Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Castriz e Outes collen vantaxe cara a final do playoff

O cadro actualizado en www.copadacosta.com.

Outes FC - CF Porteño. Foto: CF Porteño.
Outes FC - CF Porteño. Foto: CF Porteño.
3ª Galicia: Castriz e Outes collen vantaxe cara a final do playoff

O Castriz e o Outes lograron darlle a volta aos tantos iniciais de Camariñas e Porteño, respectivamente, para acadar sendos triunfos que lle dan unha certa vantaxe para a volta das semifinais desta fase de ascenso á Liga da Costa.

Camariñas FC 1 – 3 SD Castriz

Camariñas FC: Pablo, Soule, Rodri (Joseba m.73), Raúl, Djibi, Brais, Dani Moreno (Mario m.52), Nico, Miki, Fran, Óliver (Saviola m.59).

SD Castriz: Álvaro, Rompe (Kevin m.58), Adrián, Bruno (Chiki m.91), Steven, Jesús (Chapu m.82), Mauri, Iván (Martín Negreira m.90), Martín Gemelo, Álex e Sebas.

Goles: 1-0 m.22: Soule (p); 1-1 m.52: Jesús; 1-2 m.70: Sebas (p); 1-3 m.81: Sebas.

O Castriz tratou de saír á contra dende o principio para tartar de facerlle dano a un Camariñas que gozaría dun lanzamento dende o punto fatídico para adiantarse logo dun balón en longo tralo que Mauri cometería un penalti que detería Puyol en primeira instancia pero o colexiado mandaría repetilo porque o gardameta visitante se adiantou e Soule non perdoaría para facer o 1-0 co que se chegaría ao descanso.

Na reanudación, o Castriz estivo un punto por riba co rival fisicamente falando e iso notouse no desenvolvemento dunha segunda metade na que Jesús faría o empate e na que Sebas con dous goles no tramo final, lle darían unha cómoda vantaxe aos rossoneros de cara á volta da eliminatoria.

Outes FC 2 – 1 CF Porteño

Outes FC: Antón, Álvaro, Babu (Ramón m.79), Chía (Veleiro m.86), Martín, Eloy (Sergio Lado m.69), Santi, Jura, Simón, Paullo e Quin.

CF Porteño: Jimmy, Oli, Pejo, Roi, Manu, Cousillas, Ángel, Pepe Wii (Jorgito m.52), Javi Antelo, Vicente (Cachi m.63) e Nazo.

Goles: 0-1 m.15: Nazo; 1-1 m.25: Martín; 2-1 m.37: Quin.

Foi un encontro moi condicionado polas malas condicións meteorolóxicas, as cales non permitían xogar ao fútbol sobre un campo totalmente anegado.

Debido a isto, ambos equipos buscaron un fútbol máis directo e ao cuarto de hora, Nazo adiantaba aos da Ponte do Porto.

Tan só dez minutos despois, Martín faría o empate nunha falta lateral e antes do descanso, Quin faría o definitivo 2-1 ao aproveitar un erro da defensa visitante.

Na reanudación, o Porteño tratou de enchufarse no encontro pero foi totalmente ao revés, xa que o Outes tivo ocasións de todas as cores para acadar unha vitoria máis ampla pero os homes de Miguel Ramos non acertarían de cara a portería e agora viaxarán a unha sempre complicada Grixa cunha mínima vantaxe dun gol.

Comentarios