, Bruno e Ramón.
  • Goles: 1-0, m.11: Brais Cancela; 1-1, m.39: Gesto; 1-2, m.84: Xabi aproveita un rexeite a tiro de Pelos; 2-2, m.95: Luciano.

San Lorenzo-Muros nas Pedreiras

Partido moi disputado, moi físico, nas Pedreiras na que o equipo local xeraba ocasións a traves de triangulacións por banda e o equipo visitante a través dun futbol directo que lle xeraba moito perigo a defensa local. Pronto se adiantaría o cadro de Santi Cambón, logo dun saque de banda longo. O Muros iríase estirando e creando perigo, como nun man a man que Xavi non consegue definir.O empate viría cun gol de Gesto, logo dun saque longo do noso porteiro Xandre que chegou de área a área.

Na segunda empezou ben o San Lorenzo, pero o choque ía igualándose. Jose Cacharro moi peleón tivo varios disparos pero o gol non chegaría ata o último treito. Xabi aproveitaba un rexeite para colocar o 1-2. O San Lorenzo meteuse arriba, e comezou a bombardear á área visitante. O partido alongouse e o cadro local aproveitou o desconto para igualar o marcador.

 

Castriz - Cee (7-0)

  • Castriz: David Gerpe, Alex, Carlos, Rubén, Espi, Diego, Martin Gemelo, Martín, Anxo, Mata e Iván Pastoriza. Tamén: Alvarito.
  • Cee: Joselu, Brais Rey, Jorgito, Patera, Leandro, Martín, Eze, Tomás, Leo, Jose, Bermúdez. Tamén: Xacobe e Iago Trillo.
  • Goles: 1-0, m.1: Martín Gemelo en boca de gol tras centro de Iván Pastoriza; 2-0, m.10: Espi dende o pico da área tras un córner en curto; 3-0, m.22: Martín Gemelo define no man a man tras un pase de Espi de rabona; 4-0, m.35: Adrián García remata un córner sacado por Alex Forján; 5-0, m.52: Adrián García de volea desde fóra da área; 6-0, m.68: Alvarito de tiro desde dentro da área; 7-0, m.79: Martín Gemelo a centro de Alex Forján.

Moitas baixas nos dous equipos, cun Castriz que chegaba cun só suplente (o porteiro Alvarito) e cun Cee que chegou ata con cadetes. O Castriz, un pelín máis necesitado pasa saír do perigo dos arrastres, tomou o partido con máis intensidade ante un Cee que intentou non sufrir máis baixas.

 

Cerqueda - Ponteceso (1-1)

  • Cerqueda: Darío, Dani, Marcos Pensado, Javi Souto, Lorenzo, Breo, M. Breo; Nacho, Nico, Diego e Lagoa. Tamén: Víctor, Estefan, Julián e Javier.
  • Ponteceso: Rubén, Luca, Isaac, Juanjo, Ismail (Charro, m..57), Dani Cotelo (Xuco, m.46), Mendieta, Alberto Recarey, Maradona, Abel Torres, Eloy Álvarez (Aday, m.60)
  • Gol: 1-0, m.6: Nacho tras unha falta; 1-1, m.88: Xuco.

UD Cerqueda-Ponteceso SD-Foto-David Antelo e Brais Pose
Foto-David Antelo e Brais Pose

Pouco fútbol na tarde de onte en Xaviña, nun partido marcado pola expulsión do local Nacho, que despois de abrir o marcador deixaba aos seus con 10 xogadores (por dúas faltas que valeron 2 cartóns) para disputar 70 minutos. O Ponteceso intentaba mover o balón ante un Cerqueda xa ben armado atrás, e só unha falta de Recarey ao pau creou verdadeiro perigo no primeiro tempo, se ben Abel Torres e Eloy Álvarez tamén rondaron a área de Darío. Diego, na outra área, mandaba alta unha vaselina.

Na segunda parte, o Ponteceso dominaba e dominaba pero non conseguía romper a tea de araña dos locais. Era un frontón o partido cunha defensa e un Darío espectaculares. Mara enviaría un balón o pau, Lagoa tiña que sacar un balón baixo paus, Alberto colgaba balóns unha e outra vez… Pero á contra tamén facía o Cerqueda estar atentos a Rubén.

No treito final, a base de colgar balóns, chegou o tanto, tras unha falta botada por Recarey, cabecearía cara atrás Xuco facendo o empate.

 

Zas - Esteirana (3-2)

  • Zas: Puyol, Brais Espasandín (Marcos, m.70), David, Xabi, Atu, Moli, Iván, Fabi, Manu, Dani (Hugo), Manu GUillamet (Kevin),
  • Esteirana: MJ: Pablo Fdez., Tobío, Dani Rama, Dani Corniños, Alex Rama, Adri, Xián, Pachi, , Elías Ruso. Tamén: Kevin, Fari, Carajillo, Fer e Jorge.
  • Goles: 0-1, m.5: Alex Rama a saque de esquina; 1-1, m.6: Moli; 2-1, m.21; Manu Guillamet tras un bo roubo; 2-2, m.59: Alex Rama; 3-2, m.89: Kevin tras unha deixada de tacón de Moli.

A Esteirana caeu en San Andres-Foto-Roberto

Vitoria do colista ante un dos líderes, nun dos mellores partidos dos de Periscal, cun equipo no que 5 xuvenís deron a cara, e un cadro esteirán ao que non lle saíu nada. O choque comezaba tolo con dous goles en 5 minutos. O choque estaba igualado, ata que un roubo de Manu Guillamet puña en vantaxe aos locais.

Tralo descanso a Esteirana tomaba o mando con maior intensidade e pronto empataba Alex Rama, metendo os nervios no cadro local e albiscando unha nova remontada. Pero o Zas reaccionou e saía á contra con moito perigo, e no treito final, Damián avisaba antes do gol de Kevin, e mesmo puido ampliar a renda no desconto.

Baíñas - Malpica (0-0)

11 do Bainas ante o Malpica-Foto-Fede
11 do Baiñas ante o Malpica-Foto-Fede

  • Baíñas: Paulo, Rodri, Luís, Cristian Canosa, Esteban, Oreiro, Antelo, Eloy García, Samuel, Cristian Hermida e Piñeiro. Tamén: Canosa, Baba e Santi Díaz.

11 do Malpica en Vimianzo-Foto-Fede
11 do Malpica en Vimianzo-Foto-Fede

  • Malpica: Damián, Dimitri (Migueliño, m.46), Ceide, Juan Fuentes, Belar, Laik (Xaco, m.65), Esmorís, Mante, A. Hombre (Kevin, m.85), Aitor (Brais Cean, m.70) e Gurita.

A novidade do choque era a sorprendente chegada de Miguel Ángel Rodríguez ao banco do Malpica. O que comezaba a temporada facéndose cargo do Buño toma agora o mando do veciño cadro malpicán, e comezaba cun empate en Vimianzo, nun partido onde as defensas se impuxeron aos ataques. O Baíñas tivo máis ímpetu e as mellores ocasións, sobre todo na primeira metade, convertindo ao meta Damián no mellor dos visitantes.

 

Corme - Buño (4-1)

  • Corme: Illote, Jesús, Alejandro, Josiño, Javi Peón, Dani Casal, Aitor, Brais, Sergio Sueiro, Adrián Doldán, Alejo. Tamén: Suso, Brais Pombo, Eloi, Lucas e Brais Torrado.
  • Buño: Toni, Fabián, Miguel Dourado, Adrián, Bastón, Álex, Josito, Martín, Fran, Elías, Martín, Castro. Tamén: Brais.
  • Goles: 1-0, m.8: Alejo; 2-0, m.60: Alejo de penalti; 3-0, m.64: Dani Casal empurra un bo pase de Adrián Doldán; 4-0, m.69: Alejo de penalti; 4-1, m.65: Elías coa axuda dun defensa.

Chegaba o Buño xustiño de efectivos a Corme e notouse. Ben armados atrás esperaban os de Mauro, aguantando ben, pero nun erro defensivo Alejo abría o marcador aproveitando un balón solto na área. Seguía dominando o Corme pero só con tiros dende a frontal, mentres á contra Eías, Ziho e Josito facían estirarse a Illote.

Tralo descanso, tras un cuarto de hora igualado, en 10 minutos tolos abertos por un penalti cometido sobre Toniño, sentenciaría con 3 tantos.

 

Cabana - Muxía (3-1)

  • Cabana: Víctor, Aarón Rubén (Ismael), Raúl, Duda (Manolo), Castro (Stiven), Diego Cacha, Sergio, Diego Moreno, Pablo Senande, Simón (Fernando Rey).
  • Muxía: Hugo, Pereira, Maikel, Alex, Tati, Julián, Mauro Romaní, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Isma Márquez, Manu Nogueira. Tamén: Toja, Mario, Xan, Rati e Abel.
  • Goles: 1-0, m.17: Castro; 1-1, m.50: Abel; 2-0, m.60: Diego; 3-1, m.69: Simón.

Cabana-Muxia nas Redondas-Foto-Felipe

Saíu o Muxía ca intención de controlar o partido e o Cabana estaba algo tímido nos primeiros minutos deixando que se aproximaran os visitantes con perigo con balóns ás costas da defensa local sobre un Manu Noqueira que traía en xaque a defensa local. Pero ata en 8 fóras de xogo caeron os muxiáns. Pouco a pouco foi aumentando a súa presión o Cabana e froito dun roubo de balón adiantaron os cabaneses por medio de Castro. Seguiu o Muxía buscando o seu home máis perigoso en balóns longos, e mesmo Víctor Alcaina puido empatar de falta.

Xa no segundo tempo o Muxía apretaba en campo contrario é nun corner empataba por medio de Abel. Eran momentos delicados para o Cabana, e Manu Nogueir e Víctor Alcaina puideron meter por diante aos de Leis e Lobelos. E xusto cando mellor estaban os visitantes, nun balón longo Simón foi derrubado cando enfilaba a portería. O colexiado expulsaba a Tati cando dende Muxía aseguran que a falta foi cometida por Maikel. No saque da falta marcaría Moreno o 2-1 para os de José Manuel, co que falabamos a pasada semana tras sumar a súa 7ª xornada sen perder (8ª con esta).

Puido empatar o Muxía nun man a man pero Víctor estivo máis fino que un Manu Nogueira, que pouco despois vería o segundo cartón por, ao entender do colexiado, simular un penalti. Simón faría o terceiro (en posible fóra de xogo segundo protestaron os visitantes) e aínda expulsaría a un terceiro xogador muxián o colexiado, Maikel Mouzo, por unha entrada sobre o tempo final.

Comentarios