Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Cabana mete presión a Coristanco e Castriz

Cabana SD - Outes FC
Cabana SD - Outes FC
3ª Galicia: O Cabana mete presión a Coristanco e Castriz

O Cabana logrou unha importante e sufrida vitoria ante o Outes que lle serve para presionar aos seus dous máximos rivais como son Coristanco e Castriz, quenes non xogaron esta semana logo de que o seu partido fose suspendido polo falecemento dun familiar de dous xogadores coristanqueses.

Pola súa banda, o Porteño sufriu pero logrou unha valiosísima vitoria que lle permite practicamente asegurar a cuarta praza da clasificación. Mentres tanto, o Camariñas caía pola mínima no derbi ante un As Baleas que sumou a súa segunda vitoria da tempada.

Na loita por entrar no playoff, Castrelo e Nantón empataron nas Fontiñas e o Laxe superou pola mínima ao Camelle nun encontro con moita polémica.

CF Porteño 4 – 2 UD Corcubión

CF Porteño-UD Corcubión

CF Porteño: Josiño, Oli, Cachi (Jimmy m.77), Vicente, Pejo, Rodri (Mario m.49), Porto, Ángel, Wii (Martín m.65), Javi e Nazo.

UD Corcubión: Beto, Mario, Brais (Marcos m.83), Ángel, Álex, Chiru, Iago Lema, Diego, Alan, Pablo e Rodri.

Goles: 1-0 m.50: Ángel; 1-1 m.62: Iago Lema (p); 1-2 m.66: Rodri; 2-2 m.77: Pejo; 3-2 m.80: Porto; 4-2 m.86: Jimmy.

Porteño e Corcubión enfrontáronse nun encontro igualado cunha dura primera metade na que a vistosidade do partido foi nula.

Pero na reanudación, a dinámica cambiaría totalmente e o Porteño adiantaríase cun gol de Ángel, pero o Corcubión reaccionaría dándolle a volta ao marcador con dous goles de Iago Lema e Rodri.

O segundo tanto dos corcubioneses fixo espabilar a un Porteño que meteu unha marcha máis para lograr empatar o encontro por medio de Pejo.

A raíz do gol da igualada, as forzas comezaron a escasear nos xogadores do Corcubión, algo que aproveitarían os locais para crear máis ocasións e lograr outros dous goles cos que solventou un partido complicado.

SD Laxe 1 – 0 Sporting Seaia CF

SD Laxe: Eloy, Iván, Borja, Jacinto, Andrés, Elías Galeano, Dani Pose (Felipe m.60), Bieito, Elías Santiago e Djamel.

Sporting Seaia CF: Recarey, Jorge, Quintas (Mario m.50), Christopher (Ché m.87), Jhonny, David, Pablo, Carlos, Toni, Iván e Vistas.

Gol: 1-0 m.39: Bieito.

Expulsións: Os visitantes Toni no minuto 16 e David no minuto 38, así coma o seu adestrador Dasilva no 42.

Encontro no que o Laxe sairía ben ao terreo de xogo e contaría con varias oportunidades para adiantarse pero o poste e o longueiro evitarían o gol laxense ante un Sporting Seaia que sufriría dúas expulsións moi rigurosas nesta primeira metade, a de Toni no minuto 16 e a de David no 38, as cales mermaban e moito as posibilidades dos visitantes.

Antes do descanso, Bieito faría o 1-0 logo dunha xogada de Adrián.

A segunda metade do Laxe foi nefasta e cometeron numerosos erros en defensa. Mentres que o Sporting Seaia tivo unha ocasión inmellorable para empatar nun protestado penalti que acabaría desbaratando Eloy, o mesmo que salvaría de novo aos seus nun man a man, polo que os tres puntos quedarían en terras laxenses.

Cabana SD 3 – 2 Outes FC

Cabana SD 3-2 Outes FC

Cabana SD: Dario, Fernando (Pablo Senande m.87), Raúl (Ismael m.72), Duda, Pipa, Dani, Iván, Manolo (Pablo m.61), Manuel, David (Cacha m.46) e Aarón.

Outes FC: Antón, Babu (Sergio Lado m.65), Chía, Martín, Veleiro (Joel m.90), Eloy (Saúl m.88), Santi (Quin m.81), Caamaño, Jura, Simón e Paullo.

Goles: 1-0 m.9: Iván; 1-1 m.28: Eloy; 1-2 m.33: Santi; 2-2 m.65: Raúl; 3-2 m.90: Simón en propia porta.

Encontro no que o Cabana comezou ben e debido a isto, adiantaríase logo dunha boa triangulación qu transformaría Iván. Pero foi marcar e os cabaneses baixaría o ritmo e cando se deron conta, o Outes xa lle daría a volta ao marcador cos goles de Eloy e Santi, polo que se chegaría ao descanso co 1-2 no marcador.

Na segunda metade, o corpo técnico local daría entrada a Cacha para buscar ter máis balón e máis profundidade, mentres o Outes trataría de saír á contra.

Mediado este segundo acto, un Raúl que está xogando mermado físicamente, tivo a garra suficiente para chegar a área e facer o empate.

Cando todo facía parecer que chegaría a remontada dos cabaneses, Darío cometería penalti pero o gardameta local solventaría o seu erro parando o lanzamento dende os once metros.

E co partido tocando ao seu fin, unha falta sacada por Cacha introduciríaa Simón na súa propia porta, desatando a loucura na parroquia cabanesa.

As Baleas FS 3 – 2 Camariñas FC

As Baleas FS: Carlos Cousillas, Chapu (Dani m.51), Brais, Nico, Bieito, Diego, Nené (Ismael m.73), Carlos González (Jose m.67), Jesús, Álvaro e Casachoa.

Camariñas FC: Pablo (Sergio m.80), Óliver, Rodrigo, Brais (Manuel m.77), Moriño, Miki, Adrián (Dylan m.67), Joseba (Andrés m.79), Fran, Nico e Djibi.

Goles: 1-0 m.39: Jesús; 2-0 m.60: Nené; 2-1 m.69: Miki; 3-1 m.72: Jesús; 3-2 m.82: Djibi.

O encontro comezou con moito ritmo e moita intensidade, típico dun derbi como era este As Baleas – Camariñas. Neste inicio de partido, os locais intentarían sorprender aos visitantes con un par de lanzamentos que acabaría atallando sen excesivos problemas.

E logo disto, o Camariñas tivo nos pés de Djibi unha gran oportunidade dende os once metros pero Carlos Cousillas faría unha gran intervención para evitar o gol visitante.

Tras esta ocasión, As Baleas seguía achegándose á area rival e nun balón colgado á área, Jesús faría o 1-0 que facía xustiza ao que se estaba vendo sobre o terreo de xogo.

No segundo acto, o partido foi moito máis trabado e nun contragolpe, Nené faría o 2-0 con algo de fortuna.

A partir de aí, As Baleas trataría de defender o resultado e volver a saír á contra, mentres que o Camariñas era un constante quero e non podo, pero aínda así Miki metería aos seus de novo no encontro co 2-1.

Pero pouco lle duraría a alegría aos visitantes, xa que tan só tres minutos despois, un despexe dun defensa do Camariñas batería en Jesús e convertiríase no 3-1, desatando a loucura na bancada laranxa.

Antes do pitido final, Djibi faría o definitivo 3-2.

CD Nantón 2 – 2 CF Castrelo

CD Nantón - CF Castrelo

CD Nantón: Guille, Fran, Maikel (Cachopo m.71), Costiña (Eloy m.74), Cigarini, Santi (Javi m.79), Pablo Fuentes (Rúper m.86), Juanciño, Iván, Redondo (Pastor m.65) e Christian.

CF Castrelo: Carreira, Steven, Estebo (Rubén m.61), Mario, Luis, Chans, Iván (Dani Picallo m.71), Maikol, Cacu (Félix m.74), Darío e Quintelo.

O Castrelo co seu excompañeiro Chavico

Goles: 1-0 m.11: Christian; 2-0 m.15: Juanciño; 2-1 m.19: Cacu; 2-2 m.70: Chans.

O encontro comezaba moi ben para os intereses dun Nantón que no minuto 15 xa vencía por 2-0 grazas aos goles de Christian e Juanciño.

Pouco despois, Cacu recurtaba diferenzas logo dun balón ás costas da defensa que aproveitaría o xogador vimiancés para superar a un Guille que xogou lesionado por unhas molestias que arrastraba dende o venres.

Na reanudación, o Castrelo íase facendo co dominio do partido ata conseguir o empate nun centrochute logo dunha falta sacada por Chans que se coaría polo segundo pau da portería local.

Tralo empate, chegaría os mellores minutos dos visitantes e tamén as mellores ocasións. Pero no tramo final cambiarían as tornas e sería o Nantón que tivo as súas para sumar os tres puntos, aínda que finalmente habería reparto de puntos nas Fontiñas.

SD Coristanco -  SD Castriz (Suspendido)

O encontro que tiña que disputarse entre o Coristanco e o Castriz suspendiuse polo falecemento do pai do coristanqués Lagoa e avó do tamén xogador dos da terra da pataca, Damián.

Comentarios