Xoves. 28.03.2024
El tiempo

3 pavillóns da Costa acollerán a fase previa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala de base

Presentacion do Campionato de FS Base en Cee
Presentacion do Campionato de FS Base en Cee
3 pavillóns da Costa acollerán a fase previa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala de base

Boa imaxe de coordinación intermunicipal a que demostran os Concellos de Dumbría, Cee e Corcubión, que xunto ao de Marín, acollerán a Fase Previa da zona Norte do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala Base. Así o anunciaban onte no salón de plenos do Concello de Cee responsables da Real Federación Galega de Fútbol, xunto cos responsables municipais dos Concellos.

A cita será este vindeiro domingo 22 de decembro, cando un total de 8 seleccións (4 do sector norte e outras 4 do sector sur) das categorías benxamín mixto, alevín masculino e feminino e infantil masculino e feminino loitarán por ocupar unha das dúas primeiras prazas de cada grupo que dan acceso á Fase Final, que se celebrará o próximo 28 de decembro en Lalín.

Os polideportivos de O Conco, o Municipal de Cee e o pavillón Augusto César Lendoiro serán as sedes que albergarán a Fase Previa na Zona Norte, unha tirada na que competirán as seleccións de A Coruña, Ferrol, Lugo e A Costa, combinado que coordina Fran Toba. As seleccións costeiras están cos últimos adestramentos, e a vindeira semana coñeceremos a convocatoria, que darán os responsables dos cadros técnicos:

Ana Mouzo e Dani Costa son os adestradores do equipo Alevín Masculino
Santi Pelada e Santi Fresa, dos Infantís masculinos.
Javi Marroko e Carlos Pazos, dos Benxamín mixto.
David Castro e Paula Fandiño, das Infantíns e Alevíns femininas.

Comentarios