Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Castriz colle vantaxe na final do playoff de ascenso á Liga da Costa

Porteño-Castriz. Foto: Facebook Porteño CF.
Porteño-Castriz. Foto: Facebook Porteño CF.
3ª Galicia: O Castriz colle vantaxe na final do playoff de ascenso á Liga da Costa

O Castriz superou pola mínima ao Porteño na súa visita á Grixa que lle permite aos de San Pedro coller unha mínima vantaxe de cara á volta desta final do Playoff de Ascenso á Liga da Costa que se presume emocionantísima.

CF Porteño 1 – 2 SD Castriz

CF Porteño: Josiño, Caamaño, Pejo, Manu (Manoliño m.83), Roi, Porto, Ángel (Oli m.90), Luis (Pepe Wii m.66), Javi Antelo (Cachi m.71), Jorgito (Vicente m.57) e Nazo.

O Porteño ante o Castriz na final da fase de ascenso

SD Castriz: Puyol, Toniño, Carlos, Adrián, Bruno, Mauri, Iván, Martín Gemelo (Kevin m.87), Álex, Robi (Steven m.75) e Sebas.

Goles: 0-1 m.42: Adrián; 0-2 m.61: Sebas; 1-2 m.76: Pepe Wii.

Expulsión: O visitante Adrián por dobre amonestación no minuto 80.

A igualdade e as constantes disputas foron a tónica predominante dun partido no que o Porteño vería como lle anulaba un gol de Pejo despois de que lle sinalasen unha protestada falta.

E antes do descanso, o Castriz adiantaríase no marcador cun gol de Adrián dende a frontal da área, polo que ambos equipos poñerían rumbo aos vestiarios co 0-1 no electrónico.

Na segunda metade, todo seguiría igual, aínda que os rossoneros volverían a ver portería cun bonito gol de Sebas.

No minuto 76, Pepe Wii faría o 1-2 ao materializar unha boa xogada colectiva e tan só catro minutos despois, o Castriz quedaría con dez pola expulsión de Adrián por dobre amonestación.

Xa no tramo final, os locais apretarían en busca da igualada pero o marcador non se movería, polo que ambos conxuntos deixan todo por decidir na volta nun San Pedro no que se vivirán moitas emocións.

Comentarios