Luns. 22.07.2019
El tiempo

3ª Galicia: O Castriz volve á Liga da Costa

Celebración do Ascenso do Castriz
Celebración do Ascenso do Castriz
3ª Galicia: O Castriz volve á Liga da Costa

O equipo rossonero logrou unha contundente vitoria na volta da final do playoff á Liga da Costa ante o Porteño que lle permitiu aos de David Velo lograr o ansiado ascenso.

SD Castriz 4 – 0 CF Porteño

SD Castriz: Puyol (Álvaro m.81), Carlos, Rompe, Bruno, Steven, Mauri (Kevin m.61), Iván, Martín Gemelo (Chiki m.64), Álex (Toniño m.79), Robi (Chapu m.71) e Sebas.

CF Porteño: Josiño, Caamaño, Pejo, Manu, Porto (Manoliño m.68), Ángel, Jorgito (Wii m.46), Javi Antelo (Mario m.64), Cachi (Vicente m.46), Roi (Martín m.76) e Nazo.

Goles: 1-0 m.7: Iván; 2-0 m.55: Iván; 3-0 m.74: Iván; 4-0 m.76: Chiki.

Expulsión: O visitante Caamaño no minuto 81.

Desde o primeiro minuto, podíase palpar no ambiente o que había en xogo, que non era nada máis e nada menos que un ascenso á Liga da Costa. Nos primeiros intres, púidose ver a un Castriz un pouco máis enchufado que tería a súa primeira oportunidade nos pés de Iván pero o xogador local cando estaba nunha moi boa posición, remataría moi alto.

Pero na súa segunda ocasión non perdoaría e Iván adiantaba ao Castriz aos sete minutos de partido.

A partir dese gol, o encontro estivo bastante parado polas constantes interrupcións de xogo que houbo e as ocasións serían practicamente nulas.

Nada máis voltar dos vestiarios, o recén ingresado ao terreo de xogo, Vicente, puido facer o empate pero o seu disparo marcharíase lamendo o pau tras tocar nun xogador dun Castriz que aumentaría a súa vantaxe con dous golazos dun Iván que foi o gran protagonista do partido.

No minuto 76, Chiki faría o definitivo 4-0 cun novo gol de bela factura e San Pedro volvería a celebrar un ascenso á Liga da Costa.

O Castriz celebrou en San Pedro o seu ascenso á Liga da Costa. Foto: www.diariodeportivo.galIMG_20190505_190033
Celebracion do ascenso do Castriz nas ruas de Santa Comba

Comentarios