Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Todo aberto

3ª Galicia: Todo aberto
SD Coristanco - Cabana SD. Foto: Facebook Cabana SD. O empate no partidazo da xornada entre o Coristanco e o Cabana deixa todo aberto na loita polo título e polo ascenso directo, na cal se mete de cheo un Castriz que deu un importante golpe na mesa logo de golear ao Porteño nun partido máis igualado do que di o resultado. Pola súa banda, o Camariñas asalta os postos de playoff de ascenso logo de vencer pola mínima ao Sporting Seaia e de que o Castrelo non lograse pasar do empate ante un Corcubión que estivo a piques de sorprender aos vimianceses no feudo irmandiño. Mentres tanto, o Nantón goleou a un As Baleas escaso de efectivos e achégase a eses postos de privilexio. O Camelle e o Laxe víronse obrigados a suspender o seu encontro no Rodeiro logo de que un xabaril deixase impracticable o terreo de xogo camellán.

Camariñas FC 2 – 1 Sporting Seaia CF

  • Camariñas FC: Pablo, Rodrigo, Raúl, Nico, Brais, Moriño, Miki (Mario m.75), Adrián (Fran m.61), Joseba (Anxo m.67), Óliver, Djibi (Andrés m.83).
  • Sporting Seaia CF: Recarey, Canario (Christopher m.78), Parga,Vistas, Chols (Quintas m.70), David, Iván, Jhonny (Jorge m.63), Curí (Dímaga m.46), Mara e Pablo.
  • Goles: 1-0 m.38: Djibi; 2-0 m.82: Óliver; 2-1 m.88: Pablo.
  • Expulsións: Os visitantes Vistas e Iván nos minutos 82 e 94, respectivamente.
Primeira metade na que o Camariñas foi o claro dominador do partido ante un Sporting Seaia ao cal lle custou crear perigo e que vería como se adiantaban os da vila palilleira no minuto 38 por mediación de Djibi nunha contra na que os visitantes reclamarían unha posible falta de Moriño a Iván que o colexiado non sinalaría nada. Na reanudación, o Sporting sairía moito máis metido no partido que un Camariñas que seguiría tendo o balón pero ao cal lle custaría máis crear perigo. A pesares disto, Óliver faría o segundo para os locais á saída dun córner. E xa co encontro tocando ao seu fin, o gardameta camariñán faría unha boa intervención a tiro de Mara pero Pablo aproveitaría o rexeite para facer o 2-1 que resultaría definitivo.

CF Castrelo 2 – 2 UD Corcubión

Castrelo - Corcubión
  • CF Castrelo: Gustavo, Steven, Estebo, Mario, Luis (Darío m.72), Esteban Lema (Chans m.58), Dani Picallo (Eloy m.75), Rubén Blanco (Iván Caamaño m.65), Maikol, Félix y Quintelo.
  • UD Corcubión: Marcos, Lagoa (Rodri m.54), Ángel, Pablo, Chiru, Roi, Iago Lema, Diego (Iago Abelleira m.72), Evaristo, Álex Agulleiro (Álex Castro m.65) e Martín.
  • Goles: 0-1 m.1: Roi; 0-2 m.9: Álex Agulleiro; 1-2 m.23: Maikol; 2-2 m.83: Eloy.
Comezou marcando o equipo visitante na primeira xogada do encontro grazas a un tiro lonxano de Roi. Aumentaría diferenzas pouco despois nunha boa xogada individual de Álex Agulleiro dentro da área. Co 0-2 espertou o equipo local, recortando distancias cun tiro de Maikol desde a frontal e mesmo podendo empatar antes do descanso. Na segunda metade, o dominio continuou sendo do Castrelo mentres que os visitantes intentaban matar o partido nalgunha contra. Pero habería que agardar ata o minuto 83 para ver o gol do definitivo empate a dous nun centro lateral que remataría Eloy. Nos últimos minutos, o encontro puido caer de calquera dos dous bandos pero o marcador finalmente non se movería.

SD Castriz 4 – 0 CF Porteño

Saúdo inicial no Castriz - Porteño
  • SD Castriz: Puyol, Carlos (Martín Gemelo m.55), Rompe, Adrián (Chiki m.86), Bruno, Xaco, Mauri, Iván (Chapu m.89), Álex, Robi (Kevin m.80) e Sebas.
  • CF Porteño: Josiño, Pejo, Caamaño, Roi (Rodrigo m.78), Manu (Cachi m.73), Cousillas, Mario, Nazo, Javi, Vicente e Pepe Wii.
  • Goles: 1-0 m.10: Robi; 2-0 m.75: Martín Gemelo; 3-0 m.83: Sebas; 4-0 m.89: Kevin.
  • Expulsión: o local Mauri no minuto 51 por dobre amonestación.
Partido máis igualado do que di o resultado inicial no que ambos equipos se tanteaban e as ocasións brillaban pola súa ausencia, pero nun saque de banda sen aparente perigo, os locais sacaron un centro que descolocou ao Porteño e Robi faría o primeiro gol da tarde. A raíz do 1-0, o Porteño comezou a dominar e a ter ocasións pero o balón non quería entrar. Na segunda metade, os visitantes seguirían igual ata a expulsión de Mauri, momento no que o partido cambiaría por completo e sería o Castriz quen comezaría a ter ocasións e de aí que a falta dun cuarto de hora para o final, Martín Gemelo fixese o 2-0. Tras isto, o Porteño volcouse á desesperada pero serían os rossoneros quen matarían definitivamente o partido cos goles de Sebas e Kevin.

Camelle SD – SD Laxe (Adiado)

Estado do Rodeiro na mañá do pasado sábado, día no que se tiña que disputar o Camelle - Laxe Un xabaril foi o triste protagonista no campo do Rodeiro e logo de que nas horas previas ao encontro fixese presenza sobre o terreo de xogo deixándoo totalmente impracticable, polo que ambas directivas en concordancia coa Real Federación Galega de Fútbol decidiron suspender o partido.

SD Coristanco 1 – 1 Cabana SD

Iván Mato trata de regatear a Dani Vázquez no Coristanco - Cabana. Foto: Facebook Cabana SD
  • SD Coristanco: Diego, Lagoa, Mato, Sergio, Dani Vázquez (Torres m.60), Pazos (Rubio m.80), Javi, Erre (Dani Castiñeiras m.60), Álex, Samuel e Corral.
  • Cabana SD: Darío, Raúl, Duda, Santi, Pipa, Dani (Ismael m.87), Iván, Manolo (Álex m.76), Cristian (Fernando m.18), Cacha, Aarón e Pablo.
  • Goles: 0-1 m.60: Iván (p); 1-1 m.63: Lagoa (p).
Encontro moi disputado por parte de ambos equipos no que tanto coristanqueses como cabaneses tiveron as súas ocasións pero os porteiros e as defensas gañáronlle a partida aos ataques neste partido no que ambos goles chegarían dende o punto de penalti en dúas accións moi protestadas. Iván adiantaría ao Cabana no minuto 60 e tan só tres minutos despois, Lagoa devolvería as táboas ao marcador, para que houbese un reparto de puntos que deixa todo aberto de aquí ao final de tempada.

CD Nantón 7 – 0 As Baleas FS

  • CD Nantón: Guille, Fran, Costiña (Maikel m.77), Martín, Cigarini, Cachopo, Pablo Fuentes (Rúper m.79), Juanciño (Fabio m.69), Pastor (Christian m.59), Redondo (Santi m.63) e Javi.
  • As Baleas FS: Carlos, Brais, Isma, Brian, Juan, Nico, Bieito, Juan Lado, Marcos, Chapu e Darío Búa.
  • Goles: 1-0 m.12: Pastor; 2-0 m.13: Redondo; 3-0 m.20: Juanciño; 4-0 m.61: Christian; 5-0 m.68: Santi; 6-0 m.71: Fran; 7-0 m.73: Pablo Fuentes.
Partido sen historia o disputado na tarde de onte nas Fontiñas, nas que As Baleas se presentaba xusto de efectivos e aos poucos minutos do pitido inicial, os camariñáns verían como sufrían o seu primeiro lesionado da tarde. Segundo ían transcurrindo os minutos, ían caendo os goles do Nantón e máis xogadores visitantes lesionados. Resultado abultado nun encontro no que o míster local aproveitou para darlle minutos aos menos habituais.

Comentarios