Sábado. 20.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Ponteceso supera á Esteirana

Juanjo tivo que ponerse baixo paus no Ponteceso-Esteirana-Foto-Brais Vazquez e David Antelo
Juanjo tivo que ponerse baixo paus no Ponteceso-Esteirana-Foto-Brais Vazquez e David Antelo
2ª Galicia: O Ponteceso supera á Esteirana

Co Corme absolutamente intratable, é o único equipo invicto do Fútbol da Costa tras 15 xornadas), o foco esta semana estaba nas Redondas, onde xogaba o Ponteceso (polas eternas obras do Pinguel), ante toda unha Esteirana. 3º e 2º intercambiaron posicións tras un partidazo moi intenso, de alta calidade, que rompe unha serie de 7 vitorias seguidas dos blaugranas.
Completa o cuarteto de cabeza o San Lorenzo, que daba conta do Cabana.

No segundo vagón, o Muxía aínda está aí, a piques de subirse á cabeza, deixando atrás ao Coristanco (vítima do Corme) e ao Muros, que caía precisamente en Arliña.

Na parte baixa, o Zas xa sabe gañar, pero o trío de cola o ten cada vez máis complicado, pois son 10 os puntos que os separan do 13º, agora o Baíñas (o que perdía en San Andrés). Os tres pelexarán por evitar o descenso diretco e soñar con que non haia arrastres.

 

Muxía - Muros (4-1)

  • Muxía: Maikel, Conguito, Maikel, Mauro, Julián, Tati (Pereira, m.52), Víctor Alcaina (Alex Marínez, m.75), Adrián Alcaina, Isma Márquez, Edu (Martín, m.82), Manu Nogueira.
  • Muros: Xandre, Berni, Iván, Pelos, Ramón, Xaco, Río, Kiko, Varo, Bruno e Xavi
  • Goles: 0-1, m.15: Xavi; 1-1, m.16: Conguito dende fóra da área; 2-1, m.25: Víctor Alcaina de falta; 3-1, m.50: Manu Nogueiraa centro de Mauro Romaní; 4-1, m.90: Manu Nogueira.

O Muros chegaba a Arliña con 11 xogadores. O equipo de Felipe esperaba atrás e intentaba saír á contra, e nunha desas, a pesar do dominio local, se adiantaba cunha fermosa vaselina de Xavi. Pero un minuto tardaba o Muxía en empatar gracias a un bo disparo de Conguito dende fóra. Tamén dende fóra da área, pero de galta, asinaba o 2-1 Víctor Alcaina, demostrando a súa calidade. O partido seguiría igualado ata o descanso.

Na segunda metade o Muros adiantou liñas e concedeu espazos. O partido converteuse nunha ida e volta, con ocasións pra os dous bandos. Pero eran os locais os que facían o terceiro. O Muros seguía aprentando, pero á contra o Muxía facía lucirse a Xandre. Tamén Maikel Cambeiro evitou o 3-2 facendo varias paradas, sobre todo unha a Xavi. Na última xogada do partido Mario foise por velocidad e asistiu a manu Nogueira para facer a sentenza.

 

San Lorenzo - Cabana (3-0)

  • San Lorenzo: David, Iglesias (Alejandro Verdes), Diego V., Kuki; Styven, Ures, Dani Padín, Pablo Garrido, Alexis (Yago Varela), Mato (Brais Cancela).
  • Cabana: Víctor, Aarón, Ismael (Fernando Beres), Rubén (Cristian), Duda, Castro, Fernando Rey (David), Diego, Moreno, Pablo (Diego Suárez), Simón.
  • Goles: 1-0, m.60: Brais Cancela; 2-0, m.83: Brais Cancela; 3-0, m.86: Diego Varela.

San Lorenzo - Cabana nas Pedreiras-Foto-San Lorenzo2

Partido sin dominador claro no primeiro tempo e no que o Cabana se viu freado polas boas intervencións do porteiro local Q impediu Q os visitantes se puxeran por diante. Xa no segundo adiantariase o San Lorenzo e pouco despois viría unha doble expulsión da cal sacou maior partido o San Lorenzo Q a contra puxo o 3-0 Q non ten nada Q ver co partido Q se viu.

Partido disputado nas Pedreiras, nun campo bastante pesado, pola cantidade de auga caída durante todo este mes. Aínda asi, foi un partido igualado durante un primeiro tempo, sen dominador claro, pero cun San Lorenzo máis presente na área rival. O Cabana tamén chegaba a través de rápidas transicións, pero se atopou cun gran David Cancela baixo paus.

Co empate sen goles comezaba o segunda tempo, cun Cabana apretón, pero sen acerto. Mediada a segunda metade, o equipo de Santi Cambón facía boa a clasificación, e a base de eficacia abría o marcador por medio de Brais Cancela, que empezara o choque no banquiño. Chegou aí unha doble expulsión, Styven por bando local e o meta cabanés Victor. O Cabana adiantou liñas e o San Lorenzo aproveitaba os espazos, marcando, nos últimos 7 minutos, dous tantos que non reflexan a igualdade vista sobre o céspede.

 San Lorenzo - Cabana nas Pedreiras-Foto-San Lorenzo
Fotos do San Lorenzo

Ponteceso - Esteirana (2-0)

11 do Ponteceso nas Redondas--Foto-Brais Vazquez e David Antelo
11 do Ponteceso nas Redondas--Foto-Brais Vazquez e David Antelo

  • Ponteceso: Brais, Isaac (Juanjo, m.24), Ismail, Moscoso, Luca, Alberto Recarey, Mendienta, Puente (Dani Cotelo, m.84), Maradona (Eloy Álvarez, m.79), Charro (Nando, m.86), Xuco (Diego Ferreiro, m.87).

11 da Esteirana nas Redondas-Foto-Brais Vazquez e David Antelo
11 da Esteirana nas Redondas-Foto-Brais Vazquez e David Antelo

  • Esteirana; MJ, Simón, Samuel, Tobío, Dani Corniños (Priegue, m.88), Code; Alex Rama, Pablo Rama (Pablo Fernández, m.79), Raúl Leston (Pachi, m.56), Elías Ruso, Carajillo (Álvaro, m.68).
  • Goles: 1-0, m.20: Xuco; 2-0, m.53: Alberto Recarey dende fóra da área.

Ponteceso e Esteirana nas Redondas-Foto-Brais Vazquez e David Antelo
Ponteceso e Esteirana nas Redondas-Foto-Brais Vazquez e David Antelo

Vitoria xusta a do Ponteceso de Pablo Mallón ante unha Esteirana de Geno que non acabou de atoparse en ningún momento no campo das Redondas. Os esteiráns chegaban cunha serie de 7 vitorias seguidas, pero non puideron superar en ningún momento a alta presión dun Ponteceso que fixo un partido redondo, sen fisuras, que aproveitou as pequenas dimensións do campo cabanés para cortar o xogo blaugrana.

A Esteirana intentaba tocar, pero o Ponteceso roubana rápido e chegaba ben á area de Brais, con chegadas de Xuco, Mara ou Puente, que mandaba un misil ao longueiro, para que Xuco, atento ao rexeite, abrise o marcador.

Na segunda metade, tampouco era quen a Esteirana de despregar o seu xogo combinativo, e unha e outra vez batía coa presión local. Noutra dúbida da defensa visitante, Recarey facía un golazo dende fóra da área. Quedaba aínda media hora, pero a Esteirana non conseguía chegar con claridade. Xa cos 90 regulamentarios cumplidos, a expulsión do porteiro Brais obrigaba a Juanjo a poñerse baixo paus, pero a vitoria non perigou.

 

Zas - Baíñas (3-2)

  • Zas: Puyol, Balsa, Atu, David, Brais, Fuentes, Mou (Miguel), Fabián, Andrés (Rubén), Manu Guillamet (Iván) e Bruno.
  • Baíñas: Brais, Eloy Amigo (José Ramón), Cristian Canosa, Víctor (Esteban Canosa), Eloy García, Samu, Felipe (Luís), Abel, Toño, Baba e Santi Díaz.
  • Goles: 1-0, m.2: Fabián aproveita un rexeite; 2-0, m.24: Molinos tras varios rexeites; 2-1, m.40: Cristian Canosa de remate; 2-2, m.60: Toño dende a frontal pola escuadra; 3-2, m.85: Andrés a pase de Fabi.

Allos en San Andres

Por fin chegou a primeira vitoria local nun campo de San Andrés que recibía ao equipo mesmo con allos. E parece que funcionou, porque por fin a sorte sorríu aos de Periscal, que levaron a vitoria no último segundo.

Volveron entrar durmidos os de Barca, que seguen sufrindo atrás, e de feito recibían un tanto xa aos dous minutos. O Zas facía dano ás costas dos laterais, e a balón parado, e Molinos facía o segundo. Foise metendo no partido o Baíñas que recurtaba antes do descanso.

Na segunda, co 2-1, os verdes embotellaron ao cadro local, ata o empate. Aí arriscaron, se cadra demais os vimianceses, e os zaseiros conseguían chegar á contra con demasiada facilidade. Andrés en varias ocasións, Kevin e Iván tiveron a vitoria, pero Brais evitaba o gol. Foi finalmente Andrés o conseguía o gol da primeira vitoria dos de Raúl Periscal.

 Sporting Zas-Bainas-Foto-Zas

Coristanco - Corme (0-2)

  • Coristanco: Rubén, Rubio, Sergio, Mario, Samu, Javi, Álex, Jose, Corral, Samuel e Casti. Tamén xogaron: Joni, Villajos, Mato, Dani.
  • Corme: Suso; Aitor, Alejandro, Toniño, Sergio Sueiro, Brais Torrado, Brais, Manu Bermúdez, Javi Bermúdez, Samu, Alejo. Tamén xogaron: Adrián, Lucas, Noel, Pombo.
  • Goles: 0-1, m.15: Manu Bermúdez; 0-2, m.47: Toniño aproveita un balón soltó pa cruzarlla o porteiro e marcar o segundo..

Comezou o Corme mandando e tendo máis posesión en campo rival. Pronto Alejo mandaba un balón ao traveseiro logo dun pase atrás de Manu. Pero o tanto chegaría tras unha falta lateral (protestada polos locais), e cun remate en posible fóra de xogo do propio Manu Bermúdez. De aí ao descanso o Coristanco de Juni prantou cara a todo un Corme, e meteuno no seu campo, obrigándoo a só esperar contras. Joni e Jose tiveron boas ocasións para empatar, pero un gol sería anulado por fóra de xogo.

A segunda comezaba con outro golpe de eficacia do Corme, que marcaba tras un córner. Moi costa arriba se lle puñan as cousas ao cadro local, que aínda así seguía dominando o balón, pero xa sen tanta claridade. Tería tempo o colexiado de expulsar ao local Rubio.

 

Castriz - Buño (2-0)

  • Castriz: David, Carlos Paredes, Rompe, Alex Mourelle, Espi (Pablo Martínez 56'), Chiki, Alex Forján, Anxo (Brais Sendón 73'), Mata (Jesús Castro 86'), Iván Pastoriza e Adrián García (Rubén Blanco 58'),
  • Buño:
  • Goles: 1-0, m.30: Adri´àn García rouba e marca; 2-0, m.85: Iván Pastoriza nunha contra.

Partido igualado, que saca defintivamente ao Castriz da zona de perigo, ante un Buño que aínda que está moi mellorado trala chegada de Mauro no banquiño, non acaba de arrincar. Foron superiores os locais durante os primeiros 45 minutos, tendo bocas ocasións para adiantarse como unha de Anxo ao pau, ou varias chegadas claras de Iván Pastoriza, Mata ou Espi. Porén o gol chegou tras un erro da defensa local que aproveita Adrián García.

Na segunda cambiou o conto. O Buño meteu xente arriba sobre todo a partir do m.15, e creou moito perigo. O partido volveuse de ida e volta, e os visitantes, en todo momento en campo rival, tiveron dúas boas ocasións moi claras que salvou David. O Castriz tamén sacaba algunha contra perigosa, e nunha desas, xa a 10 do final, Iván Pastoriza sentenciou de vaselina tras un pase tremendo de Alex Mourelle.

 

Cerqueda - Malpica (3-1)

  • Cerqueda: Darío, Diego, Javi Pazos, Breo, Estefan, Dani Mato, Dani, Lorenzo, Iván Rojo, Iván Mato, Nico. Tamén xogaron Julián e Pitu.
  • Malpica: Damián, Brais Ceán (Marquitos, m.66), Kevin, Juan Abelenda (Dimitri, m.58), Laik, Cristian Pace, Aitor, Jairo, Alberto Hombre, Michi Castro, Andy.
  • Goles: 1-0, m.20: Nico tras un roubo; 2-0, m.40: Iván Mato; 2-1, m.43: Hombre de penalti; 3-1, m.46: Iván Rojo.

Derbi igualadísimo en Xaviña, con dous equipos indo polo partido e dando a sensación constante de perigo nas dúas áreas. Pero nun erro do Malpica na saída de balón, rouba Nico e marca. A partir de aí o Malpica intentouno máis e tivo unha clara ocasión para empatar nunha entrada por banda. Pero nunha boa xogada, Iván Mato que regatea o porteiro e marca o segundo. Pouco despois, e antes do descanso empata o Malpica de penalti por mano de Javi Pazos.

Nada máis empezar a segunda parte, queda un balón morto na área e Iván Rojo marca o terceiro. A partir de aí, Cerqueda meteuse atrás, ante un Malpica que tivo o control do balón pero que non conseguía crear perigo.  

 

Cee - Lira (2-4)

  • Cee: Joselu, Borja, Josiño, Isaac, Aitor, Yago, Chema, Luís Lojo, Ezequiel, Bruno e Leo. Tamén: Leandro, Rubén Yayá, e Iago Trillo.
  • Lira: Baba, Yerai, Oscar, David, Marcos (Eloy), Josiño, Miguel, Borja (Cristian), Oliver (Costiña), Toni, Manu (Mamadou).
  • Goles do Lira: 0-1, m.32: Manu; 1-1, m.32: Luís Lojo; 1-2, m.50: Cristian; 2-2, m.55: Bruno; 2-3, m.57: Mamadou; 2-4, m.75: Oliver.

Partido con duas partes moi diferenciadas, cun Cee que chegaba con moitas baixas e competiu durante o primeiro tempo pero ao que o partido se lle fixo moi longo. A primeira na que o Cee tivo máis o balón, e o Lira esperou no seu campo tentando sair a contra. As ocasións foron escasas por ambas partes pero aínda asi o primeiro gol do Lira foi un golazo de Manu en xogada individual e zapatazo dende fóra da área. Non foi malo tampouco o do Cee, tras unha bonita combinación por banda con centro e remate de cabeza de Luís Lojo. Sen dúbida, o mellor dos primeiros 45minutos foron os goles.

A segunda foi distinta. O Lira fixo 2dous cambios ofensivos no descanso e saeu a buscar o Cee ata a súa propia área, presionando moi arriba e recuperando moi rápido o balón, chegando con certa claridade. Pronto marcaba Cristian, pero Bruno volvía igualar a contenda. O Lira buscou máis a vitoria, e Mamadou e Oliver conseguían facer dous tantos que dan a vitoria aos lirachos.

 

Todas as Crónicas da 2ª Galicia

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

 

Comentarios