Martes. 16.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: A loita polo ascenso está cada vez máis interesante

3ª Galicia: A loita polo ascenso está cada vez máis interesante
Minuto de silencio no Porteño-Camelle. Foto: Porteño CF A falta de nove xornadas para o remate de liga neste Grupo 4 da Terceira Galicia, moi mal se lle teñen que dar as cousas ao Coristanco para non lograr o  ansiado ascenso á Liga da Costa, polo que tamén está loitando con uñas e dentes, un Cabana que sen facer moito ruído, asentouse nunha segunda praza que lle daría dereito a recuperar a categoría perdida fai unhas tres tempadas. Pola súa banda, Castriz e Porteño seguen loitando partido a partido por darlle caza a eses dous equipos que están a mostrar unha gran fiabilidade. Pero é que do quinto posto para abaixo, quitando o Corcubión e As Baleas, calquera equipo podería meterse nun playoff de ascenso que parece que vai estar moi caro ata a última xornada de liga, xa que se está a demostrar que calquera lle pode gañar a calquera.

Outes CF 1 – 2 Camariñas FC

  • Outes CF: Antón, Babu (Jose m.69), Joel Lariño, Martín, Veleiro (Alexis m.89), Santi, Paullo, Caamaño, Joel Fondo (Saúl m.89), Eloy (Sergio m.75), Quin (Fabio m.89).
  • Camariñas FC: Pablo, Rodrigo, Raúl, Paco, Brais, Djibi, Soule, Miki (Juan m.68), Adrián Bardanca (Joseba m.57), Moriño (Anxo m.92) e Óliver.
  • Goles: 1-0 m.9: Santi; 1-1 m.75: Soule; 1-2 m.90: Soule (p).
Partido no que houbo unha parte para cada equipo e no que o Outes foi mellor nos primeiros corenta e cinco minutos, tanto foi así que se aproveitaría dun desaxuste defensivo do Camariñas para que Santi superase por baixo ao gardameta visitante. Pola súa banda, Soule foi un auténtico pesadelo para un Outes, que viu como por medio da presión camariñana sobre a saída de balón dos locais e os pases que un renacido Moriño lles deu vida aos da vila palilleira. Logo dun córner e varios rexeites, Soule devolvería as táboas ao marcador e pouco despois, o propio Soule aproveitaba un penalti cometido sobre el por Sergio e que lle custaba o segundo cartón a Caamaño, para facer o definitivo 1-2. Tras isto, o Outes buscou á desesperada un empate que non chegaría.

Sporting Seaia CF 1 – 0 CF Castrelo

Sporting Seaia-Castrelo
  • Sporting Seaia CF: Recarey, Parga, Iván, Jorge, Josi (Dímaga m.17), Toni, David (Uru m.85), Quintas (Curí m.70), Mara (Ché m.87), Chols e Pablo (Christopher m.80).
  • CF Castrelo: David (Chavico m.44), Maikol, Gustavo, Quintelo, Estebo, Chans (Dani Picallo m.65), Eloy (Félix m.69), Estiven, Esteban, Iván e Rubén.
11 inicial do Castrelo ante o Seaia. Foto: Castrelo CF
  • Gol: 1-0 m.33: Pablo.
Partido pouco vistoso debido ao forte vento presente na Pedra Queimada, no que aos vinte minutos, o Castrelo vería como lle anulaban un gol por fóra de xogo. As ocasións brillaban pola súa ausencia ata que Pablo aproveitaría un rexeite do porteiro visitante para facer o único gol da tarde. Xa tralo paso por vestiarios, Recarey tería facer dúas intervencións de mérito para evitar o gol do empate, mentres que os locais non lograrían sentenciar o encontro en dúas claras ocasións que tiveron man a man co porteiro. O Castrelo non desistiría no seu empeño e colgaría balóns á área ata o pitido final, pero os tres puntos quedaríanse en terras malpicanas.

UD Corcubión 1 – 7 SD Castriz

  • UD Corcubión: Beto, Eva, Ángel, Mario, Pabliño, Diego, Lema, Álex, Chiru, Fía (Roi m.32) e Lagoa. Tamén Roi.
  • SD Castriz: Puyol, Carlos (Toniño m.52), Rompe, Adrián, Bruno, Mauri, Iván (Steven m.58), Martín Gemelo (Doriño m.58), Álex (Kevin m.68), Robi (Musa m.48) e Sebas.
  • Goles: 0-1 m.11: Sebas; 0-2 m.16: Adrián; 0-3 m.19: Robi; 0-4 m.21: Sebas; 0-5 m.48: Adrián; 0-6 m.50: Iván; 0-7 m.84: Steven; 1-7 m.85: Roi.
  • Expulsión: O adestrador local Sergio no minuto 64.
O Corcubión chegaba moi xusto de efectivos a este primeiro partido do ano e proba dilo foi que o seu adestrador de porteiros, Fía tivo que ser da partida como xogador de campo. Encontro con pouca historia no que os homes de David Velo xa gañaban por 0-4 no minuto 21 nun partido no que debutaba a súa nova fichaxe, Robi, quen o facía con gol. Na reanudación, o ritmo do encontro baixaría pero aínda así, Adrián, Iván e Steven aumentarían a vantaxe dos seus. Xa no treito final, Roi faría o gol da honra para uns corcubioneses que rematarían con 10 pola lesión de Álex.

CF Porteño 4 – 2 SD Camelle

  • CF Porteño: Josiño, Pejo (Roi m.55), Vicente, Manoliño, Oli, Mario Pereira (Cousillas m.60), Porto, Ángel, Pepe Wii (Jorgito m.73), Javi Antelo e Nazo.
11 inicial do Porteño ante o Camelle. Foto: Porteño CF
  • SD Camelle: David, Chuco, Rodri (Cristian m.56), Valiña, Pablo, Carlos de Dido, Barreiro, Adrián Vieites (Carlos Suárez m.79), Varu (David Vázquez m.60), Miguel Riveiro, David Camariñas (Adrián Tajes m.46).
11 inicial do Camelle ante o Porteño. Foto: Porteño CF
  • Goles: 1-0 m.23: Javi Antelo; 2-0 m.26: Pepe Wii; 3-0 m.31: Pepe Wii; 3-1 m.44: Miguel Riveiro; 3-2 m.58: Miguel Riveiro; 4-2 m.78: Jorgito.
  • Expulsións: O adestrador local Varela no minuto 75, e os xogadores do Camelle, Chuco no 22, Carlos de Dido no 75 e Barreiro no 88.
Encontro que se lle puxo de cara ao Porteño mediada esta primeira parte na que Javi Antelo transformaría unha pena máxima que supuxo a expulsión de Chuco. Pouco despois, Pepe Wii marcaría por partida dobre para poñer o 3-0 no marcador. Pero xusto antes do descanso, Miguel Riveiro metería aos seus de cheo no partido cun gol sobre a bocina. Na segunda metade, o propio Miguel Riveiro facía o 3-2 cun golazo de falta e tras este gol, o Porteño volvería a mellorar un pouco e ademáis o Camelle quedaba con nove pola expulsión de Carlos de Dido. Tan só tres minutos despois, Jorgito sentenciaba co 4-2 e xa nos minutos finais, Barreiro tamén era expulsado e os visitantes rematarían o encontro con oito xogadores sobre o terreo de xogo.

SD Laxe 0 – 3 SD Coristanco

  • SD Laxe: Eloy, Iván, Borja, Ventura (Adrián Pasantes m.56), Elías Galeano, Adrián Lema, Dani Pose (Borja Martínez m.65), Ruso, Elías Santiago, Djamel e Bieito.
  • SD Coristanco: Diego, Torres (Dani Castiñeiras m.59), Lagoa, Mato, Sergio, Pazos (Rubén m.81), Javi, Erre (Dani Vázquez m.65), Álex, Figueiras (Corral m.63) e Samuel.
  • Goles: 0-1 m.62: Samuel; 0-2 m.68: Corral; 0-3 m.87: Javi.
O Laxe púxolle as cousas moi difíciles a un Coristanco que non entrou ben ao partido disputado no municipal laxense e que viu como os locais esperaban en campo propio e ben replegados para tratar de saír á contra, aínda que en ningún momento inquedaría a portería defendida por Diego. A pesares de non estar cómodo sobre o terreo de xogo, a ocasión máis clara desta primeira metade sería para un Sergio que estrelaría un balón no longueiro á saída dun córner. O segundo tempo foi totalmente diferente e os coristanqueses lograrían romper o entramado defensivo dun Laxe que vería como os homes de Eloy Calvo se adiantaban logo dun centro medido de Sergio que cabeceaba Samuel ao fondo da rede. Practicamente a continuación, Corral facía o segundo e xa co partido tocando ao seu fin, Javi facía o definitivo 3-0 cun bonito lanzamento dende a frontal da área.

Cabana SD 5 – 2 CD Nantón

Cabana-Nantón. Foto: Cabana SD
  • Cabana SD: Darío, Ismael (Raúl m.50), Duda, Pipa, David, Dani (Pablo Senande m.80), Fernando (Cacha m.50), Manolo, Iván (Víctor m.84), Pablo (Cristian m.69) e Aarón.
  • CD Nantón: Guille, Efe, Maikel, Pablo, Gavín, Santi, Fabio (Pablo Fuentes m.65), Juanciño (Rúper m.83), Pastor, Redondo, Christian (Javi m.83).
  • Goles: 1-0 m.10: Pablo; 1-1 m.12: Redondo; 1-2 m.23: Santi (p); 2-2 m.32: Iván (p); 3-2 m.53: Iván; 4-2 m.53: Iván; 5-2 m.88: Aarón (p).
Partido que comezaba moi ben para un Cabana que se adiantaba por medio de Pablo pero a pesares disto, esta primeira parte sería dun Nantón que empataría o encontro cun gol de Redondo. Os visitantes seguirían á carga e poñeríanse por diante logo de que Santi transformase unha pena máxima. E pouco despois, o gardameta local Darío evitaría o 1-3 do Nantón ao deter un novo lanzamento dende os once metros, e dende esa distancia sería como Iván acadaría o empate a dous co que se chegaría ao descanso. Na segunda metade, a entrada de Cacha e Raúl ao terreo de xogo deulle o mando a un Cabana que foi superior e que sentenciaría o encontro con dous goles do seu dianteiro Iván. E xa co tempo practicamente cumprido, un penalti provocado por Manolo transformaríao Aarón no definitivo 5-2.

Comentarios